Pasar al contenido principal
STG

Mentores

Directivos/as, profesionais ou emprendedores/as que participan no Proxecto Mentoring

Directora de recursos humanos en Grupo El Progreso

Licenciada en Dereito pola Universidad de Barcelona; Máster en “Dirección de Recursos Humanos”, pola Escuela de Negocios de Barcelona (EAE- Escuela de Administración de Empresas); dous anos de Práctica Xurídica na Escuela de Práctica Jurídica del Colegio de Abogados de Barcelona; Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, no Centro Método, Análisis y Técnicas; Máster Experto en Coaching, polo Instituto Europeo de Coaching (IEC); Practitioner en Programación Neurolingüistica (PNL), polo Institut Gestalt. Conferenciante/Ponente no Máster de Recursos Humanos da Escola de Relacións Laborais do Campus de Lugo.

Director Financeiro en Cafés Candelas SL

Responsable dos departamentos financeiro, administración, sistemas e transformación dixital. Grao en Dereito pola Universidade da Coruña, Master en Tributación polo Centro Garrigues, avogado en exercicio e Certified Compliance Officer pola IFCA. Desenvolveu a súa carreira profesional en PricewaterhouseCoopers ( PwC) e Deloitte no ámbito do asesoramento a empresas de diversa índole. No ano 2006 incorporouse a Cafés Candelas para apoiar o seu plan de expansión, estando a cargo das áreas de Administración, Finanzas, Sistemas e Transformación Dixital.

Director de Vendas e Marketing en Nova York en Gandía Blasco Group (USA)

Actualmente traballa como Director de Vendas en Marketing en Gandía Blasco Group, empresa española de mobiliario de deseño. Previamente, traballou como asesor de comercio internacional e inversións na Embaixada de España en Dinamarca e no departamento de exportacións Reefer do operador loxístico Kuehne & Nagel. Aficionado do deseño e a política internacional, compaxinou estas actividades con prácticas en organismos internacionais, voluntariados e actividades como estilista de moda freelance.

Asesora prevención de riscos laborais e responsabilidade social corporativa en Confederación de Empresarios de A Coruña

Enxeñeira Química pola Universidade de Santiago de Compostela. 

É asesora de prevención de riscos laborais e de responsabilidade social corporativa na Confederación de Empresarios de A Coruña. 

Presta apoio técnico a empresas e asociacións, axudando a mellorar as súas condicións de traballo, a cumprir coas normativas vixentes e a fomentar prácticas responsables e sostibles.

Senior Bioinformatics Engineer en Astrazeneca

Grado en Enxeñería informática, Máster en Bioinfomática para as Ciencias da Saúde, Máster en Bioloxía Celular, Molecular e Xenética

CMO - Chief Marketing Officer en Hijos de Rivera - Estrella Galicia

Licenciado en Dirección e Administración de Empresas, pola Universidade Complutense de Madrid. - PDD IESE e Univerisdad de Darden-Virginia-USA. PÁX Empresa agroalimentaria en San Telmo – Sevilla - 9 anos Procter& Gamble en Dpto márketing e comercial. Marcas en categorías do Luxo, Coidado persoal, Coidado do fogar e Alimentación e Bebidas. 4 anos Bacardí- Martini (Barcelona), Dpto Marketing. Desde Novembro 2005, en Hijos de Rivera, Director de Marketing. Desde 2013, Hijos de Rivera, CMO ( Chief Marketing Officer: Responsabilidade sobre Marketing, Dixitalización, Innovación, e Expansión Internacional). Desde 2018, Hijos de Rivera, CMO ( Chief Marketing Officer: Responsabilidade sobre Marketing, Innovación, MEGA, Cultura de Cervexa e CSW). Hijos de Rivera é un grupo galego, cento por cento familiar, especializado na produción, comercialización e distribución de bebidas. O Grupo, actualmente xestionado pola cuarta xeración da familia Rivera e con 114 anos de historia, conta cunha ampla carteira de produtos que abarca a cervexa, a auga mineral, o viño, a sidra, a sangría ou os licores, baixo insignias tan coñecidas como Estrela Galicia, Augas de Cabreiroá, sidras Maeloc ou viños Ponte dá Boga, entre outras. Hijos de Rivera consolidouse como un operador nacional de prestixio cunha marcada vocación internacional, presente en máis de 50 países de todo o mundo.

Directora-psicóloga en CIM do Concello de Teo

Doutora en psicoloxía. Directora do centro de información ás mulleres de Teo

Farmacéutica adxunta

Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como farmacéutica adxunta en oficina de farmacia desde 2006.

Medical Affairs en Pfizer

Farmacéutica, MSc Investigación Biomédica, PhD Endocrinología 

Implementation Manager en RP Global

Profesional vinculado ao sector das enerxías renovables, con experiencia en implementación de proxectos eólicos a nivel internacional. A través do seu labor en RP Global lidera as fases de compras, construcción e posta en marcha de proxectos eólicos en diferentes países de Europa. O seu perfil combina coñecemento técnico, perspectiva estratéxica e orientación a proxectos relacionados coa transición enerxética, cunha sólida comprensión dos procesos asociados ao desenvolvemento e execución de instalacións renovables.

Director en TEMPOS ARQUEÓLOGOS S.L.

Director en TEMPOS ARQUEÓLOGOS - Profesor en UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Colaborador en RADIO TELEVISIÓN DE GALICIA 

Responsable de Selección e Emprego en CARREFOUR ESPAÑA

Licenciada en Veterinaria, realicei posteriormente formacións de especialización en RRHH. Comecei a miña traxectoria en Carrefour no ano 2001 no departamento de Calidade (Alimentación) e tras uns anos incorporeime ao equipo de Formación, posteriormente ao de Desenvolvemento Directivo e desde o 2018 son Responsable do equipo de Selección e Emprego. Xestionamos as incorporacións á compañía a nivel nacional, tanto nas nosas tendas como en servizos centrais (Madrid).

CISOaaS en Govertis (Part of Telefónica Tech)

Criminóloga con máis de 7 anos de experiencia no sector da ciberseguridade como consultora senior e como CISO, traballando en áreas de intelixencia e contraintelixencia, análise de riscos, cumplimento normativo, goberno, estratexias de ciberseguridade...

Graduada en Criminoloxía e Seguridade, Graduada en ASIR, Máster MBA IT

Responsable de Internacional na unidade de Oferta e Operacións de Industria e Consumo (empresa Mins en Minsait

Traballa na dixitalización de compañías do sector industria e consumo desde Minsait. Especialista en solucións Data - Cloud e Analítica Avanzada.

Licenciada en Físicas, Cursando un Master en Estadística Aplicada.

Director Conservador en Parque Natural Illas Atlánticas de Galicia

Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. 1991. Titulo de Especialista en Xestión Ambiental pola Universidade Politécnica de Madrid.1995. Entre os anos 1998-2005 desempeña o seu traballo como biólogo, na Consellería de Medio Ambiente no Servizo de Conservación da Natureza en Pontevedra. No ano 2005 incorpórase como Director Conservador ao Parque Nacional MT Illas Atlánticas de Galicia, a proposta da Comisión Mixta de Xestión Estado-Xunta. Vicedecano do Colexio Xeral de Biólogos de Galicia, e membro do Consello Xeral de Colexios de Biólogos de España. Relator do Máster Oficial de Xestión do Desenvolvemento Sustentable. Universidade de Vigo. Responsable do primeiro espazo OSPAR da península Ibérica. Declarado en 2008, en Brest. Francia. Autor de numerosos artigos sobres xestión medio ambiental e desenvolvemento sustentable.

Associate Partner en Axperia Ventures Iberia

Doutor e Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Enxeñeiro Químico pola Universidad La Salle (México, D.F.). MBA pola Escuela de Negocios Caixanova. Máster en Coaching e Intelixencia Emocional pola Universidad de Salamanca. Experiencia profesional de máis de 27 anos no ámbito internacional empresarial con responsabilidades directivas en diferentes funcións corporativas e de xestión: produción, calidade, medio ambiente, seguridade e saúde laboral, xestión de riscos, compras, “marketing” e xestión de produto, comercial e organización. Actualmente consolida a súa experiencia profesional en consultoría estratéxica no ámbito multidisciplinar e internacional.

Program Manager en Lonza Biologics Porriño

Licenciada en Bioloxía. Acumula unha experiencia laboral de 18 anos en Lonza, empresa multinacional que apoia a clientes na fabricación de medicamentos biolóxicos (proteínas recombinantes producidas por células de mamíferos) para subministro a pacientes. Actualmente ocupa o posto de Program manager en el que exerce un rol de xestor facilitador de equipos multidisplicinares para, xunto con cliente, facer realidade a fabricación do medicamento en tempo e forma. Previamente traballou en Lonza como responsable de expertos técnicos nas diferentes fases do proceso de fabricación (cultivos celulares, purificación, transferencia de tecnoloxía, documentación, etc), tanto en Porriño como na planta que a compañía ten en Singapur, onde viviu 4 anos. E tras licenciarse, foi investigador predoutoral no departamento de Inmunoloxía da Universidade de Vigo liderado por África Gonzalez en colaboración coa Universidade de Estocolmo. Apaixonada da ciencia, en concreto da Inmunoloxía, do aprendizaxe continuo, e comprometida no desenvolvemento profesional dos equipos cos que traballa.

Fernández Mastache, Elena
Fernández Mastache, Elena
Director de Calidade en Quescrem (Innolact S.L./ Grupo Central Lechera Asturiana)

Director de Calidade en Quescrem (Innolact S.L., Grupo Central Lechera Asturiana). Responsable de Calidade e I+D-i en Casa Grande de Xanceda. Responsable técnico Lasurgal S.L.. Técnico en Aula de Produtos Lácteos.

Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialidade industrias alimentarias. Máster en Dirección Corporativa Lean Managment.

Fundadora e Directora en Nion & Fieira Abogados

Licenciada en Dereito pola USC. avogada, mediadora, formadora en nion&fieira abogados. Máster en Xestión e Intervención Servizos Sociais pola UDC. Posgrao en Mediación Civil e Mercantil pola UDC. Mediadora familiar Rexistro Xunta Galicia. Mediadora ICACORMEDIA rexistrada no Ministerio Xustiza. Docente en Igualdade. Docente para a formación emprego modulo Orientación Laboral. Socia fundadora da Asociación de Executivas de Galicia. Referente Galega. Candidata 2017 e 2018 as Mulleres Top Lideres. Creativa e coordinadora do Encontro pola corresponsabilidade en Galicia. Exalumna da Escola de Practica Xurídica da USC.

Responsable de desarrollo de talento corporativo en Jealsa Corporación

Diplomada en Relacións Laborais pola USC e Licenciada en Ciencias do Traballo pola UNIR. Máster en Dirección de Recursos Humanos e Coach certificada por ICC. Con máis de 15 anos de experiencia e gran vocación pola xestión das persoas, na actualidade lidera a área de Talento Corporativo na Corporación Jealsa.

 

Director en Gran Talaso Hotel Sanxenxo

 Profesional hoteleiro con experiencia en cargos directivos en hoteis de 5 e 4 estrelas do noroeste peninsular cos seguintes cargos: Adxunto a Dirección Xeral no Gran Hotel Hesperia a Toxa, Dirección de Operacións no Melia Reconquista de Oviedo, Director no Oca Puerta del Camino, Director no Gran Talaso Hotel Sanxenxo e Director Rexional Galicia en Oca Hoteis.

Project Manager en NTT DATA

Graduado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela completa esta formación cun posgrao en Marketing Dixital pola USC e un máster en Negocios Internacionais por UIE. Actualmente traballa como responsable de proyectos en NTT DATA. Anteriormente traballou en empresas como Kelea, Financeira Madeireira S.A (FINSA) ou Possible Inc. É cofundador e coordinador do Instituto Galego do Talento, entidade sen ánimo de lucro que busca conectar ao talento galego para dinamizar a comunidade e achegar valor a Galicia mediante a rede de profesionais galegos.

Ángel Fraga
Ángel Fraga
Socia e Directora en U.NA GRUPO

Desenvolveu a súa carreira profesional desde hai máis de 25 anos no mundo da empresa e os recursos humanos, a través do desempeño do seu labor en empresas privadas e banca, especializándose hai 10 anos na área da Educación Emocional e o Coaching, accións e ferramentas ambas, dinamizadoras do desenvolvemento persoal e profesional que son actualmente a base do traballo que desenvolve desde a empresa que dirixe : U.na Grupo e desde o Foro de Educación Emocional e Social que creou : Emociona.

Actualmente é mentora do Igape e da rede Emprendia Madrina Net. Foi coordinadora académica do Curso de Experto en Educación Emocional da USC e segue a ser a coordinadora académica do Curso de Experto/a en Intelixencia Emocional e Benestar Organizacional da USC.

Socia e directora tamén da axencia de comunicación La Global Creative, como responsable da área de produción de eventos e certificada como Xestora do Benestar en Lasalle Centro Universitario e Coaching Executivo, na Escola Europea de Coaching.

Participa en varias asociacións e proxectos que comparten o obxectivo de conseguir unha sociedade máis activa, participativa e inclusiva

Directora de Fotografía en Freelance

Alicia Francés é directora de fotografía, naceu en Vigo en 1991. Comeza os estudios cinematográficos na escola de cine Orson The Kid en 2006, onde roda a súa primeira curtametraxe Hoy es mi Cumpleaños presentada no 54 Festival de San Sebastián. Posteriormente estuda Dirección de Fotografía no Instituto del Cine de Madrid (2010-2012). A súa carreira profesional comeza nese mesmo ano, 2010 e é continua ata a actualidade. Durante anos combina o traballo de operadora en programas de TV e documentais coa axudantía no departamento de cámara en series e películas de ficción.
Dende 2020 traballa como directora de fotografía e continúa como operadora de cámara e DP de segunda unidade en produccións de ficción como El Caso Asunta (Bambú, Netflix), ou As Neves (Cósmica, Aquí y Allí Films).
Membro académico da Academia Galega do Audiovisual 2022, foi seleccionada no Mentoring 1to1 de CIMA, programa referente a nivel europeo para impulsar a súa carreira profesional, con Gris Jordana AEC como mentora durante 9 meses entre 2024/25. En 2025 rodou a súa segunda longametraxe documental Kiro dirixida por María Yáñez e producida por Miramemira, Zuzú e Amorambre e a longametraxe de ficción con título provisional O Pesadelo das Vacas, de Rafa de los Arcos producida por Matriuska.

Investigadora en Departamento I+D en CZ Vaccines (Grupo Zendal)

Investigadora en CZ Vaccines pertencente a Zendal, grupo biofarmacéutico con máis de 30 anos de experiencia que agrupa a oito empresas dedicadas a investigación, desenvolvemento, fabricación e comercialización de medicamentos biolóxicos, fundamentalmente vacinas, e farmacolóxicos para saúde humana e animal. Licenciada en Farmacia con Master en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos e Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en microbioloxía. Realizou estancias de investigación en diferentes centros do Reino Unido (Public health of England e National Institute for Biological Standards and Control), traballou non Departamento de Microbiloloxía dá Universidade de Santiago de Compostela e realizou unha etapa post-doutoral de tres anos non Jenner Institute dá Universidade de Oxford. A súa carreira académica estivo enfocada non desenvolvemento, caracterización e avaliación inmunolóxica de novas vacinas fronte a diferenntes enfermidades bacterianas, principalmente as causadas por Neisserias. En 2019 comezou a traballar como investigadora non departamento de I+D dá empresa CZ Vaccines non desenvolvemento de novas vacinas e test diagnósticos de saúde humana e animal.

Responsable de centro de psicoloxía sanitaria e responsable de psicología do hospital

Psicóloga sanitaria con experiencia en idade pediátrica e adultos. Durante os seus anos de formación e colaboración no Departamento de Pediatría do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, desenvolveu a súa actividade na Unidade de Paidopsiquiatría, dentro da área de consulta, hospitalización, elaboración de informes psicolóxicos xurídico–periciais e asesoramento clínico e psicopedagóxico a varias unidades e servizos do departamento. Fundamentalmente, o Servizo de Neuropsicoloxía Pediátrica, a Unidade de Endocrinoloxía, Crecemento e Nutrición Pediátrica, a Unidade de Trastornos Metabólicos, a Unidade de Gastroenteroloxía e Hepatoloxía e Nutrición Pediátrica, a Unidade de Hematoloxía e Oncoloxía Pediátrica e Pediatría Xeral.

Senior Data Architecture Engineer en Johnson&Johnson

Senior Data Architecture Engineer, doutorado en Física (Astrofísica) pola USC.

Actualmente na área de MedTech (Circulatory Restoration) de Johnson & Johnson, impulso a innovación, definindo iniciativas clave en arquitecturas e gobernanza do dato, traballando con equipos globais en varios continentes para habilitar BI e Analytics a gran escala no sector pharma. Aporto visión executiva, rigor científico e liderado técnico para converter o dato nun activo estratéxico ao servizo do negocio.

Clinical Project Manager en Exeltis, Grupo Insud Pharma

Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, con Máster en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos e Máster en Monitorización de Ensaios Clínicos e Medical Affairs. 

Traballou na USC como investigadora no Departamento de Farmacoloxía, nas liñas de Farmacoloxía do Sistema Nervioso Central, Farmacoloxía molecular de GPCRs e Farmacoloxía aplicada ao descubrimento de fármacos, estas dúas últimas no Grupo de Investigación BioFarma. 

Como investigadora posdoutoral traballou no Grupo de Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica da Fundación Biomédica Galicia Sur, na procura de potenciais terapias xénicas para a enfermidade de Fabry. 

Xa no ámbito da industria biotecnolóxica, traballou no Grupo Zendal, no Departamento de Regulatory Affairs da filial CZ Vaccines e posteriormente no Departamento de Investigación Clínica da filial Biofabri como Clinical Project Manager, xestionando ensaios clínicos na área de Vacinas e Inmunoterapia.

Posteriormente traballou como Clinical Project Manager na compañía farmacéutica Exeltis, do Grupo Insud Pharma, xestionando ensaios clínicos nas áreas de Enfermidades Desatendidas e Saúde da Muller. 

Actualmente traballa como Clinical Trial Manager para Syneos Health, xestionando ensaios clínicos na área de Oncoloxía para a compañía farmacéutica AbbVie.

Director Xeral en Orgánica de Sustratos S.L.

Enxeñeiro Forestal. Programa de desenvolvemento directivo do IESE (PDD 2.015).

Máis de 20 anos de experiencia no sector da horticultura e paisaxismo sobre todo centrado no mundo dos substratos. Desde hai máis de 13 ano exerce como Xerente e máis adiante Director Xeral onde se ocupa de organizar a estratexia da empresa a medio e longo prazo, coordinación de proxectos de I+D+i etc... Iniciouse no sector nunha multinacional alemá Gramoflor GmbH&Co.Kg. onde durante 7 anos exerceu como Técnico comercial asesorando a clientes e distribuidores por toda España e Portugal.

 

Director de Seguridade en Chaabi bank

Director de seguridade con 20 anos de experiencia na xestión de seguridade privada. Coordinador e relator en curso de Dirección de seguridade na Universidade da UVIC e na USC, docente no Master de Terrorismo, Seguridade e Defensa da UEM. Docente no Practicum do alumnado de 4º de Criminologia da USC.

Director en Enxeño Galicia

Nacido en Compostela en 1974, estudou economía na USC. Traballou no Departamento de Márketing de Santa Lucía; como Director do Centro de Recursos Sociais do Instituto de Desenvolvemento Comunitario de Galicia, Director de Servizos de Nortempo en Santiago de Composstela, Responsable Técnico de Proxectos de Grupo Clave Consultores, Coordinador do X Premio Novo Empresario de AJE Pontevedra, Consultor de Isonor Quality, Coordinador do Programa CIDADE + para a Consellería de Emigración da Xunta de Galicia e Director de Urroba e Enxeño Galicia. É autor de libros económicos, contos, publicacións paisaxísticas e máis de 300 artigos para prensa e medios técnicos de comunicación. Como formador, leva máis de 10 anos impartindo cursos de márketing habilidades socio-directivas e desenvolvemento estratéxico en empresas privadas, institucións e administracións. Desde 2008 é, ademais, formador nacional da Fundación Incyde de Cámaras de Comercio de España.

Docente Especializado en Profesional independiente, Freelance

Formador Especializado en sector empresarial e ocupacional. Con experiencia en Ciclos Formativos e Certificados de Profesionalidade de diferentes áreas (Docencia, Comercio, Almacéns, Compras, Administración Xeral, Dirección de Empresas, etc). Máis de 30 anos de experiencia no sector e con vocación absoluta cara ao ensino nos seus diferentes niveis.

Psicólogo forense en Consilium Psicologia Forense

Licenciado en Psicoloxía; Máster en Psicoloxía Forense, en Neurociencia e en Psicoloxía Xeneral Sanitaria; Doctor en Neurociencia.

Francisco Javier Gutiérrez
Francisco Javier Gutiérrez
Administrador/optometrista en Multiópticas Iglesias

Xestion de 5 ópticas e 2 centros auditivos. Especialista en baixa vision

Directora en Centro Lingoreta

Logopeda e Técnica especialista en Psicomotricidade. Dirixe o Centro Lingoreta co obxectivo de convertelo nun centro de referencia no campo da Logopedia. Lidera un modelo empresarial interdisciplinar no que aúna psicoloxía, pedagoxía, terapia ocupacional e psiquiatría, con dúas sedes físicas. Puxo o seu empeño en innovar, considerando un piar fundamental a comunicación e a implementación de accións de RSE: conta con plan de igualdade, plan de conciliación e accións RSE. Merecedora de recoñecementos: Premio RSE e Premio Novo Executivo de Galicia, Premios no tecido empresarial de Pontevedra e foi nomeada ás Top 100 mulleres líderes de España 2020. Logrou, sen formarse como empresaria, idear un modelo de negocio no sector sanitario, que dá resposta a necesidades sociais sen atender. Colabora con diferentes institucións: asociación de Persoas con Parkinson, Concellos ou Centros Educativos.

CEO, abogada, xestor administrativo en LEGALEX JURIDICO

Licenciada en Dereito pola USC, Capacitación e superación das probas de acceso á profesión de Xestor Administrativo. Máster Avogacía e Práctica UOC. - Posgrao Recursos Humanos, Universidad Isabel I. - Experto Mediación Familiar, Civil e Mercantil. Sete anos de experiencia na asesoría xurídica de empresas e particulares, en xestión de trámites coa Administración, reclamacións de consumidores e en procedementos xudiciais na área especialmente do Dereito Laboral. Iniciou en plena pandemia a súa propia marca de servizos xurídicos con base eminentemente dixital e en liña.

Bioinformatics specialist en AllGenetics

Bioinformatics specialist en AllGenetics. Graduado en Bioloxía pola Universidade da Coruña cunha ampla experiencia no mundo da bioinformática. Participou en proxectos europeos de investigación que abranguen desde a análise da transmisión de xenes de resistencia a antibióticos até a vixilancia xenómica do SARS-CoV-2 (RELECOV) en España durante a pandemia.

Alberto Lema
Especialista en bioinformática
Director industrial y Adjunto a Dirección Corporativa en Televes Corporation

Enxeñeiro industrial pola UVIGO /Máster en dirección de proxectos / Máster en diseño y fabricación.

Desenvolve a maior parte da formación no eido da enxeñería, tanto académica como profesional, en países coma Suíza, Alemaña e España donde se especializa en proxectos de automatizacións industriais e robótica.

Técnica de Marketing Dixital en Vegalsa-Eroski

Técnica de Marketing Dixital en Vegalsa-Eroski, onde participa no deseño e execución de estratexias de comunicación e contido no sector retail. Graduada en Socioloxía, cun Master en Marketing e Estratexia Dixital e un Posgraduado en IA aplicada a Marketing e Vendas, ademas doutras certificacións no ámbito dixital. Compatibiliza a súa actividade coa coordinación da área de Marketing e Comunicación do Instituto Galego do Talento (IGATA), onde contribúe ao desenvolvemento de proxectos orientados ao fortalecemento do ecosistema profesional de Galicia.

 

 

Responsable da Delegación de Galicia e de Programa de Emprego en Fundacion Equipo Humano

Licenciado en Psicopedagoxía e apaixonado da aprendizaxe permanente, Máster en Recursos Humanos, Prevención de Riscos Laborais, Xestión da Calidade, Comercio Internacional, así como Posgrao en Orientación Laboral. Posúe acreditación como titor de formación en liña e certificación Scrum

Directora de Casa de Familia en Fundación Educativa e Social Dignidade

Educadora social que traballa con infancia en situación de vulnerabilidade dende os bos tratos, a teoría do vínculo, a teoría do apego, crianza terapéutica etc. En continuo proceso de aprendizaxe.

Grao en Educación Social; Máster en Xénero, Igualdade e Educación; Máster en Intervención e Investigación en Coidado Familiar

IT Recruiter & HR Specialist en Inycom

Psicólogo especializado en RRHH e Selección TIC, con experiencia en grandes empresas a nivel nacional e internacional. Gran coñecemento do tecido empresarial galego e nacional en áreas como Tecnoloxía, Industria ou Saúde.

Técnica en coordinación de Inclusión social en Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e do Benestar

Licenciada en Psicoloxía. Actualmente traballa como técnica de coordinación de Inclusión Social onde realiza tarefas de organización e establecemento de obxectivos dos equipos de traballo que realizan a intervención en inclusión sociolaboral.

Directora de Galicia Open Future (programa emprendemento)

Licenciada en Empresariales, con 30 anos de experiencia en Telefónica España, 25 deles en distintos postos vinculados a área económica financieria e control interno e os 5 últimos como responsable do proxecto de apoio ao emprendemento Galicia Open Future posto en marcha por Telefónica, en colaboración coa Xunta de Galicia

Responsable RRHH en López Navaza & Asociados Consultores S.L.

icenciada en Pedagoxía//Máster Dirección RRHH//MBA, actualmente traballa como Responsable de RRHH en LN Consultores

Técnico de Proxectos e Formación en COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade)

Licenciado en Pedagoxía Escolar, Social e Laboral pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente realiza a súa Tese de Doutoramento en materia de capacitismo e prexuízos en relación coas persoas con discapacidade. Traballa como Técnico nas Áreas de Proxectos e Formación da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) entidade formada por máis de 55 asociacións de toda Galicia. Dende o ano 2007, vén traballando no eido do sector social e da discapacidade, en entidades como Autismo Galicia, a Confederación Española de Persoas con Discapacidade (COCEMFE) e en Centros Especiais de Emprego como Galega de Economía Social. Ademáis de no ámbito da discapacidade, posúe ampla formación e experiencia en educación inclusiva, atención á diversidade, xénero e igualdade. Como investigador, forma parte do Grupo IDEA (Investigación, Diagnóstico Educativo e Avaliación) da Facultade de Ciencias da Educación da USC, e é membro de AIDIPE (Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagóxica).

Socia en AUSUM, Asesores y Abogados, S.L.

Licenciada en Dereito pola USC. Máster en Asesoría Fiscal de Empresas polo Instituto de Empresas (IE). A súa carreira profesional iníciase en Madrid, no Despacho Cuatrecasas, Gonçalves, Pereira, primeiro, e no Despacho internacional Baker & Mackenzie, para despois, tras 10 anos de experiencia, trasladarse a Santiago de Compostela e formar parte de OMEGA DE ECONOMÍA e, posteriormente, e tras un proceso de escisión desta, fundar AUSUM Asesores e Avogados no ano 2018. Experta na defensa dos intereses dos contribuíntes ante a Administración Tributaria e os Tribunais de Xustiza. Asesora fiscalmente tamén a entidades mercantís, especializándose no asesoramento en materia de imposición indirecta. Parte da súa práctica profesional focalízase tamén no asesoramento mercantil e societario. Participa na formación do Máster Universitario en Avogacía da USC no ámbito da Práctica Xurídica Tributaria. É membro do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

Director Xerente en Biostatech

É director xerente e administrador de Biostatech, a primeira spin-off galega de bioestatística, fundada no ano 2012, e primeira en España en ser calificada como Empresa de Base Tecnolóxica. Foi investigador no Departamento de Zooloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) durante catorce anos, contribuíndo ao desenvolvemento de numerosos proxectos relacionados có estudo de diversos recursos mariños, e de estatística aplicada. Colaborador do Grupo Interdisciplinar de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos: GRID-BDS da USC e membro da Rede Nacional de Bioestatística: Biostatnet. Doutor en Bioloxía e Máster en Estatística Aplicada.

Consultora senior de marketing en IUNI

Actualmente é consultora senior de márketing en iuni e Xerente de Markea, Asociación Galega de Marketing. Anteriormente traballou en axencia de publicidade, BAP&Conde, traballando na área de contas (atención ao cliente) e planificación de medios; tamén ocupou postos de Dirección de Marketing de empresas do sector inmobiliario e retail. E foi docente da área de Marketing durante case 20 anos

Loly Martínez Cortizas
Loly Martínez Cortizas
RRHH en Financiera Madeireira S.A (Finsa)

Licenciada en Psicoloxía Social e do Traballo, Posgrao en Investigación de mercados, DEA en Psicoloxía social, Máster en e-learning e redes sociais, Máster en consultoría interna das organizacións. Máis de 14 anos de experiencia na área de Recursos Humanos de Finsa, traballando como especialista en formación, responsable de RRHH das plantas de Finsa en Francia e como HR BP nas áreas de márketing e ventas, IDI, TI e Enxeñería. Dende 2019 HR BP na planta de Santiago.

Director de Economía Circular en Compañía Española de Algas Marinas S.A. CEAMSA

Licenciado con Grao en Química Orgánica (1984-1989) pola Universidad Complutense de Madrid. Diplomado en Técnicas de Defensa do Medio Ambiente pola Universidad Politécnica de Madrid (1992). Desenvolveu a súa carreira profesional nas empresas: Director comercial de FOSTER GALICIA, S.A. (1991-1995) Enxeñaría e Consultaría. Director Comercial de SOGARISA (1995-1999) Tratamento de residuos perigosos. Director Técnico do Grupo TOYSAL (1999 - 2012) Transporte e tratamento de residuos industriais. Director de operacións en Grupo TRESIMA (2012). Transporte e valorización de residuos industriais. ExVicedecano e ExDecano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia.

Máis de 35 de dedicación ao sector do Medio Ambiente

Director da Área de Cultura en Concello da Coruña

 

Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, DEA en Procesos Políticos Contemporáneos pola mesma universidade, Doutor en Socioloxía e Máster en Unión Europea e Xestión de Fondos pola UDC e Posgrao en Organizacións Financeiras Multilaterais e Licitación Internacional pola Escola de Negocios de Abanca (antiga UIE). Traballa como investigador para os Grupos CECUPS da Universitat de Barcelona e técnico do Grupo de Estudios Territoriais da UDC. Consultor de financiamento e internacionalización CPHM, é socio da firma EIDOSD. Alternou diferentes responsabilidades en gabinetes das administracións Galegas con responsabilidades directivas no sector privado na industria cultural. Secretario da Fundación Uxío Novoneyra e Presidente de  ACAMFE, membro do padroado de Praza Pública e da xunta directiva da AGPXC, tamén é membro de Icomos España, Europeana e B.Creative.

CEO / PMO MANAGER en ARES PMO

Dirección do grupo de empresas e responsable do liderazgo da oficina de Xestión de Proxecto.

Licenciado en Dereito Económico

Dirección Técnica. Utility Scale, Transporte e Subestacións en ARES PMO ENERGÍA S.L.

Enxeñeira Eléctrica con experiencia no desenvolvemento e tramitación de proxectos no ámbito das infraestruturas eléctricas e das enerxías renovables. Especializada en cálculo e deseño de instalacións de media e alta tensión, elaboración de documentación técnica e coordinación con administracións e promotores.

Enxeñería Industrial Eléctrica e Máster en Dirección e Xestión de Proxectos.

Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias en GIPCE. Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Psicóloga con acreditación profesional de Experta en Psicoloxía de Emerxencias e Catástrofes polo Consejo General de la Psicología de España

Directora de seguridade alimentaria e sostenibilidade en CLUN

Responsable de seguridade alimentaria en distintas empresas do sector lácteo por máis de 15 anos

Responsable de cultura científica en Instituto de investigación sanitaria Galicia Sur

Actualmente son a responsable da Unidade de Cultura Científica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. 

Son licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e na actualidade estou a desenvolver a miña tese doutoral sobre comunicación e divulgación científica.

A miña andaina no mundo da comunicación empezou en 2005, pero non foi até 2008 que cheguei á comunicación e divulgación de ciencia e tecnoloxía. Ese ano incorporeime a GRADIANT, o Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia. Máis recentemente, desde principios de 2019 e até novembro de 2022 fun xestora da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo. No medio, foi cando empecei a traballar como freelance, unha actividade que manteño a día de hoxe.

Como profesional seguín participando e desenvolvendo proxectos de divulgación financiados pola administración, formando parte do equipo dun total de 20 iniciativas até a data de hoxe, asumindo diferentes roles: ás veces fixemos realidade as miñas ideas, fun solicitante e coordinadora e participei como profesional contratada, pero sempre formando parte do comité organizador e tomando parte nas decisións.

Nesta etapa fun contratada polo tres universidades galegas para desenvolver tarefas de comunicación e comunicación gráfica, para contar o traballo de grupos de investigación, de redes ou para xestionar e dar forma e contido a webs institucionais (como a nova web da Universidade de Vigo).

Son socia fundadora de DivulgAcción, a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica e fun a súa presidenta de 2015 a principios de 2022, momento no que pasei á vicepresidencia.

Actualmente son responsable da Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+I) do Instituto de Investigación Sanitaria

Técnica de cooperación internacional ao desenvolvemento en Solidariedade Internacional de Galicia

Graduada en Psicoloxía e especializada en Políticas Sociais e Cooperación Internacional ao desenvolvemento. Encargada da área de Cooperación Internacional de Solidariedade Internacional de Galicia

Investigadora pos-doutoral en Laboratorio de Senescencia celular, cáncer e envellecemento do IDIS

Ao terminar o bacharelato cursei o FP superior de Técnico de Laboratorio de Diagnóstico Clínico onde afiancei a miña paixón polo traballo de laboratorio. Con todo, as miñas aspiracións ían máis aló querendo mellorar a saúde das persoas polo que me graduei en Enfermería. A pesar de que o traballo como enfermeira apaixonábame, aínda sentía unha sensación de insatisfacción... Quería contribuír dunha maneira diferente. Por iso, estudei un Máster en Investigación Biomédica, o que me levou a incorporarme ao laboratorio de Manuel Colado, onde atopei a miña verdadeira paixón como investigadora. Aínda que o meu foco inicial foi a reprogramación celular, durante a miña etapa predoutoral enfoqueime no campo da senescencia celular no contexto do cancro e o envellecemento, ao que dediquei os últimos 5 anos da miña carreira. Agora sigo traballando neste laboratorio como Investigadora Posdoutoral, continuando a miña formación como doutora. PhD en Medicina Molecular.

 

Dirección de Desarrollo en AMBICAL S.L.

Membro da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Membro do Comité Consultivo da Facultade de Bioloxía da USC. Posgrao en Responsabilidade Social Cátedra Inditex UDC. Programa Dirección da Innovación por IE Business School. Evaluador EFQM. Máster en Xestión e Técnicas da Calidade por la AEC. Diplomado en estatística aplicada ao control de calidade pola AEC. 

Business Strategy Manager en BIOGA - Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia

Graduado en Biotecnoloxía pola USC e MBA en Xestión de Empresas Biotecnolóxicas, conta cunha traxectoria de máis de 4 anos impulsando o sector das ciencias da vida en Galicia. A súa formación complétase con coñecementos en bioinformática e IA, xunto a un forte interese polo emprendemento, a divulgación científica e o financiamento de empresas da contorna da saúde e tecnolóxico. 
Tras unha etapa inicial de investigación no laboratorio, reorientou o seu perfil cara ás vendas, a xestión de proxectos e a consultoría estratéxica para transformar a innovación científica en proxectos reais. Actualmente exerce como Business Strategy Manager na agrupación industrial BIOGA, onde se especializa no desenvolvemento de negocio e a procura de colaboracións estratéxicas entre as entidades do sector bio. Ademais, é cofundador de GalBiotec, asociación sen ánimo de lucro dedicada ao impulso do talento biotecnolóxico galego. 
Como mentor, achega un acompañamento próximo baseado na súa experiencia previa como mentorizado. O seu obxectivo é aterrar a formación académica na realidade empresarial, potenciando as habilidades de procura de emprego e o networking para lograr un match real coas demandas actuais do mercado laboral.
 

Xerente en Areté Gestión de Personas

Actualmente dirixe a empresa Areté Xestión de Persoas, e anteriormente desempeñou cargos de Dirección en Recursos Humanos en empresas como Sutega e Sermática (Banco Pastor). Posue unha ampla experiencia en coaching executivo e mentoring, ademais de formador en habilidades de liderado e desenvolvemento de equipos, así como de asesoramento organizativo. Licenciado en Ciencias Políticas pola USC; PDG, Programa de Coaching Executivo e Programa Superior de Comunicación pola Escola de Negocios de Abanca.

Analista Técnico Especialista en Healthincode

Analista Técnico Especialista en Healthincode desde o ano 2010.

Licenciada en Bioloxía. Máster en Biotecnoloxía Avanzada, Rama Sanitaria.

Paula Rebolo
Analista Técnico Especialista
Consultora de empresa. Interim Manager

Licenciada den Pedagoxía. Asesora e acompaña na consolidación e profesionalización de pemes e autónomos. Con expertise en estratexia empresarial e desenvolvemento de liñas estratéxicas de negocio, ademais de traballar no impulso do liderado en equipos de traballo. Áreas de desenvolvemento a través do Interim manager, o mentoring, o coaching e metodoloxías áxiles. Mentora en programas liderados pola USC, a Fundación Ronsel e a EOI, mentorizando a autónomos e emprendedores nas súas liñas de negocio.

Dirixiu proxectos de cooperación internacional con AGAFOR en Arxentina, Uruguai e Brasil. Tertuliana e colaboradora en varios programas de televisión e radio, como o programa TV de coaching “ Cuestións Persoais” “Negocios de familia” na TVG. Interim manager membro de "Valorea asociación galega de Interim Manager" e membro da iniciativa "Referentes galegas" en Executivas de Galicia.

Optometrista en Clinica Millan+Martinez Oftalmologia

Diplomado en Óptica e Optometría, traballa dende entón (2010) en este sector. Durante estes anos compaxinou a sua practica clínica coa formación en diferentes campos. Master en Baixa Visión, post Grado en control Post quirúrxico e tamén se forma en Xestión Sanitaria (Master Xestión Sanitaria e Master E-Healt). Dende 2015 para completar o seu labor como Optometrista formase en fabricación e adaptación de Próteses Oculares

Product Owner APPS en PULL&BEAR

Grado en Ingeniería Informática en Universidad de Santiago de Compostela, Executive Máster Digital Management IESIDE, Máster online ThePowerMBA Future Leaders, curso (Digital Companies & E-Business Revolution) de 1 mes en Universidad de California, Northridge, 1 semana de formación (From Start-up to Scale-ip Nation) en Universidad de Tel-Aviv - Coller School of Management, participante en YUZZ (aceleradora ideas de Banco Santander).

Experiencia: Co-fundador de E-wear (Ganador concurso ideas USC y premio proyecto empresarial Start-Up USC), 3 meses en Holanda con Beca Erasmus Young Entrepreneurs, 1 año de Ingeniero Software I+D en Televes. Responsable de Transformación Digital en Atendo. Actualmente Product Owner en PULL&BEAR.

Ángel Rodríguez Cerdeira
Ángel Rodríguez Cerdeira
Psicóloga en AFAGA ALZHEIMER CLD - Centro de Lenguaje y Desarrollo

Licenciada en Psicoloxía (rama clínica) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), realizando estudos de posgraduado nas áreas de Psicoloxía Evolutiva, Terapias Psicolóxicas de Terceira Xeración , Psicogeriatría, Neuropsicología e Neurorehabilitación

En recursos sociosanitarios de atención á dependencia (centros de día, asociacións. Residencias,…) desenvolveu funcións de coordinación técnica e psicóloga con persoas dependentes e as súas familias coidadoras. 

Forma parte de equipos multidisciplinares, en Centros Sanitarios como Psicóloga Xeral Sanitaria, especializada en trastornos do neurodesarrollo e alteracións neurocognitivas en adultos, desenvolvendo programas de intervención non farmacolóxica individual e grupal. 

Desde o ano 2017 colabora coa Fundación Pasqual Maragall na súa área Social na implementación de Programas de Apoio a Coidadores Familiares (presencial e en liña). 

Está vinculada desde os inicios da súa traxectoria profesional hai 24 anos con AFAGA Alzheimer, sendo na actualidade Directora Técnica de Proxectos de Innovación. 

Profesora colaboradora na UOC.

Recursos Humanos en European Business Factory

Licenciada en Psicoloxía Industrial pola Universidade Complutense de Madrid. Programa avanzado en xestión de persoas pola Escola de Negocios Afundación. Coach profesional certificada por ICC. Facilitadora LEIGO® SERIOUS PLAY® METHOD. Ocupou postos de responsabilidade directiva en empresas como R e achega máis de vinte anos de experiencia en deseño organizacional, detección, diagnóstico e xestión do talento humano, formación e desenvolvemento profesional, así como en implantación de sistemas de xestión de persoas. Actualmente é consultora especializada en Recursos Humanos, docente en escolas de negocios, coach e mentora para desempregados, profesionais e empresas.

Psicóloga por conta propia. Fundación Magone. UOC en (SOGASEX) Sociedade Galega de Sexoloxía

Psicóloga e Psicoterapeuta. Psicoterapeuta familiar. Presidenta de SOGASEX (Sociedade Galega de Sexoloxía), membro fundadora de ASEIA (Asociación para a saúde emocional na infancia e adolescencia) e Profesora colaboradora da Universitat Oberta de Catalunya (UOC) no máster de Psicopedagoxía. FESS( membro da directiva). Longa traxectoria na intervención educativa, terapéutica e institucional con mozas, familias e adultos.

Máster Psicoloxía xeral sanitaria. Máster en sexoloxía. Posgrado en neuropsicoloxía. Grado en Psicoloxía. Licenciatura en Psicopedagoxía. Diplomada en Educación especial.

Coautora dos libros: La lucha sexual de los adolescentes en la hipermodernidad (UOC, 2028) y Ser adolescente ¿Transición o destino? (UOC, 2021)

Directora y propietaria en Galería Trinta

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, doutorouse en Arte Moderna. Foi colaboradora da Enciclopedia Galega e traballou como crítica de arte para un diario local. Posteriormente no ano 1988 empezou a traballar como asistente do director da galería Trinta de Santiago de Compostela que en 1993 acabou adquirindo cun socio.12 Asunta Rodríguez con Trinta acudiu de maneira interrompida á feira de arte contemporánea Arco de Madrid ata 2008 facilitando o achegamento da arte contemporáneo e o recoñecemento de artistas galegos en espazos internacionais. En Arco 1995, cunha caseta dedicada a Antonio Murado e Manuel Paz recibiu o premio á mellor galería española por parte da Asociación de Críticos de Arte.34 No ano 2000 formou parte do comité organizador. Entre 1995 e 2007 acudiu tamén á feira de arte contemporánea Art Chicago. Entre 2006 e 2009, Rodriguez asumiu a presidencia da Asociación Profesional de Galerías de Arte de Galicia e posteriormente a vicepresidencia. É ademais, membro do comité organizador de Art Madrid. En decembro de 2015 foi elixida académica da Real Academia Galega de Belas Artes, converténdose na terceira muller elixida nesta academia. Desde outubro de 2016 é membro da Sección de Creación e Artes Visuais do Consello da Cultura Galega.

Cofundadores en SENDE

Xestión do espacio Coworking coliving, desarrollo de negocio, marketing,  comunicación, programas educativos 

Socio-Director en Pintos & Salgado Abogados, S.C.P.

Dereito Informático e Comunitario e autor do blogue “ Abonauta”, nomeado para o Premio ao mellor Blogue Xurídico 2010 por Dereito en Rede e a Editorial Bosch. Licenciado en Dereito e Diplomado Superior en Xestión Empresarial pola Universidade CEU San Pablo de Madrid, primeira promoción do Máster en Estudos da Unión Europea da Universidade da Coruña e Máster no Regulamento Xeral de Protección de Datos da UNED, auspiciado pola Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD). A súa tese de Licenciatura en 1999 centrouse nos “Aspectos Xurídico-comunitarios sobre Internet: A Sociedade da Información” obtendo a Suficiencia Investigadora como Doutorando na mesma Universidade. Profesor de Dereito Informático na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, é tamén socio-fundador do Capítulo Galego da Internet Society ( ISOC- GAL) e da “Asociación de Expertos Nacionais da Avogacía TIC” ( ENATIC). No ano 2000 foi incluído nas listas de Expertos da Comisión Europea para avaliar Proxectos de I+D relacionados coa Sociedade da Información. Obtivo o “ EuroPriSe Legal Expert Certificate” do primeiro selo de Privacidade Europeo auspiciado pola Comisión Europea en 2008 e foi recoñecido co “ European Certificate on CiberCrime and e- Evidence” ou Certificado Europeo en Cibercrimen e Proba Electrónica, auspiciado igualmente pola Unión Europea. No ano 2015, foi designado como Profesor do Master en Avogacía Dixital e Novas Tecnoloxías da Universidade de Salamanca, para a materia de Firma electrónica e Servizos de certificación. En 2017, recibiu o Premio “10 anos conectade@” no 10º aniversario do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG). En 2019, foi certificado como Delegado de Protección de Datos pola AEC baixo o Esquema de Certificación da AEPD e de ENAC. Publicou diversos artigos en boletíns e revistas especializadas, tanto a nivel nacional como internacional, sobre Aspectos Xurídicos do Comercio Electrónico, a lexislación en materia de Protección de Datos, os Dereitos de Autor na internet, a Criminalidade Informática ou a regulación dos Nomes de Dominio, entre outras. Relator en numerosas conferencias académicas e profesionais sobre distintos ámbitos relacionados co Dereito Informático e Internet.

Técnico de Conservación en Marcelle Natureza

Biólogo especializado en conservación de fauna salvaxe en centros de rescate e zoolóxicos. Colaborador con varias entidades naturalistas e afeccionado á fotografía de natureza como medio divulgativo.

Responsable de talento en ALTIA

Grao en Pedagoxía //Máster en Xestión de RRHH/ MBA

Responsable Xestión I+D+i en Biostatech

É Responsable de Xestión I+D+i en Biostatech, spin-off de bioestatística da Universidade de Santiago de Compostela (USC), fundada no ano 2012. Graduado en Administración e Dirección de Empresas (ADE), con Máster en Dirección de Empresas (MBA), ambos na (USC). Ten ampla experiencia en planificación e control comercial xa que desenvolveu durante catro anos, postos relevantes en Securitas Direct by Verisure. Tamén, ten experiencia en empresas do sector comercio e outras empresas de servizos.

Director Facultativo y Propietario en Clinica Veterinaria Miño

Veterinario con grao, encárgase da xestion e clinica veterinaria en xeral, incluíndo medicina, cirugia, gestion de nucleos zoologicos, telecaptura con rifle anestesico e rescate de animais. Especialidade en Animais Ecoticos. Docencia en cursos da especialidade, asi como deseño de plans sanitarios.

Catedrática. Subdirectora en Centro investigación CINBIO

Docente no grao de Bioloxía Uvigo, Master en Biotecnoloxía Avanzada, Master en Xenética e Xenómica. Investigadora Principal grupo Enfermidades raras CINBIO, liñas de investigación en ciliopatías e Hipertensión arterial pulmonar.

Técnico de Xestión Cultural en Concello de Vilagarcía de Arousa

Técnico de Cultura na administración local. Graduado en Pedagoxía, Máster e na actualidade cursando o Doutoramento.

Xefe de departamento de cultura do Concello e as propias da xestión cultural.

 

Directora en Esther Vázquez Soluciones de Gestión para la Empresa Alimentaria

Especialista en Gestión de Empresas Alimentarias:  Calidad y Seguridad Alimentaria |Legislación alimentaria |Auditoría de Calidad Alimentaria | Planificación Producción en Industria alimentaria | Optimización Tiempos de Fabricación| Mejora Continua| Gestión de Equipos| Operaciones|

Coordinadora da sección de O Tempo en CRTVG

 

Coordinadora e presentadora da área do Tempo da TVG, que inclúe non só os programas do TEMPO se non tamén o programa ATMOSFERICOS en materia de Cambio Climático

Oficial de Evaluación en UNICEF

María José Villalobos é avogada Summa Cum Laude, egresada da Universidade do Zulia (Venezuela), e conta cunha Mestría en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, con mención en Dirección e Xestión de Proxectos, pola Universidade Internacional da Rioxa (España). É especialista en vixilancia, avaliación, rendición de contas e aprendizaxe (MEAL), con ampla experiencia en cooperación internacional, acción humanitaria e desenvolvemento, traballando con organismos de Nacións Unidas e organizacións internacionais en contextos complexos de América Latina e Europa do Leste. A súa traxectoria combina rigor técnico, enfoque de dereitos humanos e xestión baseada en evidencia, con especial énfase en protección, educación, saúde, nutrición e WASH.

María José Villalobos
María José Villalobos
CEO en JMVillarmea

Licenciado en Psicoloxía: Máster en Ansiedade e Estrés.

Axuda a empresas e profesionais a potenciar a súa produtividade persoal e a súa colaboración a través de psicoproductividade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.03.2026.