Ir o contido principal
STG

Actualidade

A conservación de hábitats naturais conecta Galicia con Euskadi

Comuneiros da Serra do Xistral, técnicos e investigadores da USC implicados no proxecto LIFE in Common Land visitan enclaves montañosos do País Vasco para coñecer a xestión dos pastos de montaña que se está a desenvolver en zonas limítrofes entre as provincias de Álava e Guipúzcoa ao abeiro do Life Oreka Mendian

Ler máis

Europa pescuda na xenómica un novo impulso á acuicultura

Un equipo da USC liderado polo catedrático de Xenética Pualino Martínez avanza no marco do proxecto Aqua-Faang, promovido por un consorcio internacional coordinado polo noruegués Sibjørn Lien na identificación das estruturas e da funcionalidade dos xenomas das seis especies piscícolas máis comercializadas, a fin de mellorar o grao de benestar animal e a rendibilidade das súas producións

Ler máis

Máis de 40 empresas e entidades ofrecen estadías formativas no medio rural galego a estudantes do Campus Terra

A convocatoria, dirixida a alumnado de últimos cursos das facultades de Ciencias e Veterinaria, así como da EPS de Enxeñaría, permanece ata o 31 de maio. O programa ‘Retorna ao rural co Campus Terra’, financiado ao abeiro dun convenio entre a USC e a Consellería de Cultura, Educación e Universidades, contempla prácticas de entre 1 e 3 meses de duración que poderán ser recoñecidas por ata 13 créditos ECTS

Ler máis