Pasar al contenido principal
STG

BOUSC 1 | Año II | 23 de Enero de 2026

III. Acordos e resolucións dos órganos da USC

Acordo do 17 de decembro de 2025, da Comisión Electoral Central polo que se proclaman definitivamente as candidatas a reitora

De conformidade co Regulamento Electoral Xeral da USC e coa Resolución Reitoral do 10 de novembro de 2025, pola que se convoca elección de reitora ou reitor, a Comisión Electoral Central, reunida o 17 de decembro de 2025, acordou:

1. Proclamar candidata a Dª Mª da Alba Nogueira López, por ter acreditado os requisitos contidos no Resolvo 5º da Resolución Reitoral do 10 de novembro de 2025.

2. Proclamar con carácter definitivo as seguintes candidatas a reitora:

• Dª Rosa María Crujeiras Casais

• Dª María Teresa Flores Arias

• Dª María José López Couso

• Dª Mª da Alba Nogueira López

3. Dispoñer a publicación na web electoral e nos taboleiros electorais deste acordo.

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.3 da Lei da Xurisdición Contencioso Administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Santiago de Compostela, na data da sinatura electrónica.

A presidenta da Comisión Electoral Central

Diana Santiago Iglesias

https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/137168/carga.htm CSV: B372-5581-4347-B83E