04.18.2026
EscaparArte, unha iniciativa participativa que propón intervencións artísticas en diversos escaparates do casco histórico da cidade de Lugo, terá lugar o sábado 18 de abril.
Esta actividade está incluída dentro da programación da Primavera Cultural e enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.