05.05.2026 | 19.30h
Promovida polo Espazo de Danza da USC, trátase dunha actividade con acceso libre para o público xeral
A Universidade de Santiago de Compostela organiza a X Semana de Danza Latina o martes 5 de maio, ás 19.30 h, no Comedor do Colexio de Fonseca (entrada polo Xardín das Pedras que Falan).
Juan Carlos Zahera, director do Espazo de Danza da USC, será o encargado de presentar este evento que busca tamén enriquecer o programa cultural da cidade e que está aberto tanto á comunidade universitaria como á cidadanía en xeral. A asistencia é libre e de balde.
Esta actividade está incluída dentro da programación da Primavera Cultural.