Skip to main content
STG

XXIV Encontro de danza da USC (Santiago)

05.12.2026 | 20.30h

Santiago de Compostela

Chega unha nova edición desta cita anual, na que se presentan as producións de diferentes compañías de danza universitarias convidadas

A 24 edición do Encontro Universitario de Danza (EUD) terá lugar o 12 de maio no Salón Teatro.

O EUD, que organiza a USC desde hai máis de dúas décadas e que se enmarca na Primavera Cultural da USC, é unha das actividades máis destacables e visibles do Espazo de Danza da USC promovidas para favorecer o intercambio cultural a través da danza, ademais de para achegar esta disciplina artística ao resto da sociedade.

Espazo de Danza da USC

O Espazo de Danza da USC foi no deu día unha iniciativa pioneira na Universidade española, concibida como xerme dun laboratorio de danza contemporánea que, dúas décadas despois, presenta no seu currículo a produción de 40 montaxes coreográficas e a realización de máis de 300 actuacións e intervencións, con presenza en máis dun centenar de festivais, seminarios, mostras, exposicións e reunións científicas. 

A presenza da danza na USC e a inclusión desta disciplina na grella da oferta cultural e artística da institución académica actúa como un atractivo complemento académico e formativo e é unha eficaz embaixadora da USC como institución aberta e creativa.

The contents of this page were updated on 01.28.2026.