Skip to main content
STG

Día da Muller na BUSC

Como cada 8M, a BUSC súmase ás reivindicacións do Día da Muller coa organización de mostras bibliográficas, coloquios e exposicións nos distintos puntos de servizo.
Como cada 8M, a BUSC súmase ás reivindicacións do Día da Muller coa organización de mostras bibliográficas, coloquios e exposicións nos distintos puntos de servizo.
A Biblioteca da USC conmemora o Día da Muller con diversas actividades nos puntos de servizo, co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de avanzar cara unha sociedade sen fendas de xénero e máis igualitaria.

Como cada 8M, a BUSC súmase ás reivindicacións do Día da Muller coa organización de mostras bibliográficas, coloquios e exposicións nos distintos puntos de servizo.
Podes consultar as referencias dos materiais das distintas mostras bibliográficas na Colección 8M do catálogo Iacobus.

Biblioteca Xeral 
Na sala de lectura está exposto o centro de interese do 8M, no que podemos atopar unha escolma tanto de autoras xa consideradas clásicas como Kate Millet ou Simone de Beauvoir, xunto con novas escritoras que abordan a defensa dos dereitos das mulleres desde a perspectiva da raza e clase. Do 2 ao 27 de marzo. 

Biblioteca Concepción Arenal
A mostra sobre a arte dende unha perspectiva feminista  ‘Arte como acto político’  propón a lectura dun conxunto de libros que preteden facernos reflexionar sobre cuestións como a autoría, a identidade, a memoria e a comunidade. Do 5 ao 13 de marzo. Máis información.

Ademais, a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais e a Biblioteca Concepción Arenal organizan conxuntamente a exposición bibliográfica  ‘Mes das politólogas’  co obxectivo de visibilizar e poñer en valor as achegas das mulleres ao desenvolvemento da Ciencia Política.  Do 2 ao 31 de marzo. Máis información.

Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación
Carmen V. Valiña, autora de As tolas que non o eran: mulleres no manicomio de Conxo, 1885-1936, presentará o seu libro  na sala de lectura da biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación (Campus Vida). 4 de marzo, ás 17 horas. Máis información.

Nos dous puntos de servizo da Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación amósase tamén un centro de interese con lecturas recomendadadas que se seleccionaron dos fondos.  Do 2 ao 15 de marzo. Máis información

Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais
‘8 empresarias galegas que romperon os teitos de cristal’ é unha mostra que presenta a figura de oito mulleres galegas que tiveron ou teñen unha grande relevancia no ámbito empresarial. Ata o 13 de marzo. Máis información.

Biblioteca de Formación do Profesorado
A Biblioteca de Formación do Profesorado elaborou ‘Os traballos e os días: escolma bibliográfica no Día da Muller Traballadora’  que ten o traballo das mulleres e o seu contexto como centro, incluíndo distintos xéneros literarios. Deste xeito, preténdese que o 8M non perda o adxectivo final co que comezou celebrarse: traballadora. Do 3 ao 16 de marzo. Máis información.

Biblioteca de Ciencias da Comunicación
Con motivo do 8 de marzo, a Biblioteca de Ciencias da Comunicación presenta o centro de interese ‘Cartografías en feminino: novas autoras nos nosos andeis’ coas novas incorporacións de autoras dos seus fondos. As súas voces achegan experiencias, sensibilidades e preguntas que durante moito tempo quedaron invisibilizadas ou en segundo plano. Do 6 ao 13 de marzo. Máis información

Con motivo do 8 de marzo, a Biblioteca de Ciencias da Comunicación presenta o centro de interese ‘Cartografías en feminino: novas autoras nos nosos andeis’ coas novas incorporacións de autoras dos seus fondos
Con motivo do 8 de marzo, a Biblioteca de Ciencias da Comunicación presenta o centro de interese ‘Cartografías en feminino: novas autoras nos nosos andeis’ coas novas incorporacións de autoras dos seus fondos
The contents of this page were updated on 03.05.2026.