Pasar al contenido principal
STG
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural
Imaxe do cartel

O programa da Faísca Cultural To be or not to be: Hamlet comeza o 4 de marzo na Facultade de Ciencias da Educación (campus norte).

Poucas frases son tan incuestionables e universais como ‘To be or not to be’, polo que a eleximos como título desta nova Faísca Cultural, que se centrará no Hamlet de William Shakespeare cun enfoque moi particular, de novo da man co Centro Dramático Galego. A Faísca Cultural é unha iniciativa artístico-pedagóxica que fomenta por riba de todo a reflexión cultural nas aulas, promovendo o pensamento crítico e o diálogo creativo, complementando así a formación académica do estudantado. O máis destacable é que esta actividade se desenvolve dunha forma interdisciplinar, de intercambio e relación entre seis facultades da USC, neste caso: Facultade de Ciencias da Comunicación, Facultade de Bioloxía, Facultade de Psicoloxía, Facultade de Filoloxía, Facultade de Ciencias da Educación e Facultade de Filosofía, en colaboración co Centro Dramático Galego, o que lle dá un peso importante no panorama teatral local. Esta faísca é unha reflexión sobre a peza teatral Hamlet, dende diferentes disciplinas e áreas de coñecemento.

O acceso ás actividades da Faísca é libre para toda a comunidade universitaria ata completar a capacidade dos espazos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.03.2026.