Skip to main content
STG

Concerto da coral Lucus Terra do IV ciclo da USC

05.05.2026 | 20.15h

Lugo
Casa do Saber

A coral Lucus Terra do IV ciclo da USC actuará o 5 de maio dentro do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, incluído dentro da programación da Primavera Cultural. O concerto será ás 20.15 horas na Casa do Saber do campus de Lugo, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Sobre a Coral Lucus Terra

A Asociación 'Estudantado Cuarto Ciclo Campus de Lugo-USC', dentro das actividades culturais que desenvolve, en xaneiro de 2023 acordou crear unha Coral de música Tradicional Galega. Coa Coral Lucus Terra, pretende dar a coñecer o Cuarto Ciclo Universitario (para persoas de máis de 50 anos) e pasalo ben, transmitindo e dignificando a cultura tradicional galega, empregando a nosa fala e a nosa música para encher de ilusión todos os seus concertos: "A coral, sendo das máis novas de Lugo, escolleu á música tradicional, a música que cultivaron as Corais Históricas da nosa Terra para facela nosa, nos tempos de hoxe."

Seguindo os consellos de Castelao, no seu ano 2025: "persistimos na escoita da enerxía colectiva da música tradicional do noso pobo."

Atendendo ás Letras Galegas 2025: "escoitamos e homenaxeamos ás nosas cantareiras que foron quen de gardar e transmitir a música, a lingua e a Cultura nosa."

E ante a Declaración da Música Tradicional como Ben de Interese Cultural (en decembro de 2025): "a Coral Lucus Terra seguirá a investigar e estudar a nosa música, seguirá a transmitir, revitalizar e manter viva a música tradicional …. Porque a temos…. na memoria."

Director da coral Lucus Terra

O director da coral Lucus Terra é Bruno Villamor Gay, titulado no grao superior, na especialidade de instrumentos da música tradicional e popular Galega, polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.  

The contents of this page were updated on 01.28.2026.