O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'L'enfance nue', de Maurice Pialat (Francia, 1968, 83 min, VOSE) nas Sesións de Filmoteca da Primavera Cultural 2026. Será o mércores 18 de marzo no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.
"Primeira longametraxe de Pialat e na que xa amosa a súa persoal perspectiva, un retrato sen disimulos da infancia, observada sen nostalxia nin idealización a través do relato da vida de François, un neno de dez anos que pasa por distintos fogares logo de ser abandonado e confiado aos servizos sociais e que por momentos parece unha copia da nenez demoledora que soportou Jean Genet. Desgarrado e complexo filme que moitos decidiron confrontar a Los cuatrocientos golpes, pese a que o mesmo Truffaut -ao igual que Claude Berri- colaborou na produción desta pertinente ópera prima..” FILMOTECA DE GALICIA.
Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia. A entrada é de balde para a comunidade universitaria.