Resolución da xerencia, do 15 de xaneiro de 2026, pola que se corrixen a resolución do 29 de decembro de 2025 de prórroga do orzamento para o exercicio económico 2026
Primeiro. Advertíronse erros materiais en diversos anexos da resolución do Xerente da Universidade de Santiago de Compostela do 29 de decembro de 2025 de Prórroga do Orzamento para o Exercicio Económico 2026.
Segundo. O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común dispón que “Las Administraciones Públicas podrán, asimismo, rectificar en cualquier momento, de oficio o a instancia de los interesados, los errores materiales, de hecho o aritméticos existentes en sus actos.”
Á vista do anterior,
RESOLVO,
Corrixir e publicar o texto completo da citada resolución xunto cos anexos correctos.
Santiago de Compostela, na data de sinatura electrónica
O Xerente da USC Javier Ferreira Fernández
RESOLUCIÓN DO XERENTE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, DE 29 DE DECEMBRO DE 2025, DE PRÓRROGA DO ORZAMENTO PARA O EXERCICIO ECONÓMICO 2026
O artigo 175 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) establece que:
A falta de aprobación do orzamento anual da Universidade antes do 1 de xaneiro do ano correspondente suporá a prórroga automática do orzamento do ano anterior.
Por Resolución Reitoral do 10 de novembro de 2025 publicouse a convocatoria de eleccións a Reitor/a da USC. Como consecuencia desta convocatoria, non foi posible a elaboración e aprobación do orzamento desta Universidade para o exercicio 2026.
O Regulamento de xestión orzamentaria da Universidade de Santiago de Compostela (en diante, Regulamento), aprobado polo Consello de Goberno na súa sesión do 29 de decembro de 2020, e publicado no DOG de 9 de febreiro de 2021, modificado o 22 de xullo do 2022 e publicado no DOG do 10 de agosto de 2022, refírese igualmente á prórroga do orzamento nos seguintes artigos:
Artigo 16. Aprobación do orzamento
(...)
3. O orzamento aprobarase antes do 1 de xaneiro de cada ano e, en caso contrario, considerarase automaticamente prorrogado o inicial do exercicio anterior, nos temos previstos no artigo seguinte, e mentres non se produza a aprobación dun novo orzamento.
Artigo 17. Prórroga do orzamento
1. A prórroga do orzamento adecuarase á resolución do xerente na cal se detallarán os importes dos créditos prorrogados, resultantes de axustar nos créditos iniciais do orzamento prorrogado aqueles gastos que deban ser excluídos por referirse a actuacións rematadas, así como aqueles que non se consideren necesarios para o exercicio que se inicia.
Poderanse incluír nos estados de gastos dos créditos prorrogados outras actuacións de urxente iniciación ou cobertura, sempre que teñan cabida dentro das baixas motivadas polo indicado no parágrafo anterior.
3. A prórroga dos orzamentos conterá, así mesmo, os estados de ingresos que terán vixencia durante o período de prórroga e que se elaborarán en función das previsións que deriven da liquidación do orzamento de ingresos do exercicio prorrogado ou de calquera outra información válida para sustentar as ditas previsións, sempre que non supoña a introdución de ningún cambio na normativa aplicable.
De acordo coa previsión do artigo 2.2 do Regulamento, relativo ao carácter supletorio doutras normas do ámbito financeiro e orzamentario, aténdese igualmente ao disposto en materia de prórroga orzamentaria no Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia. Esta norma establece no seu artigo 54 que nos orzamentos prorrogados deberán realizarse os axustes que correspondan, mencionando entre eles a exclusión daqueles gastos referidos a actuacións que deban quedar ultimadas ao finalizar o exercicio dos orzamentos do cal se prorrogan, así como aqueles que non se consideren necesarios para o exercicio que se inicia. Isto dará lugar ás oportunas baixas motivadas neses estados que permitirán á súa vez os axustes pertinentes.
Unha regulación similar contense na Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral Orzamentaria, da cal interesa destacar neste momento dúas previsións contidas no artigo 38, parágrafos 2º e 3º, de alcance xeral:
—A prórroga non afectará aos créditos para gastos correspondentes a programas ou actuacións que rematen no exercicio cuxos orzamentos se prorrogan ou para obrigacións que se extingan no mesmo.
— A estrutura orgánica do orzamento prorrogado adaptarase —sen alteración da contía total— á organización administrativa en vigor no exercicio no que se deba executar o orzamento.
En relación cos gastos, o contido da prórroga dos orzamentos, segundo o artigo 17 do Regulamento, permite que nos estados de gastos, se poidan excluír actuacións rematadas e incluír outras actuacións de urxente iniciación ou cobertura, sempre que teñan cabida dentro das baixas pola exclusión dos créditos que non se consideren necesarios no exercicio que se inicia.
Durante o ano 2026 a USC non terá obriga de amortización da débeda ao ter autorizada no ano 2025 a reestruturación da débeda, carencia ata o ano , por mor da execución da obra do edificio da nova facultade de Farmacia.
No relativo aos gastos de persoal aplicase o incremento retributivo previsto para o persoal do sector público no Acordo de 27 de decembro de 2025 ( BOE 03-12-25).
Actualizase o reparto do gasto descentralizado por aplicación dos Criterios para o reparto do orzamento descentralizado aos centros docentes segundo o Acordo do Colexio de Decanos/as de Centros da USC de 15 de febreiro de 2016.
Unha vez aprobados os novos orzamentos, e de acordo co previsto no Regulamento, imputaránselle as operación realizadas durante o período de prórroga a aqueles créditos do orzamento aprobado que corresponda.
O Regulamento tamén establece que se poderá acordar a declaración de non dispoñibilidade dalgúns dos créditos prorrogados, coa finalidade de non incorrer en obrigacións superiores aos créditos que finalmente se autoricen coa aprobación do orzamento para o exercicio 2026.
Con respecto aos ingresos, o Regulamento establece que os estados de ingresos do orzamento prorrogado terán vixencia durante o período de prórroga. A súa elaboración realizarase en función das previsións que deriven da liquidación do orzamento de ingresos do exercicio prorrogado, ou de calquera outra información válida para sustentar as ditas previsións, que non implique cambio normativo algún.
Neste sentido a comunidade autónoma comunicou os importes do Plan Galego de Financiamento 2022-2026 para o ano 2026, o que permite actualizar estes importes coa nova información.
Así mesmo, existe información relativa a axudas ou Convenios que pola súa vixencia xa non se deben incluír nos orzamentos ou deben consignarse por outras contías.
Por outra parte, calquera actuación da USC en materia orzamentaria estará sometida aos principios de sustentabilidade financeira e estabilidade orzamentaria, eficiencia na asignación e no emprego dos recursos públicos, así como os de transparencia e responsabilidade na xestión do gasto, en virtude do disposto na Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.
O marco normativo citado permite á USC prorrogar os orzamentos de 2025 en tanto non sexan aprobados os do exercicio 2026 e a suprimir aqueles créditos que tiveron unha vixencia limitada ao exercicio 2025 así como incluír novas actuacións de necesaria cobertura.
Por todo o exposto, o xerente da USC
RESOLVE:
Primeiro. Prórroga do orzamento
Prorróganse os créditos iniciais do orzamento da USC que corresponde ao ano económico 2025, aprobado polo Consello Social o 30 de decembro de 2024, para súa vixencia durante o exercicio 2026, en tanto non se produza a aprobación e entrada en vigor do orzamento do novo exercicio, agás os créditos relativos a actuacións cuxa vixencia se limitaba ao propio exercicio 2025.
Así mesmo, as bases de execución contidas nos orzamentos de 2025 continuarán vixentes no exercicio 2026.
Segundo. Estado dos ingresos e gastos prorrogados.
As contías que corresponden aos capítulos orzamentarios de ingresos e gastos son as que se indican a continuación:
INGRESOS
|
CAPÍTULO |
2025 |
2026 (prórroga) |
|
|
III |
Prezos públicos e outros ingresos |
33.129.000 |
33.129.000 |
|
IV |
Transferencias correntes |
171.689.871 |
173.488.504 |
|
V |
Ingresos patrimoniais |
680.000 |
680.000 |
|
VI |
Alleamento investimentos reais |
- |
- |
|
VII |
Transferencias de capital |
119.711.658 |
120.410.493 |
|
IX |
Pasivos financeiros |
3.126.464 |
|
|
TOTAL |
328.336.993 |
327.707.997 |
GASTOS
|
CAPÍTULO |
2025 |
2026 (prórroga) |
|
|
I |
Gastos de persoal |
188.541.097 |
194.180.981 |
|
II |
Gastos correntes |
29.179.000 |
29.179.000 |
|
III |
Gastos financeiros |
775.000 |
775.000 |
|
IV |
Transferencias correntes |
6.129.722 |
6.119.034 |
|
V |
Fondo continxencia |
750.000 |
750.000 |
|
VI |
Investimentos reais |
93.936.995 |
91.352.379 |
|
IX |
Pasivos financeiros |
9.025.179 |
5.351.603 |
|
TOTAL |
328.336.993 |
327.707.997 |
Terceiro. Detalle das partidas de ingresos
No anexo I detállanse as partidas de ingresos do exercicio 2025 que se prorrogan a nivel de concepto económico.
Cuarto. Detalle das partidas de gastos
No anexo II figura o detalle das partidas de gastos do exercicio 2025 que se prorrogan. No mesmo cadro indícanse as partidas que darán lugar a variacións significativas nos créditos de 2026.
O anexo III e o anexo IV conteñen, respectivamente, os créditos detallados asignados aos centros e departamentos da USC.
Quinto. Non dispoñibilidade dos créditos
De acordo co previsto no artigo 17.2 do Regulamento, con carácter xeral, decláranse inicialmente non dispoñible o 65% dos créditos non afectados, do capítulo II e VI, que non teñen asociados compromisos por contratos vixentes durante o exercicio 2026.
A non dispoñibilidade deses créditos farase operativa mediante unha retención de crédito en cada unha das partidas e polos importes indicados no anexo II. Contabilizaranse en primeiro lugar os compromisos por contratos vixentes durante o exercicio 2026 e a continuación aplicarase unha retención do 65% sobre o crédito dispoñible.
Non están sometidos ao citado criterio de non dispoñibilidade as partidas que teñen a consideración de fondos para distribuír, que unicamente poden dar lugar a novas partidas de gasto na mesma medida en que se reciban ingresos para as actividades previstas en 2026.
Sexto. Excepcións
Por necesidades urxentes e inaprazables, a Xerencia poderá autorizar o emprego dos fondos retidos segundo o previsto no punto anterior, sempre que non afecte ao equilibrio orzamentario.
Para estes efectos o director da unidade de gasto deberá remitir unha solicitude que se remitirá á Xerencia (ao enderezo area.economica@usc.gal), e na que debidamente se xustifique a urxente e inaprazable necesidade do gasto proposto.
Sétimo. Imputación ao orzamento de 2026
Unha vez aprobados os novos orzamentos procederase a imputarlles a estes as operacións realizadas durante o período de prórroga.
Oitavo. Entrada en vigor
Esta resolución será de aplicación dende o 1 de xaneiro de 2026 ata a aprobación dos orzamentos para o ano 2026 e publicárase no taboleiro electrónico da USC
Santiago de Compostela, na data de sinatura electrónica
O Xerente da USC
Javier Ferreira Fernández
ANEXO II
ORZAMENTO DE INGRESOS


ANEXO II
ORZAMENTO DE GASTOS a nivel de partida, incluíndo columna con dato de non dispoñible










ANEXO III
Créditos para gastos correntes para centros docentes, mobiliario, equipamento e obra RAM

ANEXO IV
Créditos para o funcionamento dos departamentos universitarios
