Pasar al contenido principal
STG
  • USC

Actualización da guía de Sexenios de Investigación coas novidades da última convocatoria

Xa podes consultar os cambios da convocatoria de sexenios na guía da BUSC. Imaxe: Unsplash
Xa podes consultar os cambios da convocatoria de sexenios na guía da BUSC. Imaxe: Unsplash
A BUSC vén de actualizar a guía na que se recolle o procedemento para solicitar os sexenios de investigación por parte do PDI funcionario e laboral, de acordo cos criterios da resolución publicada o pasado 19 de decembro.

A guía de Sexenios de Investigación coa que a BUSC pretende facilitar o proceso de solicitude por parte do PDI, recolle xa os cambios da resolución de 19 de decembro na que se aprobaba a convocatoria de sexenios para o profesorado funcionario e os criterios de avaliación.
A convocatoria de sexenios de investigación de 2025 trata de continuar implementando o novo modelo de avaliación proposto nas convocatorias de 2023 e 2024, introducindo cambios menores.

A principal novidade é que ademais da convocatoria do profesorado funcionario, un mes despois abrirase a convocatoria para o profesorado laboral. Así, os prazos de solicitude son os seguintes:

  • PDI FUNCIONARIO: do 9 ao 30 de xaneiro de 2026
  • PDI LABORAL: do 9 de febreiro de 2026 ao 2 de marzo de 2026
        - Profesorado contratado da USC: do 19 de xaneiro ata o 30 de xaneiro (ampliar información)

Ademais da devandita guía, tamén se actualizaron as guías de ACADEMIA de acreditación do profesorado universitario funcionario, Acordos transformativos e a do Portal de Investigación.

Sexenios 2025: Obradoiro de busca de indicios de relevancia e impacto
No marco desta convocatoria, realizarase o obradoiro Sexenios 2025: Obradoiro de busca de indicios de relevancia e impacto, na que se presentarán as dimensións, métricas e fontes de bibliometría narrativa en artigos de revista e capítulos de libro, así como unha busca libre de relevancia e impacto dunha achega de cada investigador.
Esta acción formativa, coordinada por César Gómez Pérez e impartida por Inés Amboage García e Lorena Gómez Méndez, persoal de bibliotecas do Campus de Lugo, celebrarase na Sala de Conferencias do Edificio CACTUS de Lugo os días 15 e 22 de xaneiro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.01.2026.