Skip to main content
STG

Autores galegos contemporáneos e clásicos soarán este venres nun concerto lírico no Paraninfo

Autores galegos contemporáneos e clásicos soarán este venres nun concerto lírico no Paraninfo
Autores galegos contemporáneos e clásicos soarán este venres nun concerto lírico no Paraninfo

As sopranos Ana Solla, Silvia González e Josefa Dorado e o barítono Pablo Nieves, acompañados polo pianista Alberto Vilas, ofrecerán este venres 22 ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade un concerto lírico con pezas de autores galegos contemporáneos e clásicos. Estrearanse obras de Vázquez de Casas, Juan Durán, Manuel Alejandre, Luis Carro, Paulino Pereiro, Xan Comesaña, Pablo Veltrán, Juan Perez Berná e Jose Luis Pedrosa, e interpretaranse outras de Carlos Cambeiro, Vilarelle, Andrés Gaos, Antón García Abril, Marcial del Adalid e Eugenia Saunier, compositora esta última nada en Compostela e recentemente descuberta polas investigadoras Beatriz Lopez Suevos e María Rosario Martínez. Esta gala polas letras galegas está organizada polo Departamento de Canto do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra que dirixe Concepción Rodriguez Fariña e pola Asociación Galega de Compositores. Colaboran, ademais da USC, os Conservatorios Superior de Vigo e Profesional de Santiago e a Dirección Xeral de Educación e Innovación Educativa.

The contents of this page were updated on 05.21.2015.