Pasar al contenido principal
STG

A administración Trump: unha nova orde mundial? (Encontro de Lúa chea)

26.02.2026 | 19.00h

Comezamos o 2026 falando do gran terremoto que sacode a política mundial desde hai pouco máis dun ano: o segundo mandato de Donald Trump

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

Os 'Encontros de Lúa Chea', un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación da Primavera Cultural, ofrece o xoves 26 de febreiro, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, o faladoiro 'A administración Trump: unha nova orde mundial?'. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio asinado por USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Sobre o encontro

Xaneiro de 2025 marcou o inicio dun cambio profundo nas relacións internacionais. A segunda chegada ao poder de Donald Trump mudou radicalmente o papel que os Estados Unidos de América viñan xogando na xeopolítica internacional. 

Neste último ano erguémonos cada mañá con ameazas directas a países tradicionalmente aliados dos EUA, ao tempo se dá unha escalada na violencia dos conflitos bélicos que afectan a moitas áreas do planeta. Asistimos abraiadas a unha retórica abertamente racista e colonial, que tamén se trasladou ao interior dos EUA con actuacións de política migratoria que até hai ben pouco tempo non podíamos nin imaxinar.

A outra parte da ecuación son os cambios nas políticas comerciais. As regras que viñan definindo o comercio internacional deixaron de funcionar, e a administración Trump iniciou unha escalada de ameazas arancelarias contra aliados comerciais tradicionais, como Canada, México ou a EU, á vez que afonda no enfrontamento comercial contra China.

Cales son as chaves que explican isto? Que podemos esperar nos próximos meses? Para responder estas preguntas falarán Daniel G. Palau, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e Bernardo Valdês Paços, profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC.

Cartel
Cartel
Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.02.2026.