O papel da enfermaría no abordaxe integral do impacto das lesións deportivas: unha visión holística e antropolóxica.
Autoría
M.R.S.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [L] (ADSCRITA)

Data da defensa
12.02.2026 16:00
12.02.2026 16:00
Resumo
As lesións deportivas adoitan vivirse como un antes e un despois na vida da persoa deportista. Non só provocan dor ou limitacións físicas, senón que tamén poden alterar a forma de sentirse, de relacionarse co propio corpo e de manter a identidade vinculada ao deporte. Comprender esta realidade desde a mirada enfermeira implica atender moito máis que a zona lesionada: significa acompañar a alguén que está a atravesar un proceso de cambio profundo. Neste traballo intégrase unha revisión bibliográfica xunto coa experiencia directa dunha deportista cunha lesión complexa, o que permite entender como estes procesos afectan simultaneamente o físico, o emocional e o simbólico. A dor, a perda de autonomía e a incerteza combínanse con medo a recaer, frustración, desmotivación e coa sensación de “deixar de ser” quen se era antes. Neste contexto, a enfermaría desempeña un papel fundamental. A súa proximidade e a súa visión humanista permiten acompañar ao deportista en todas as etapas da recuperación: control da dor, curas, educación para o autocuidado, apoio emocional, escoita activa e axuda para afrontar os cambios na identidade deportiva. A integración de modelos como os de Watson, Leininger, Meleis, Roy e Neuman facilita unha atención máis completa, respectuosa e adaptada a cada persoa, recoñecendo que cada lesión se vive e se significa de forma distinta. Os resultados indican que un coidado enfermeiro holístico e culturalmente sensible favorece unha recuperación máis profunda e coherente, non só a nivel físico, senón tamén na reconstrución persoal que implica volver confiar no corpo e, en moitos casos, redefinir o propio lugar dentro do deporte.

Dirección
Rodríguez Pérez, Isidoro (Titoría)
Rodríguez Pérez, Isidoro (Titoría)
Tribunal
PENELA PUGA, Mª PILAR (Presidente/a)
Ferreira Díaz, María José (Secretario/a)
Rivas Carro, Mario Alberto (Vogal)