O CETUR é un Centro que aglutina a necesaria interdisciplinaridade do turismo e a diversidade de intereses que se moven en torno a esta actividade: os poderes públicos (neste caso, municipais) como responsables na toma de decisións, con grandes impactos económicos, sociais e ambientais; e o sector privado que ten o reto do investimento empresarial nun ámbito de enorme concorrencia. Outro elemento importante que hai que considerar é a participación activa de grupos de investigación e dos concellos nos que están sediados os dous pólos da USC. Porén, o CETUR aspira a se converter no centro de referencia da investigación, da formación, da información e do asesoramento turístico para toda a Comunidade Autónoma de Galicia, abrindo as súas portas a novos grupos e institucións interesadas.
Contacto
CETUR
Avda. das Ciencias nº 2
15782, Santiago de Compostela Galicia – España
Teléfono: 881 814 337
Correo electrónico: cetur [at] usc.gal (cetur[at]usc[dot]gal)
Dirección
Novas relacionadas
Constatan o potencial do Camiño como dinamizador económico e social dos territorios rurais que atravesa
Para a profesora Lucrezia Lopez, o éxito dependerá de gobernanzas que garantan a participación comunitaria, a distribución equitativa dos beneficios e a xestión sostible dos recursos
Read more
Xornada en Lugo sobre os beneficios da peregrinación como experiencia de benestar integral
Haberá mesas redondas e obradoiros prácticos
Read more
O Idega impulsa unhas innovadoras xornadas sobre o Camiño dende unha perspectiva psicosocial
Desenvolveranse os días 9 e 10 en Psicoloxía
Read moreEventos relacionados