- Entidad
- Banco de España
- Fecha de inicio de la solicitud
- Fecha de fin de la solicitud
Persoal titulado universitario e alumnado de último curso de carreira que desexen ampliar os seus coñecementos no ámbito económico e financeiro mediante a realización de estudos de posgraduado oficiais en áreas temáticas de interese para o Banco de España.
Requisitos:
Poderán optar a ser beneficiarios ou beneficiarias do presente Programa as persoas con nacionalidade española que vaian iniciar ou completar estudos de posgraduado no estranxeiro ou en España e que estean en posesión do título de licenciatura ou de grao universitario. Admitiranse tamén solicitudes de alumnado matriculado no último curso da carreira. Nestes casos, a participación no Programa estará supeditada a que a persoa candidata ostente algunha das titulacións referidas o día 1 de setembro de 2026.
As persoas participantes no Programa deberán coñecer suficientemente, a xuízo do Banco de España, o idioma do país onde vaian realizar os seus estudos e investigacións, de maneira que poidan aproveitar adecuadamente os correspondentes ensinos.
Apoio económico, baixo a modalidade de bolsa, con obxecto de proporcionar axuda financeira para a ampliación de estudos, xa sexa en España ou no estranxeiro, durante o curso académico 2026-2027, mediante a obtención de titulacións de posgraduado oficiais en economía ou en finanzas, así como na innovación tecnolóxica nestes campos, e que permitan adquirir coñecementos en áreas temáticas de interese para o Banco de España, en particular as comprendidas nas súas Prioridades analíticas e de investigación.
Estancia temporal no Banco de España, durante a cal a persoa beneficiaria do Programa estará en contacto co persoal investigador encargado da consecución das prioridades analíticas da institución.
Dotación anual (importes brutos):
1. 29.000 dólares estadounidenses para os estudos realizados nos Estados Unidos de América.
2. 18.500 libras esterlinas para os estudos realizados no Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.
3. 21.500 euros para os estudos realizados en España e no resto dos países europeos.