Descubre como podes conectar co mundo desde a túa contorna máis próxima
O concepto de “Internacionalización na casa” pon de relevo a necesidade de estender os beneficios da internacionalización a toda a comunidade universitaria, indo máis alá da mobilidade física, considerada tradicionalmente como o eixo central da internacionalización nas universidades.
Este enfoque ten como obxectivo integrar as dimensións internacionais e interculturais no currículo formal e informal do estudantado, así como nas competencias profesionais do PDI e do PTXA. Contribuímos deste xeito ao fomento dunha internacionalización máis inclusiva, que beneficie a un maior número de membros da comunidade universitaria.
Nesta sección atoparás información sobre actividades relacionadas coa internacionalización como xornadas, seminarios e outros eventos de interese organizados na USC.
Nas lapelas laterais poderás consultar as diferentes iniciativas dispoñibles, e dentro de cada unha delas accederás a toda a información necesaria sobre contidos, datas, inscricións e outros detalles relevantes.