Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS con interese en mellorar as súas competencias e habilidades para o traballo en equipo.
Localización
Santiago
Modalidade
Presencial
Duración
Horas presenciais: 15
Total: 15
Matrícula na actividade
07/01/2026 - 29/04/2026
Desenvolvemento da actividade
06/05/2026 - 27/05/2026
Profesor/a externo/a
Sandra Rodríguez Couso
Profesor/a
Jose Luis Pastoriza Rozas
| Grupo | Lugar | Datas | Horario |
|---|---|---|---|
| Traballo en equipo: aprendizaxe experiencial das súas habilidades e competencias (Santiago) | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | 6, 13 e 27 de maio de 2026 | 9 a 14 horas |
Competencias e habilidades: O curso está deseñado para o desenvolvemento de habilidades para o traballo en equipo das persoas doutorandas. A través das dinámicas activas do curso traballaranse activamente as competencias transferibles relativas á comunicación, cooperación, liderado, escoita activa e feedback necesarias para traballar de forma eficaz en equipo.
O enfoque do curso está baseado no aprender facendo e aprendizaxe entre iguais facilitándose un traballo de aprendizaxe experiencial e reflexivo desde a experiencia previa da persoa doutoranda.
Contidos: Aplicarase a metodoloxía da aprendizaxe experiencial de tal xeito que o curso carece de sesións teóricas. As aprendizaxes desenvolveranse a partir da realización dunha serie de dinámicas activas en equipo orientadas ao desenvolvemento das competencias de comunicación, cooperación, liderado, escoita activa e feedback. Tras cada actividade realizarase unha sesión colectiva de revisión das aprendizaxes vinculadas a cada dinámica cunha revisión final en común
Sesión 1
*09.00. Benvida e presentación.
*09.15. Actividade 1. Un desafío de innovación. A Marte!
*10.00. Revisión en común inicial: Botar as cartas: a nosa experiencia previa no traballo en equipo.
*11.00. Actividade 2: Desafiando os nosos marcos mentais.
*12.00. Pausa
*12.30. Actividade 3: Pau ingrávido.
*13.15. Actividade 4: Un paseo por Marte
*13.45. Revisión en común final: Botar as cartas: revisión de aprendizaxes.
*14.00. Despedida
Sesión 2
*09.00. Benvida.
*09.15. Actividade 5: Pelota ingrávida.
*09.45. Actividade 6: GPS.
*10.30. Actividade 7: Treboada espacial.
*11.15. Actividade 8: Nó humano
*12.00. Pausa.
*12.30. Actividade 9: Portal interestelar.
*13.00. Revisión en común final: Botar as cartas: revisión de aprendizaxes.
*14.00. Despedida
Sesión 3
*09.00. Benvida.
*09.15. Actividade 10: Cadrados rotos.
*09.45. Actividade 11: Frechas invisibles.
*10.15. Actividade 12: Talentos, valores e emocións cósmicas.
*11.30. Pausa.
*12.00. Revisión dos talentos, valores e emocións cósmicas.
*13.00. Actividade 13: Comunicación cega
*13.30. Feedback e avaliación.
*14.00. Despedida
*Recomendacións: Para a realización das dinámicas activas recoméndase vir vestido con roupa cómoda e calzado deportivo. As actividades programadas teñen un nivel de esixencia física baixo. Imprescindible un dominio medio-alto do castelán para desenvolverse en situacións de dinámicas activas con numerosas interlocucións.
Modalidade de avaliación: A superación do curso requirirá que o alumnado realice as actividades que integran a formación.
Dr. Xosé Luís Pastoriza Rozas. Profesor Axudante Doutor no Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da USC. MSc NGOs and Development pola London School of Economics Political Science. GradSchool Tutor certificado por Vitae-UK en competencias transferibles.
ORCID: https://orcid.org/0000-0002-4193-8375
Sandra Rodríguez Couso. Coach educativa. Licenciada en Xornalismo e Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela. Experta en educación emocional, acompañamento educativo, e procesos de participación e traballo en equipo. www.globaleira.com