Skip to main content
STG

O primeiro prazo de matrícula para os cursos da Universidade de Verán remata o día 23

O primeiro prazo de matrícula para os cursos da Universidade de Verán remata o día 23
O primeiro prazo de matrícula para os cursos da Universidade de Verán remata o día 23
Na primeira semana de xuño celébranse catro cursos en Santiago e outros tres en Lugo, Arzúa e Vilagarcía de Arousa

A programación de cursos da Universidade de Verán botará a andar na primeira semana do vindeiro mes de xuño coa celebración de sete cursos en Santiago, Lugo, Arzúa e Vilagarcía de Arousa. O prazo de matrícula para estes títulos remata o próximo 23 de maio. En Santiago está previsto que se celebren o terceiro curso de ‘ Divulgación: Química, a ciencia que envolve a nosa vida’, do 2 ao 5 de xuño baixo a dirección de Pilar Bermejo Barrera e Carmen María García Jares; ‘ LaTeX: documentos científicos e presentacións’, entre os días 2 e 6 do vindeiro mes e baixo a coordinación de Rosana Rodríguez López; ‘ O conflito do Sáhara occidental’, dirixido por Carlos Ruíz Miguel do 5 ao 8 de xuño; e ‘ Música na primeira infancia’ os días 2 e 3 de xuño baixo a dirección de Cecilia Portela López. En Lugo, os días 3 e 4 está prevista a celebración das ‘ Xornadas sobre primeiros auxilios. A RCP básica de calidade, por unha educación física e deporte máis seguros’, que coordina Rubén Navarro Patón. A programación continuará nesas data en Arzúa, onde se celebrará do día 4 ao 6 do próximo mes o curso ‘ Emprendemento, Innovación e diversificación no sector apícola’, unha proposta de Xesús Feás e Xesús Asorey. Esta primeira quenda de cursos completarase coa celebración en Vilagarcía de Arousa do título ‘Planificación hidrolóxica e directa marco europea da auga’, cuxo programa dirixen Fernando Cobo Grandín e María José Servia García do 4 ao 6 de xuño. O alumnado que se matricule poderá validar a súa asistencia como créditos de libre elección ou optativos. Para diplomaturas, mestres, enxeñarías, enxeñarías técnicas e licenciaturas a validación será en forma de libre elección, dous por cada curso de 30 ou máis horas e un polos de menos de 30 horas. Pola súa banda, para os graos a validación será de dous créditos optativos por cada curso de 25 horas ou máis e dun para os de menos de 25. Taxa xeral e reducida A USC mantén as mesmas taxas de matrícula que en anteriores edicións con dúas modalidades, xeral e reducida. A primeira, de 120 euros para os encontros de máis de 25 horas e de 70 para os seminarios e xornadas que non superen esta cifra. A taxa reducida está dirixida ao estudantado de calquera universidade ou estudos de formación profesional ou bacharelato, pensionistas, persoas desempregadas, así como PDI e PAS da USC. Neste caso, os prezos a pagar serán de 70 e 40 euros, segundo a carga lectiva do curso. Máis información en http://www.usc.es/cultura/uveran14index.htm.

The contents of this page were updated on 05.19.2014.