Skip to main content
STG

BOUSC 3 | Year II | March 12, 2026

III. Acordos e resolucións dos órganos da USC

Proclamación provisional da reitora electa

De conformidade co Regulamento Electoral Xeral da USC, e no marco da convocatoria de eleccións do reitor ou da reitora aprobada por resolución reitoral do 10 de novembro de 2025, e unha vez rematado o escrutinio cos resultados que a continuación se indican,

Candidata

Votos recibidos

Votos ponderados

% Votos ponderados

Rosa María Crujeiras Casais

6492

1397

61,65%

María Teresa Flores Arias

2767

721

31,82%

Votos en branco

405

148

6,53%

A Comisión Electoral Central acorda:

Proclamar reitora electa á profesora Rosa María Crujeiras Casais

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso na aplicación electoral dende o 13 de marzo ata as 14:00 horas do día 20 de marzo.

O presente acordo publícase no BOUSC e nos taboleiros electorais.

Santiago de Compostela, na data da sinatura electrónica

Diana Santiago Iglesias

Secretaria Xeral