Skip to main content
STG

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Jane, a mellor amiga dos chimpancés

02.11.2026 | 16.30h
Jane, a mellor amiga dos chimpancés
Jane, a mellor amiga dos chimpancés

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela organiza o 11 de febreiro unha xornada especial protagonizada por Jane Goodall, unha das científicas máis salientables da historia no estudo dos primates.

Durante esta visita guiada, Jane acompañará ao público polas distintas salas do museo para falar dos seus queridos chimpancés e doutros primates: como viven, como se organizan en sociedade, como coidan das súas crías e que aprendizaxes nos ofrecen sobre a evolución humana. Esta actividade pon en valor o papel das mulleres na ciencia e convida a reflexionar sobre a conservación da biodiversidade e a responsabilidade que temos na protección das especies ameazadas.

Data mércores 11 de febreiro

Horario 16.30 e 17.30 horas

Prezo incluído coa entrada do MHN

Público actividade para todas as idades

Inscricións non é preciso inscribirse, soamente estar no museo uns minutos antes de cada sesión

Jane, a mellor amiga dos chimpancés
Jane, a mellor amiga dos chimpancés
The contents of this page were updated on 02.06.2026.