Terapias baseadas no uso de células como tratamento da esclerose lateral amiotrófica
Autoría
R.C.H.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
R.C.H.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
A esclerose lateral amiotrófica (ELA) é unha enfermidade neurodexenerativa que se produce como consecuencia da perda de motoneuronas no sistema nervioso central, que provoca parálise muscular progresiva e finalmente a morte. Na actualidade non existen tratamentos efectivos, polo que urxe a búsqueda de novas estratexias terapéuticas. Entre elas, a terapia celular, baseada no transplante de células nai, constitúe unha alternativa prometedora. O traballo consistirá nunha investigación acerca dos fundamentos dos ensaios clínicos realizados baseados no uso de células nai como alternativa terapeútica, así como os avances recentes e as perspectivas de futuro.

Dirección
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Titoría)
García Crivaro, Lucía Agustina Cotitoría

Tribunal
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
ABBADESSA , ANNA (Vogal)

Efecto da degradación dos bosques de kelp na diversidade de macroalgas
Autoría
L.C.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
L.C.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
Os bosques de Laminaria ochroleuca constitúen hábitats clave nos ecosistemas costeiros de Galicia, proporcionando estrutura, refuxio e alta biodiversidade biolóxica. Nas últimas décadas, este bosques están sufrindo procesos de degradación intensa asociados a factores ambientais e climáticos, o que pode alterar profundamente as comunidades de macroalgas bentónicas asociadas. A hipótese deste estudo foi que a desaparición dos bosques de L. ochroleuca provoca cambios significativos na diversidade e estrutura destas comunidades, e que o uso de técnicas de metabarcoding permiten detectar unha maior riqueza específica nas comunidades e macroalgas en comparación coa identificación morfolóxica tradicional. Os obxectivos centráronse en comparar a diversidade de macroalgas entre ecosistemas sans e degradados e avaliar as diferenzas entre métodos de identificación moleculares e morfolóxicos. A metodoloxía incluíu a análise da diversidade e abundancia de macroalgas nas mostras recollidas en sitios con bosques sans e degradados de L. ochroleuca mediante secuenciación xenética dos marcadores 18S e COI, xunto cun estudo taxonómico clásico. Os resultados analizáronse aplicando análises estatísticos multivariantes mediante PERMANOVA e representacións nMDS. Os resultados amosaron unha elevada variabilidade espacial entre sitios de mostraxe, mentres que o estado de conservación de L. ochroleuca non presentou diferenzas estatisticamente significativas na estrutura comunitaria. O metabarcoding permitiu detectar un maior número de especies queo estudo morfolóxico, aínda que con limitacións asociadas a cada marcador xenético. En conxunto, o estudo destaca a complexidade espacial das comunidades de macroalgas e a necesidade de empregar combinacións de métodos para unha avaliación máis completa da biodiversidade, aportando información relevante para a conservación dos ecosistemas costeiros de Galicia.

DIAZ TAPIA, PILAR (Titoría)
Barrientos de la Llana, Sara Cotitoría
DIAZ TAPIA, PILAR (Titoría)
Barrientos de la Llana, Sara Cotitoría
Tribunal
COBO GRADIN, FERNANDO (Presidente/a)
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Secretario/a)
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Vogal)

Componentes bioactivos en envasado antimicrobiano de alimentos
Autoría
M.C.J.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
M.C.J.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
O deterioro de alimentos por contaminación microbiana supón un risco para a seguridade alimentaria e a saúde humana. Isto, unido ao uso de envases plásticos non degradables, representa un grave problema ambiental. Por tanto, xorde unha alternativa: o envasado activo sostible baseado en axentes antimicrobianos incorporados en matrices poliméricas degradables. O obxectivo deste traballo foi realizar unha revisión bibliográfica dos últimos cinco anos sobre os principais compoñentes activos empregados neste tipo de sistemas de envasado. Para iso, levouse a cabo unha busca bibliográfica nas bases de datos Scopus e Web of Science, seguida de dúas fases de cribado e unha fase de selección dos ensaios máis axeitados ao tema de estudo. Os resultados clasificáronse en axentes antimicrobianos inorgánicos, orgánicos, outros sistemas emerxentes como os bacteriófagos, e sistemas híbridos que combinan diferentes axentes bioactivos. A actividade e a especificidade variaron entre os distintos grupos, de xeito que ningún axente antimicrobiano resultou eficaz de maneira universal. Isto pon de manifesto a necesidade de desenvolver sistemas combinados que presenten efectos sinérxicos na inhibición microbiana. A pesar do seu potencial, o envasado antimicrobiano de alimentos aínda presenta limitacións relacionadas co control da liberación de compostos volátiles, co impacto sobre as características organolépticas e co escalado a nivel industrial. Por tanto, trátase dunha tecnoloxía prometedora que aínda se atopa en desenvolvemento e que require máis investigación.

Barros Velázquez, Jorge (Titoría)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR Cotitoría
Barros Velázquez, Jorge (Titoría)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
ABBADESSA , ANNA (Vogal)
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
ABBADESSA , ANNA (Vogal)
Diagnóstico xenético nas enfermidades renais hereditarias: síndromes de Gitelman e Bartter
Autoría
Y.D.L.I.G.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Y.D.L.I.G.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
As enfermidades renais hereditarias constitúen un grupo heteroxéneo de patoloxías monoxénicas que adoitan ocasionar enfermidade renal crónica, especialmente en poboación pediátrica. Entre elas, as síndromes de Bartter e Gitelman, ambas clasificadas como tubulopatías, destacan por presentaren fenotipos parcialmente solapados, dificultando o seu discernimento atendendo unicamente a criterios clínicos. Neste contexto, o diagnóstico xenético cobra un papel fundamental para confirmar a etioloxía da enfermidade e poder así orientar o manexo clínico da mesma. O presente traballo enfócase na análise xenética dun conxunto de pacientes con sospeita clínica de tubulopatías hereditarias mediante técnicas de secuenciación masiva (NGS) e secuenciación Sanger para estudos de segregación familiar. As variantes detectadas foron clasificadas seguindo as guías do Colexio Americano de Xenética e Xenómica Médica. Á súa vez, levouse a cabo unha reanálise baseada na evidencia científica máis recente, representada polas guías publicadas pola Asociación para a Ciencia Xenómica Clínica no ano 2024. A información obtida permitiu o deseño dunha cohorte de pacientes e familiares afectados polas síndromes de Bartter ou Gitelman, a cal resultará de utilidade para o estudo futuro de ambas patoloxías. Finalmente, identificáronse un total de 85 variantes xenéticas, das cales 17 foron reclasificadas respecto aos resultados da análise previa do grupo, mellorando o rendemento diagnóstico. Ademáis, confirmáronse 43 casos de síndrome de Gitelman e 12 de síndrome de Bartter e produxéronse reasignacións diagnósticas relevantes. Estos resultados poñen de manifesto a importancia do diagnóstico xenético e da reanálise periódica como ferramentas clave para optimizar a precisión diagnóstica e a toma de decisións clínicas no ámbito das enfermidades renais hereditarias.

CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Titoría)
GARCIA MURIAS, MARIA Cotitoría
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Titoría)
GARCIA MURIAS, MARIA Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
ABBADESSA , ANNA (Vogal)
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
ABBADESSA , ANNA (Vogal)
Caracterización da toxicidade dos pellets procedentes do vertido do Toconao mediante test estandarizado de Lemna sp.
Autoría
D.F.M.
Grao en Bioloxía (3ªed)
D.F.M.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
O Toconao é un buque de carga, de bandeira liberiana, que o 8 de decembro do 2023 perdeu un total de 6 contenedores fronte á costa de Viana do Castelo. Nestes, transportaba aproximadamente 1000 sacos de pellets de plástico, que se traducen en 26 toneladas de partículas vertidas. Nos días seguintes ao suceso, comezaron a chegar estas boliñas á costa galega, algo que se prolongou durante meses. O obxectivo principal deste traballo é analizar a toxicidade destas partículas plásticas mediante o test estandarizado de Lemna da Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE). Ademais, inclúese unha análise da situación actual destes contaminantes sintéticos así como unha descrición detallada da parte experimental, dende a recollida de mostras en campo ao desenvolvemento do traballo de laboratorio. A hipótese principal é que os pellets de plástico, sometidos a diferentes condicións ambientais simuladas, terían un efecto tóxico sobre o crecemento vexetativo de Lemna minor. Porén, baixos as condicións experimentais utilizadas, non se detectou ningunha alteración do mesmo, contrariando esta hipótese. A contaminación plástica, especialmente a mariña, é un tópico de crecente preocupación, que pon de manifesto a necesidade de seguir ensaiando en condicións moi diversas para poder comprender os diferentes efectos ecotoxicolóxicos que puidesen repercutir sobre os organismos vivos e o propio ecosistema. Hoxe en día a literatura sobre estes efectos non é demasiado extensa, dada a ampla gama de contaminantes, efectos e condicións nas que se poden dar, deixando aberta a porta a continuar con esta liña de investigación nos próximos anos

FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Titoría)
VARELA RIO, ZULEMA Cotitoría
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Titoría)
VARELA RIO, ZULEMA Cotitoría
Tribunal
COBO GRADIN, FERNANDO (Presidente/a)
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Secretario/a)
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Vogal)
COBO GRADIN, FERNANDO (Presidente/a)
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER (Secretario/a)
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Vogal)
Avaliación do papel de SEMA4A en colite ulcerosa mediante análise transcriptómica
Autoría
J.G.V.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
J.G.V.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
A enfermidade inflamatoria intestinal (EII) é un termo que engloba un conxunto de enfermidades como a colite ulcerosa (CU) e a enfermidade de Crohn (EC). Estas patoloxías están caracterizadas pola presenza dunha inflamación crónica e recorrente da mucosa intestinal sen unha etioloxía coñecida, que resulta de diferentes factores. A incidencia e prevalencia atópanse en aumento a nivel global e as terapias actuais son subóptimas. Por iso, precísanse novos fármacos e biomarcadores que permitan unha mellor abordaxe da enfermidade. As semaforinas de clase 4 xurdiron como reguladores clave da inmunidade innata e adaptativa. En concreto, SEMA4A é unha glicoproteína transmembrana expresada en células do sistema inmune, como células dendríticas, macrófagos e linfocitos T. Estudos recentes suxiren que a expresión de SEMA4A está alterada durante a inflamación intestinal, pero a súa implicación nesta área segue sendo bastante descoñecida. Co obxectivo de afondar no coñecemento desta liña de investigación, neste proxecto realízase unha análise transcriptómica exhaustiva en diferentes cohortes de pacientes con CU, avaliando a expresión de SEMA4A e os seus receptores na actividade da enfermidade en dúas bases de datos públicas. Desta análise obtívose un aumento significativo da SEMA4A nas mostras de pacientes con CU activa comparado cos casos controis e pacientes en remisión. Posteriormente, analizáronse diferentes bases de datos de pacientes respondedores ou non respondedores a dous tratamentos biolóxicos, o infliximab (anti-TNF) e o vedolizumab (anti-integrina a4b7) coa fin de estudar o papel da SEMA4A como posible biomarcador preditor. Os resultados mostraron que a expresión de SEMA4A apareceu aumentada en pacientes non respondedores a ambas terapias. Coa realización deste traballo podemos concluír que a SEMA4A é un factor relacionado coa actividade da CU e presenta unha capacidade limitada como factor preditor da resposta a tratamentos biolóxicos específicos.

BALBOA MENDEZ, SABELA (Titoría)
Conde Aranda, Javier Cotitoría
Arosa García, Laura Cotitoría
BALBOA MENDEZ, SABELA (Titoría)
Conde Aranda, Javier Cotitoría
Arosa García, Laura Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
ABBADESSA , ANNA (Vogal)
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
ABBADESSA , ANNA (Vogal)
Sarcocystis en Canis lupus Linneo, 1758. Presenza e caracterización molecular.
Autoría
A.J.S.
Grao en Bioloxía (3ªed)
A.J.S.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:15
20.02.2026 10:15
Resumo
Os protozoos parasitos pertencentes ao xénero Sarcocystis teñen unha bioloxía que implica a relación depredador presa, presentando nestes hospedadores unha localización intestinal e muscular, respectivamente. O lobo ibérico, Canis lupus signatus Linnaeus, 1758, é un carnívoro endémico da Península Ibérica, de comportamento xeneralista e depredador principalmente de ungulados, tanto salvaxes como domésticos. No presente traballo, investigouse a presenza de Sarcocystis en 68 mostras fecais de lobo ibérico recollidas en Galicia. Para iso, 1,5 g das mostras foron homoxeneizadas individualmente nun morteiro, filtráronse e concentráronse mediante centrifugación en tampón fosfato salino 0,04 M pH 7,2/éter etílico (2:1). Alícuotas de 10 uL dos sedimentos obtidos foron observadas por triplicado baixo microscopía de campo claro. Ademais, a partir de 200 uL dos sedimentos, extraéronse os ácidos nucleicos e realizouse unha técnica de reacción en cadea da polimerasa (PCR) para amplificar un fragmento do xene ssu-rDNA de Sarcocystis. A análise microscópica dos sedimentos revelou a presenza de esporocistos de Sarcocystis spp. en 16 das 68 mostras analizadas o que representa unha prevalencia do 23,5%, determinándose unha intensidade de infección media de 388,3 +/- 276,5 esporocistos/g de feces. A caracterización molecular dos illados obtidos permitiu identificar Sarcocystis asinus, Sarcocystis bertrami, Sarcocystis capreolicanis, Sarcocystis cervicanis, Sarcocystis cruzi, Sarcocystis linearis e Sarcocystis tenella. Para estas especies os hospedadores intermediarios son gando vacún e ovino así como équidos e cérvidos. O presente estudo demostra que este parasito está amplamente distribuído entre os animais que forman parte da cadea trófica do lobo, e pon de manifesto o papel deste cánido como diseminador da sarcocystose, principalmente entre os ruminantes domésticos mantidos en réxime de explotación extensiva.

ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Titoría)
COUSO PEREZ, SEILA Cotitoría
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Titoría)
COUSO PEREZ, SEILA Cotitoría
Tribunal
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Obtención de protoplastos a partir de embrións somáticos de vide (Vitis vinifer L.).
Autoría
C.M.S.
Grao en Bioloxía (3ªed)
C.M.S.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:15
20.02.2026 10:15
Resumo
A vide (Vitis vinifera L.) é unha especie de gran relevancia económica a nivel mundial, pero moi vulnerable aos efectos do cambio climático. Esta situación pon de manifesto a necesidade de aplicar técnicas de mellora xenética dos cultivos. Para iso, os protoplastos representan un dos sistemas máis axeitados, especialmente para a aplicación de técnicas biotecnolóxicas como o CRISPR/Cas (Clustered Regularly Interspaced Short Palindromic Repeats). Neste traballo aplicouse un protocolo establecido de illamento de protoplastos compatible coa edición xénica mediante CRISPR/Cas a partir de agregados de embrións somáticos de vide do cultivar Mencía e de explantos foliares do cultivar Godello. Estimouse o rendemento do proceso e a viabilidade dos protoplastos obtidos. Estes cultiváronse empregando o método de cultivo en disco: gotas de medio sólido Nitsch e Nitsch (NN) suplementado con ácido naftalenoacético, 6-bencilaminopurina, sacarosa, glicosa e gelrite, rodeadas de medio líquido NN coa mesma composición, pero sen gelrite e con carbón activo. Mantivéronse nunha cámara de crecemento en escuridade, con recambio periódico do medio líquido NN sen glicosa. Realizouse o seguimento do desenvolvemento e da evolución dos protoplastos durante 3/4 meses. Os resultados obtidos demostraron que o método de illamento de protoplastos resultou eficaz. Observouse a división e evolución dos protoplastos a partir de ambos os tipos de explantos. Porén, en ningún dos casos se acadou o estado de desenvolvemento embrionario esperado segundo estudos previos. Isto expón a necesidade de manter os protoplastos en cultivo durante un período máis prolongado, de 6 a 12 meses. Por outra banda, tamén podería ser necesario axustar as condicións e o medio de cultivo, xa que a indución da embrioxénese somática é altamente dependente do xenotipo e do explanto.

FERRADAS RIAL, YOLANDA (Titoría)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Titoría)
Tribunal
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Papel da microbiota intestinal na patogénesis e tratamento da colitis pseudomembranosa
Autoría
P.R.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
P.R.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:15
20.02.2026 10:15
Resumo
A microbiota intestinal constitúe unha barreira esencial contra a colonización por patóxenos ao limitar os recursos e o espazo dispoñibles, polo que manter o seu equilibrio (eubiosis) é esencial para previr as infeccións intestinais. O uso de antibióticos provoca a rotura deste equilibrio e é o principal factor de risco para a colonización polo patóxeno Clostridioides difficile e o desenvolvemento da colite pseudomembranosa. O obxectivo deste estudo foi realizar unha revisión bibliográfica para describir as alteracións na microbiota que se producen durante a infección por C. difficile, analizar o impacto das cepas hipervirulentas desta bacteria e comparar a eficacia dos diferentes tratamentos dispoñibles. Os datos indican que a infección caracterízase principalmente pola perda de bacterias produtoras de butirato e por unha alteración no metabolismo dos ácidos biliares. Este ambiente disbiótico é aproveitado por cepas hipervirulentas como o ribotipo 027, que agravan a patoloxía mediante a produción masiva de toxinas. Aínda que a terapia antibiótica convencional é inicialmente eficaz, non permite a restauración da eubiosis, o que mantén o paciente nun estado de vulnerabilidade e conduce a altas taxas de recorrencia. En contraste, o uso de terapias alternativas como o trasplante de microbiota fecal ou os probióticos permite a recuperación da diversidade microbiana e das funcións defensivas do cólon. Estes achados subliñan a necesidade dun cambio de paradigma cara a terapias personalizadas baseadas na biotecnoloxía e na nutrición clínica.

LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)