Pasar al contenido principal
STG

O curso ‘A perspectiva de xénero como modelo de coñecemento’ avalía a súa vixencia e utilidade na investigación

De esquerda a dereita, a profesora Teresa Moure; a coordinadora da Oficina de Igualdade, Eva Aguayo, e a secretaría da EDI, María Loureiro. Foto: Servimav-USC
De esquerda a dereita, a profesora Teresa Moure; a coordinadora da Oficina de Igualdade, Eva Aguayo, e a secretaría da EDI, María Loureiro. Foto: Servimav-USC

A Escola de Doutoramento Internacional (EDI) xunto coa Oficina de Igualdade de Xénero desenvolven ata o próximo venres 6 o curso ‘A perspectiva de xénero como modelo de coñecemento: importancia, vixencia e utilidade na investigación’. Esta acción formativa enmárcase na acción 2.7 do II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC e do propio compromiso da USC coa formación transversal do persoal investigador. O curso celebrarase na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados impartido pola profesora Teresa Moure, doutora en Lingüística pola USC e profesora de Lingüística Xeral, e polo profesor Jorge G. Marín, do Departamento de Socioloxía da USC, ambos os dous cunha extensa traxectoria en estudos de xénero. O obradoiro terá un enfoque aplicado que proporcione ferramentas para a incorporación da perspectiva de xénero na investigación científica das distintas disciplinas. Como se porá de manifesto ao longo destas tres xornadas, a perspectiva de xénero representa una reformulación dos distintos campos do coñecemento e constitúe un ámbito de innovación investigadora. Como poñen de relevo os servizos organizadores, este recoñecemento da relevancia da transversalidade de xénero é cada vez máis visible nas institucións de investigación e nos requirimentos das convocatorias de proxectos de investigación como o Programa Marco da Comisión Europea. As xornadas deste obradoiro celébranse no Centro de Estudos Avanzados. Foto: Servimav-USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.06.2014.