Skip to main content
STG

A Cátedra Alejo Carpentier da USC participa nas xornadas sobre Lino Novás Calvo organizadas polo Consello da Cultura Galega

A profesora Ana Chouciño pechará o xoves en Compostela a xornada inaugural deste foro cun relatorio sobre a figura de Novás no contexto da narrativa hispanoamericana

A Cátedra Alejo Carpentier da USC participa nas xornadas sobre escritor cubano nado en Galicia Lino Novás Calvo, organizadas polo Consello da Cultura Galega e que se celebrarán este xoves e venres no compostelán Pazo de Raxoi, onde se darán cita diversos expertos no seu legado literario e tamén na época que lle tocou vivir, ademais da súa filla, Himilce.

A directora da Cátedra Alejo Carpentier da USC, a profesora do Departamento de Filología Hispánica na Facultade de Humandiades do campus de Lugo, Ana Chouciño, pechará a quenda de relatorios da xornada inaugural deste foro, cunha intervención, a partir das 18.30 horas, na que abordará a figura de Lino Novás Calvo no contexto da literatura hispanoamericana do século XX.

The contents of this page were updated on 06.18.2014.