19.04.2026 | 20.00h
Pazo de San Marcos
Estrea da nova produción da Aula de Teatro da USC-Lugo
O domingo 19 de abril, dentro do XXXII Festival de Teatro Universitario, estréase a peza Do marabilloso mundo dos animais: os años, a nova produción da Aula de Teatro da USC-Lugo. Será ás 20.00 horas no Pazo de San Marcos de Lugo. A entrada é de balde.
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.