O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural
O programa de Faísca Cultural A sociedade nos anos 40: O neno labrego toma como punto de partida a obra de teatro do Centro Dramático Galego Memorias dun neno labrego. A profesora Luzia Oca González coordina a actividade do 29 de xaneiro na que participa estudantado da materia 'Fundamentos antropolóxicos da alimentación' do Grao en nutrición humana e dietética. O 5 de febreiro o estudandado da faísca asistirá á peza Memorias dun neno labrego.
A participación na actividade do 29 de xaneiro é libre para toda a comunidade universitaria ata completar a capacidade dos espazos.