- Escola Técnica Superior de Enxeñaría
-
-
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782Santiago de Compostela
-
etse.secredireccion [at] usc.gal
-
A Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) é un centro da Universidade de Santiago de Compostela encargado da xestión e a organización de estudos no ámbito da enxeñaría. A ETSE ten como misión principal contribuír á formación integral, nunha contorna estimulante de innovación e de relacións humanas, de enxeñeiras e enxeñeiros comprometidas/os co desenvolvemento da sociedade baixo principios éticos, de solidariedade, de igualdade de xénero e de sustentabilidade.
Convocatoria do programa de mobilidade Bilateral
Acaba de publicarse a convocatoria de mobilidade Bilateral para o curso 2026/27 para estudantes de grao e dobre grao e mestrados superiores a 60 ECTS. Os/as estudantes teñen de prazo ata o día 9 de marzo (inclusive) para facer as súas solicitudes a través da secretaría virtual.