Pasar al contenido principal
STG

Unha mostra en Fonseca recrea a peregrinación de san Francisco de Asís a Compostela

Dende este venres e ata o 24 de agosto quen se achegue ao Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago terá a oportunidade de coñecer a fondo o legado franciscano no Camiño de Santiago a través da exposición ‘Peregrino e novo apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago’. Coa mostra –unha versión ampliada da que estivo exposta en Asís o verán pasado– comezan os actos de celebración do oitavo centenario da peregrinación a Compostela (1214-2014). Entre outras pezas de valor recolle un códice de finais do século XIII, obras de Zurbarán e El Greco ou a reliquia do bordón de San Francisco de Asís. Como pode observarse no percorrido polas dúas salas da mostra, o legado franciscano polo Camiño de Santiago reforza a infraestrutura da hospitalidade e o sentido de rexeneración espiritual da peregrinación occidental. Dende a capela do Colexio, que recrea a parte sacra da exposición, ata o salón artesoado co mundo no que viciu San Francisco, o visitante asistirá á viaxe cultural e espiritual da primeira xeración franciscana que foi en peregrinación a Compostela e estableceu as súas comunidades nas cidades da ruta. A exposición permanecerá aberta todos os días da semana de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.06.2014.