- Entity
- Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
- Application start date
- Application end date
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Cultura, desenvolve un plan de preparación de futuros profesionais para a Rede de bibliotecas de Galicia, a través da convocatoria de bolsas de formación en biblioteconomía.
Requisitos:
- Posuír algunha das titulacións universitarias seguintes:
- Grao en Lingua e Literatura Galega/Española/Estranxeira
- Grao en Historia.
- Grao en Historia da Arte.
- Grao en Humanidades.
- Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
- Grao en Xestión Cultural.
- Ter rematado os estudos conducentes ao título no curso académico 2014/15 ou posterior.
- As bolsas están dotadas con 1.010,00 € brutos mensuais.
- Duración: máximo de trece meses.