Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS de Ciencias da Saúde. Unha das formas de retorno do valor xerado pola investigación á sociedade é a transferencia dos resultados obtidos polos grupos de investigación ao sistema produtivo. A transferencia de tecnoloxía converteuse nestes últimos anos nunha cuestión prioritaria para os países da UE por iso, e importante que os investigadores coñezan ben este proceso e o incorporen a súa actividade diaria. O primeiro paso para a transferencia debe dirixirse a protección dos resultados de investigación, para obter uns dereitos en exclusiva que nos permitan decidir quen e como pode utilizalos. O segundo paso sería conseguir que o coñecemento protexido sexa interesante para o sector produtivo. Para iso, precísase que os resultados acadados se valoricen e evolucionen ata un coñecemento o suficientemente maduro para que resulte de interese ás empresas. O terceiro paso iría dirixido a atopar unha empresa que estea interesada en probar a nosa tecnoloxía ou, directamente, en explotala. Nesta actividade formativa afondaremos en todos estes pasos necesarios para que un resultado de investigación chegue a mercado, utilizando exemplos de resultados relacionados coas ciencias da saúde.
Location
Santiago
Modality
Presencial
Duration
Face-to-face hours: 10
Work hours: 8
Total: 18
Matrícula en la actividad
20/03/2026 - 27/03/2026
Desarrollo de la actividad
10/04/2026 - 22/05/2026
Profesor/a
Laura Quintana Gomez
Profesor/a
Montserrat Camiña Tato
| Group | Place | Dates | Schedule |
|---|---|---|---|
| Propiedade industrial e transferencia de tecnoloxía | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | 10, 17, 24 de abril; 8 e 22 de maio de 2026 | de 9:30 a 11:30 h |
- Coñecer os dereitos de protección intelectual e industrial, centrándonos nas patentes, tanto como forma de protección como de fonte de información tecnolóxica, legal e comercial.
- Repasar os programas de valorización de resultados, para que serven e que financian
- Coñecer os tipos de acordos para a transferencia e explotación dos resultados
I.- Información xeral
Propiedade Intelectual e Industrial.
O sistema de patentes
II.- As patentes
Requirimentos de patentabilidade.
Apartados e comprensión dos contidos dunha patente
Procuras en bases de datos de patentes.
III.- Coñecementos específicos
Lexislación para patentes en biotecnoloxía
A protección do software
IV.- A valorización dos resultados de investigación e a transferencia de tecnoloxía
Programas de valorización de resultados
MTA, Acordo de Primeira Opción e Licenzas
Montserrat Camiña Tato
Doutora en Medicina pola Universitat Autònoma de Barcelona e Máster en Innovación e Desenvolvemento Económico pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), traballa desde fai sete anos na Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC protexendo e transferindo resultados, que xorden dos grupos de investigación, no ámbito da biotecnoloxía.
Laura Quintana Gómez
Doutora en Enxeñaría Química pola Universidade de Sheffield (Reino Unido), Máster en Enxeñaría dos Procesos Industriais pola Universidade Complutense de Madrid e Graduada en ADE pola UNED. Actualmente traballa na Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC protexendo e transferindo resultados de investigacións nos ámbitos da enxeñaría, física e informática.