Ir o contido principal
STG

Plan Formativo Campus Terra 2026

Sexenios 2025: Obradoiro de busca de indicios de relevancia e impacto_1ª Convocatoria

15.01.2026 | 09.30h-13.30h

Edificio CACTUS Lugo
Sala de Conferencias

Organizador: Biblioteca USC

Nesta acción formativa farase un repaso da convocatoria de sexenios de 2025, presentaranse as dimensións, métricas e fontes de bibliometría narrativa en artigos de revista e capítulos de libro, así como unha busca libre de relevancia e impacto dunha achega de cada investigador.

Imaxe do Curso
Imaxe do Curso

Os obxectivos deste curso serán, dar a coñecer os criterios de avaliación de convocatoria de sexenios de 2025, aproveitar os recursos que ofrece a Biblioteca Universitaria da USC para a busca de indicios de relevancia e impacto das achegas, comprender o alcance do concepto de Ciencia Aberta no ámbito da avaliación da investigación e  practicar a busca de indicios de relevancia e impacto dunha achega propia do investigador.

O curso celebrarase en dúas convocatorias ou quendas: unha o 15 de xaneiro de 2026 e outra o 22 de xaneiro de 2026. No momento de realizar a inscrición a través do formulario abaixo indicado, as persoas interesadas deberán indicar en que quenda prefiren asistir.

Esta acción formativa, coordinada por César Gómez Pérez e impartida por Inés Amboage García e Lorena Gómez Méndez, persoal de bibliotecas do Campus de Lugo, celebrarase na Sala de Conferencias do Edificio CACTUS de Lugo. Ofertaranse 15 prazas en cada convocatoria e a modalidade do curso será presencial (necesario acudir co ordenador portátil). O horario desta formación será de 09:30 a 13:30 horas.

As persoas interesadas pódense inscribir a partir do 9 de xaneiro ata o 14 de xaneiro a través da seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/E3fkHWdYtS

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2025.