05.20.2026 | 19.30h
O 20 de maio, ás 19.30 horas, celébrase o IV MilongUSC no comedor do Colexio de Fonseca (entrada polo xardín), unha actividade incluída dentro da programación da Primavera Cultural, con entrada libre.
A milonga é un espazo onde as persoas amantes do tango e da milonga se reúnen para bailar e socializar, para compartir experiencias nun lugar onde se respira o ambiente do tango e se comparte a paixón polo baile.