Skip to main content
STG

XXIV Encontro de Danza da USC

04.16.2026-04.17.2026

Auditorio Fuxan os Ventos
Lugo

A 24ª edición do Encontro Universitario de Danza desenvolverase no auditorio Fuxan os Ventos de Lugo os días 16 e 17 de abril. Ao abeiro da Primavera Cultural, este foro artístico pretende favorecer o intercambio cultural a través da danza, ademais de achegar esta disciplina artística ao conxunto da sociedade. A entrada é libre e de balde para todas as representacións ata completar a capacidade do espazo. 

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Máis de 300 actuacións 

O Espazo de Danza da USC é unha iniciativa pioneira na universidade española e concibida como xerme dun laboratorio de danza contemporánea que, dúas décadas despois, presenta no seu currículo a produción de 40 montaxes coreográficas e a realización de máis de 300 actuacións e intervencións e a súa presenza en mais dun centenar de festivais, seminarios, mostras, exposicións e reunións científicas. A presenza da danza na USC e a inclusión desta disciplina na grella da oferta cultural e artística da institución académica actúa como un atractivo complemento académico e formativo, mentres que de cara ao exterior constitúe unha eficaz embaixadora da USC como institución aberta e creativa.

The contents of this page were updated on 01.28.2026.