Na súa XV edición, a dobre medallista olímpica de marcha atlética María Pérez García quixo sumarse como embaixadora e apoiar así o dereito á educación de nenos e nenas en situación de refuxio ou desprazamento forzoso
A causa pola que se organiza a a XV Carreira Solidaria "Corre por unha causa" é pola infancia refuxiada, en concreto para proxectos de Entreculturas en Sudán do Sur e a República Democrático do Congo, países nos que traballan para garantir a nenas e nenos un espazo seguro no que poder xogar, formarse e crecer lonxe da violencia. A carreira terá lugar o domingo, 26 de abril de 2026
Apoio á organización da 15ª Carreira Solidaria "Corre por unha causa" organizada pola ONG Entreculturas
Independentemente de que para colaborar como voluntaria/o na carreira haxa que estar rexistrada/o no noso servizo cubrindo o formulario de inscrición do curso vixente, tes que cubrir o formulario que ten habitado a organización na seguinte ligazón: inscrición