Pasar al contenido principal
STG

Campus de Santiago

Realismo Máxico: O marabilloso no cotián

21, 22, 28 e 29 de abril de 2026 de 10h a 12h

Este seminario propón unha viaxe interartística ao universo do realismo máxico, unha estética que combina o marabilloso e o extraordinario coa vida cotiá, ofrecendo así unha visión do mundo que desborda os límites da lóxica racional. O realismo máxico converteuse nunha das formas máis influentes e recoñecíbeis de expresión artística, deixando pegada tamén na pintura, no cine, na fotografía e na música.
Nun tempo marcado pola incerteza, o exceso de información e a banalización da experiencia, o realismo máxico mantén a súa vixencia como ferramenta simbólica e crítica, capaz de sacudir a percepción e abrir espazos para o pensamento e a emoción. O seminario abordará esta corrente desde unha mirada comparada e sensorial, prestando atención a como se manifesta en diferentes linguaxes artísticas e a como pode dialogar con espazos, tradicións e imaxinarios presentes en Santiago de Compostela.
As sesións combinarán análise de obras, debate colectivo e propostas de conexión co territorio, fomentando a participación activa das persoas asistentes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.01.2026.