O mércores 8 de abril ás 21.00 horas actuarán en directo as tres propostas finalistas da terceira edición do Certame de grupos musicais da USC -cun máximo de 10 minutos cada unha- para que o xurado determine cales obterán o 1º, 2º e 3º premio. Nesta edición do certame participarán ünder & Diego Flâneur.
Este certame ten como finalidade fomentar e darlle visibilidade á actividade artística e creativa orixinal, no ámbito da música moderna, da comunidade universitaria da Universidade de Santiago de Compostela e especialmente do seu estudantado.
Outorgaranse tres premios dotados de 800, 450 e 250 euros, respectivamente, a grupos que presenten temas de música moderna orixinais e non premiados con anterioridade. Tampouco pode tomar parte nesta convocatoria quen teña editado algún traballo discográfico, agás que sexa autoeditado e que careza de respaldo discográfico na actualidade.