Ir o contido principal
STG

A educación ten faciana de Muller

Exposición
Exposición
A exposición 'A educación ten faciana de Muller' percorre a traxectoria de mestras e pedagogas galegas para deconstruir a pegada androcéntrica do ensino e facer visibles figuras que, malia vivir no ostracismo social e cultural, formaron parte da historia da educación. 

Elaborada polo alumnado da materia Teoría e Historia da Educación Escolar do Grao en Mestra/e de Educación Primaria e da man da Profa. Patricia A. Ruido,  a mostra conta con financiación da  Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación (USC) e foi inaugurada o venres 5 de decembro no edificio que o centro ten no Campus Norte.

5.12.2025-27.01.2026

Facultad de Enfermería y Facultad de CC. Educación Campus norte

Santiago de Compostela

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.01.2026.