Dous alumnos galegos formarán parte do equipo español que participará nas Olimpíadas internacionais de Matemáticas
Os tres compoñentes do equipo galego que participou na 50 Olimpíada Matemática Española que se celebrou en Requena (Valencia) entre o 27 e o 30 de marzo acadaron medallas nesta fase nacional. Gonzalo Cao do IES Eusebio da Guarda, na Coruña, e Raúl Alonso do IES Carlos Casares de Vigo, conseguiron dúas medallas de ouro, en canto Miguel Cidrás do IES Valle Inclán de Pontevedra alzouse cunha medalla de bronce. Gonzalo Cao e Raúl Alonso pasan así a formar parte do equipo Olímpico Español que participará na Olimpíada Internacional IMO_2014 que se celebrará na Cidade do Cabo en Sudáfrica entre o 3 e o 13 de xullo. En total participaron 77 estudantes de toda España.