A USC convoca 20 bolsas para Estudantes da USC que vaian realizar estudos ao abeiro do programa Erasmus+ no curso 2026-2027, enmarcadas no programa “Becas Santander Erasmus”, impulsado polo Grupo Santander co obxectivo de axudar ao estudantado universitario que teña obtido unha axuda Erasmus+.
E-mail de contacto: erasmus [at] usc.gal
Persoas destinatarias
Estudantes da USC que vaian realizar estudos ao abeiro do programa Erasmus+ no curso 2026-2027.
Contía das axudas
20 axudas de 1.000€.
Modalidade de pagamento
A bolsa será aboada pola USC directamente á persoa beneficiaria nunha conta corrente aberta polo/a estudante no Banco Santander, unha vez que se incorpore á universidade de destino.
Prazo de solicitudes
Ata o 16 de marzo de 2026
Solicitude
Inscrición na páxina: https://app.santanderopenacademy.com/es/program/para-erasmus-2026
O estudantado deberá autorizar á USC a proporcionar ao Banco Santander a información que este lles requira para os efectos destas bolsas.
Selección
Para as 2 bolsas de 1.000€ os criterios de selección son os seguintes:
- 18 bolsas para o estudantado co mellor expediente académico.
- 2 bolsas para o estudantado co mellor expediente académico que acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33%. En caso de non haber estudantes que cumpran este criterio, a bolsa concederase ao/á estudante que conte co mellor expediente académico e sexa beneficiario/a dunha bolsa do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes no curso 2025-2026
Convocatoria no Taboleiro de anuncios
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/138167/carga.htm
Resolucións derivadas da convocatoria