Pasar al contenido principal
STG

A Unidade de Atención Temperá da USC lanza un servizo de terapias por videoconferencia para pais

A Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago acaba de lanzar un novo servizo de terapias por videoconferencia dirixido a pais e nais, en resposta á crecente demanda de iniciativas que faciliten a conciliación familiar. As terapias realizaranse unha vez á semana vía Skype e están dirixidas tanto a proxenitores que non poden acudir presencialmente, como a familias usuarias da Unidade que precisen un complemento ás terapias en persoa. As persoas interesadas neste servizo poden solicitalo a través do formulario de contacto da páxina web www.usc.es/uniatemp ou enviando un correo a mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.04.2014.