A hemeroteca da Biblioteca Xeral permanecerá pechada por obras desde o 3 de novembro
Os fondos poderán consultarse na sala de lectura da propia biblioteca
Leer másOs fondos poderán consultarse na sala de lectura da propia biblioteca
Leer másA través da xeolocalización das diferentes publicacións depositadas nos repositorios, GeoREBIUN facilita coñecer que se publica, onde e con que resultados.
A BUSC participa neste proxecto con 950 documentos xeolocalizados.
A exposición pode visitarse no Claustro Alto ata o 28 de novembro, en horario de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas
Leer másO acto de inauguración, celebrado na carballeira da Biblioteca, foi presidido polo vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga; acompañado do director da Biblioteca Intercentros de Lugo, César Gómez; o presidente de 'Ponte... nas ondas!', Santiago Veloso; e a Concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo, Iria Buide. Durante o evento, os participantes reivindicaron a relevancia do patrimonio cultural inmaterial, así como a súa divulgación entre as xeracións máis novas.
Leer másDende o 15 de outubro ata o 31 de decembro de 2025, a comunidade universitaria poderá acceder a CAS BioFinder Discovery Platform, plataforma de investigación de CAS para química medicinal, descubrimento de fármacos, farmacoloxía e bioinformática.
Leer másA Biblioteca Nacional de España, en colaboración coa Asociación Clásicas y Modernas e a Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) celebran, desde 2016, o Día das Escritoras co obxectivo de reivindicar o legado literario das mulleres.
O Asistente de Investigación é unha ferramenta de intelixencia artificial xerativa integrada no buscador da biblioteca que permite explorar contido académico mediante preguntas en linguaxe natural.
Leer másA Biblioteca de Filoloxía organiza con motivo da celebración do Día Europeo das Linguas o vindeiro 26 de setembro unha mostra bibliográfica e un recital multilingüe de poesía. A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 30 de setembro
Leer másO estudantado pode inscribirse ata o vindeiro 26 de setembro
Leer másO alumnado poderá inscribirse a través da Secretaría Virtual ata o vindeiro 26 de setembro
Leer másFinaliza tamén o préstamo especial de verán para o alumnado de grao e máster.
Leer másO 31 de outubro de 2025 deixará de estar dispoñible o acceso á aplicación do procedemento antigo do programa ACADEMIA (Real Decreto 1312/2007) na sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Leer másO informe anual de Clarivate, que analiza o impacto das citas académicas nas revistas científicas, xa está publicado cos datos correspondentes ao ano 2024. Entre as novidades desta edición destaca o cambio á hora de xestionar as retractacións para protexer o JIF de posibles distorsións.
Leer másA FECYT e Clarivate organizan o II Ciclo de Formación Online 2025 da base de datos de Web of Science, que terá lugar durante o segundo semestre de 2025 (xullo - decembro)
Leer másA data de devolución será o 8 de setembro. Para o resto dos usuarios a data de devolución será a que lle corresponde de xeito habitual.
Leer más