Do 16 ao 18 de xuño, ás 21.00 horas, a Compañía de Teatro da USC volverá á Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño coa peza Irmás de Pascal Rambert, a produción da Aula de Teatro da USC deste curso dirixida por Roberto Salgueiro. O reparto compóñeno Alba Casás Fuentes e Cristina Pérez Amigo.
Os pases son con acceso de balde previa recollida de entradas na billeteira a partir das 20.30 horas. A capacidade da sala é reducida.
Esta actividade está incluída dentro da programación da Primavera Cultural.
Sobre o autor da peza
Pascal Rambert (1962, Niza), dramaturgo, director de escena e cine, actor e realizador, é autor dunha extensa obra dramática, na que destacan títulos como Clausura de amor, Finlandia, Ensaio ou A arte do teatro. Recibiu en 2016 o Premio de Teatro da Academia Francesa ao conxunto da súa obra, caracterizada por unha arriscada experimentación da linguaxe, constituíndo na actualidade unha referencia mundial da escena contemporánea.