Pasar al contenido principal
STG

Fernando Pérez ofrece presenta este venres na Casa do Saber o álbum ‘Feel Past Fret - Unha viaxe polas emocións guitarrísticas’

O concerto, de entrada libre e gratuíta ata completar o aforo, comezará ás 20.00 horas

O músico Fernando Pérez Fernández presentará este venres, día 6 de xuño, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o seu primeiro álbum ‘Feel Past Fret –Unha viaxe polas emocións guitarrísticas’, no marco dun concerto aberto a todo o público interesado e de carácter gratuíto.

Neste traballo como solista editado en 2013, Fernando Pérez viaxa por diversas emocións guitarrísticas a través da interpretación de composicións de Narváez, Sanz, Guerau, Legnani, Tárrega, Vide, Kapsperger. Este disco inclúe asemade outros sete estudos propios do autor e cuxas partituras están dispoñibles no libro ‘Guitarra. Técnica e interpretación’. Fernando Pérez Fernández comezou a súa formación musical a moi curta idade e con 10 anos ingresa no Conservatorio Profesional Felipe Paz Carbajal de Noia, para logo completar o grao profesional no conservatorio da Coruña, onde tamén obtería a licenciatura na especialidade de guitarra clásica. Este músico, que tamén recibiu formación de historia da música, rapentización e acompañamento, transcrición, edición e análise, na actualidade tamén toca con diferentes réplicas de instrumentos orixinais composicións musicais que van desde o Renacemento ata a actualidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.06.2014.