Ir o contido principal
STG

X Seminario de Doutoramento en Educación. A investigación educativa e a mellora de escolas e comunidades

  • 2025/2026

Esta actividade, organizada polo Grupo de Investigación Esculca (GI-1790), reúne investigadores/as do ámbito das ciencias da educación para debater e reflexionar sobre diversas temáticas clave na investigación educativa. Este Seminario conta coa participación de doutorandos/as que se atopan nunha fase avanzada da elaboración da súa tese doutoral, favorecendo así o intercambio de ideas, metodoloxías e resultados de investigación. O evento persegue os seguintes obxectivos: - Facilitar o diálogo académico entre investigadores/as e doutorandos/as sobre a investigación e a innovación educativa. - Poñer en valor o traballo doutoral nos Grupos de Investigación que pertencen ás Redes de Investigación (Rede RIES e Rede de Investigación UNIASC), coordinadas dende a USC. - Promover a reflexión crítica sobre diversos enfoques metodolóxicos e retos na investigación educativa. - Favorecer a difusión dos avances e achados das teses doutorais en curso. - Fomentar a colaboración e creación de redes entre especialistas do ámbito educativo para futuras iniciativas e proxectos de investigación. Alumnado obxectivo: estudantes da EDIUS [da área de Ciencias Sociais e Xurídicas e os/as estudantes das universidades participantes].