Skip to main content
STG

Latest news

Educación e formación fronte aos lumes forestais

A USC procura o compromiso e a capacitación de estudantes en temas relacionados cos incendios forestais a través do proxecto Facing Fire, unha iniciativa internacional coordinada polo catedrático Agustín Merino que impulsa enfoques integrais e proxectos innovadores para restaurar ou poñer en valor áreas afectadas polas lapas

Read more

Veterinaria premia o uso do galego entre o alumnado

Dous traballos académicos presentados por Óscar Iglesias e Bárbara Uceira e os TFG defendidos por María Coego e Laura Limés gañan a terceira edición dos certames ‘Escolle en galego’ e ‘O teu traballo ten premio’, dotados con máis de 500 euros

Read more

'Ciencia Singular'

A Rede de Centros Singulares de Investigación da USC celebra a cuarta edición da xornada de divulgación científica que permitirá percorrer en liña CiQUS, CiMUS, CiTIUS e IGFAE

Read more

Loisa Lariño Mora, premio Cátedra Aquae 2020

A estudante do Máster en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da USC acaba de ser recoñecida polo seu TFM ‘Deseño dun sistema fotovoltaico de bombeo e tratamento de auga como parte dunha acción de boa vontade’

Read more

Outorgados os premios do certame de fotografía ‘A ciencia en imaxe’

Co gallo da celebración da festividade de San Alberte Magno 2020, o certame outorgou 300 euros para a fotografía gañadora e 100 euros, para as fotografías seleccionadas en segundo e terceiro lugar. Esta é unha iniciativa das facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química xunto coa Real Academia Galega de Ciencias

Read more

DivulgaTerra 2020 achega á sociedade petiscos do I+D do Campus de Lugo

Docentes e investigadores dos centros universitarios lugueses presentarán os días 1 e 3 de decembro na Casa do Saber as súas liñas de traballo sobre movementos migratorios pre-COVID, pan galego, ácidos graxos no leite, viticultura de precisión, antibióticos, feromonas, dendrocronoloxía, STEM e perspectiva de xénero, ADN, usos terapéuticos do ouro, patrimonio artístico ou científicas na sombra

Read more

O XXVI Maratón Fotográfico revela os ‘refuxios’ individuais

O certame artístico convocado ao abeiro do convenio Lugo Cultural congrega en liña preto de 40 persoas na súa vixésima sexta edición, cuxos gañadores se darán a coñecer o 10 de decembro na Biblioteca Provincial de Lugo na inauguración da mostra dunha escolma das imaxes presentadas a un concurso dotado con 900 euros en premios

Read more