Novos obradoiros para febreiro no Museo de Historia Natural da USC
O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago organiza este mes de febreiro dous obradoiros para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos dirixidos pola doutora en Bioloxía e especiaista en zooloxía María José López Fernández e o biólogo da USC Daniel Castro Fernández.
O primeiro terá lugar o sábado 6 e xirará en torno ao Entroido. Os dous biólogos guiarán aos rapaces e rapazas polo Museo para que descubran quen se atopa detrás das cores de diferentes exemplares e participarán nunha sesión de manualidades. O segundo obradoiro, o sábado 20, leva por título 'Fuxindo do frío. Animais hibernantes e migratorios' e nel ensinarase cómo os animais se protexen do inverno, cambiando os seus hábitos, hábitat ou migrando a climas máis cálidos.
Para participar é necesario inscribirse con dous días de antelación á data de celebración.