Skip to main content
STG

Día europeo da música coa Orquestra e Coro da USC

06.21.2026

Santiago de Compostela

Imaxe de arquivo. Concerto da Orquestra e Coro da USC
Imaxe de arquivo. Concerto da Orquestra e Coro da USC

Dende o ano 1985 e coincidindo co solsticio de verán, o 21 de xuño celébrase o Día Europeo da Música. A filosofía desta celebración é a de facer que a música sexa interpretada por persoas afeccionadas en lugares non habituais e saia así ás rúas para que todo o mundo participe da festa, á vez que intérpretes profesionais, orquestras e compañías de música e danza tamén o fagan con concertos e funcións de balde.

Con esta filosofía coinciden a Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela, que dende o ano 2010 é concibida como un lugar onde mozos e mozas e a cidadanía en xeral poidan dar cabida a esta faceta artística e prosperar nun lugar onde a música se converte se cabe máis aínda en universal. Deste xeito, por vez primeira co Coro da Universidade e da man do Programa de Visitas Guiadas da USC, a Orquestra universitaria celebrará o Día da Música en diversos lugares emblemáticos e históricos da cidade.

Esta actividade está incluída dentro da programación da Primavera Cultural.

Orquestra e Coro da USC

Xa entrado no seu décimo cuarto ano dende a súa creación, a Orquestra e Coro da Universidade está formada por máis de 60 mozos e mozas na parte instrumental e unhas 30 voces na parte coral, que participan de facer música nun proxecto educativo con catro programas principais por cada tempada ademais doutros moitos coma este en particular, con concertos tanto en Santiago de Compostela así como noutros lugares da xeografía galega e portuguesa.

Día Europeo da Música

Un 21 de xuño de 1982 celébrase en París, por primeira vez e oficialmente, un día dedicado á música -chamado en orixe ‘festa da música’-, unha iniciativa adoptada polo ministro de Cultura francés, Jack Lang, sobre a idea orixinal do músico Joel Cohen en 1976, que quería homenaxear a música facéndoa accesible para todos os públicos.

Tres anos máis tarde, ese mesmo día é declarado oficialmente Día Europeo da Música, no que varios países europeos acollen a iniciativa como un evento global. Co tempo, mesmo en América e outros continentes varios países sumáronse a esta celebración sendo hoxe xa celebrado en máis de 120 estados.

The contents of this page were updated on 01.28.2026.