Estudo de biodispoñibilidade e metabolismo de bisfenol A e ftalatos en modelos murinos
Autoría
B.A.L.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]

Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
O material plástico ao que estamos expostos diariamente adoita conter aditivos químicos que melloran as súas características fisicoquímicas, mais ultimamente descubriuse que moitos destes compostos poden producir efectos tóxicos no organismo. Neste traballo, seleccionáronse oito ftalatos e o bisfenol A para a administración oral a ratas Wistar coa fin de investigar a súa biodispoñibilidade. Estudáronse os compostos tanto libres (en disolución) como asociados a microplásticos, e obtivéronse mostras de plasma até 72 horas post-exposición. Logo, desenvolveuse unha metodoloxía analítica que permitiu extraer selectivamente as substancias escollidas da matriz biolóxica mediante un protocolo con desconxugación encimática e concentración das mostras. Finalmente, estas inxectáronse nun equipo de cromatografía líquida de ultra-alta resolución acoplada a espectrometría de masas co uso de dúas metodoloxías de adquisición para detectar, por unha banda, os niveis de concentración de ftalatos precursores e, por outra, os de ftalatos metabolitos e bisfenol A. Así, puideron calcularse parámetros toxicocinéticos e comparar estatísticamente os grupos experimentais. Comprobouse que os ftalatos e bisfenol A se atopan biodispoñibles tras a súa administración, e que se transforman no organismo coa conseguinte formación de metabolitos. Colectivamente, as concentracións plasmáticas dos ftalatos de cadea éster curta superaron ás dos de cadea longa (máis hidrófobos), que poderían presentar unha biodispoñibilidade máis limitada. Ao comparar o grupo que recibiu os compostos libres co que os recibiu adsorbidos en microplásticos, globalmente non houbo diferenzas nin para o bisfenol A nin para os ftalatos de cadea éster curta ou moi longa. Porén, estas foron significativas para algúns metabolitos ftalatos cunha cadea de seis a oito átomos de carbono, en cuxo caso a biodispoñibilidade resultou potenciada pola adsorción a polietileno. Isto é destacable dada a exposición continua á que nos sometemos e a súa perigosidade para a saúde, e salienta a necesidade de maior control e aposta por opcións máis seguras.

Dirección
RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Titoría)
ESTEVEZ DANTA, ANDREA Cotitoría

Tribunal
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
Os alxinatos como compoñente estrutural en paredes celulares sintéticas de algas pardas: impacto do procesado nas propiedades reolóxicas
Autoría
M.A.P.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
M.A.P.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
As algas pardas constitúen unha fonte relevante de polisacáridos estruturais con alto interese biotecnolóxico, entre os que destacan os alxinatos polo seu papel clave nas propiedades mecánicas, reolóxicas e funcionais da parede celular. Estudouse o papel do alxinato como compoñente estrutural en sistemas modelo da parede celular das algas pardas, avaliando o impacto do procesado sobre as súas propiedades fisicoquímicas e funcionais. Empregáronse hidroxeles de celulosa bacteriana como modelo simplificado de parede celular, combinados con dous tipos de alxinato (A e B) que difiren no contido de ácido beta-D-manurónico (M) e alfa-L-gulurónico (G), determinantes para a capacidade de xelificación e a rixidez. Analizouse o efecto do tratamento térmico a 90 C, ultrasóns e os procesos de liofilización e rehidratación sobre a viscoelasticidade, a resistencia mecánica e a capacidade de retención de auga dos hidroxeles. As propiedades mecánicas e reolóxicas caracterizáronse mediante ensaios de compresión e oscilación para avaliar a contribución do alxinato á rixidez e á estabilidade estrutural da matriz de celulosa. Ademais, aplicouse un protocolo de dixestión in vitro (INFOGEST) para analizar a estabilidade dos sistemas fronte a condicións gastrointestinais simuladas. Así mesmo, analizáronse as propiedades reolóxicas de dispersións da alga parda Saccharina latissima, rica en alxinatos, co fin de avaliar o incremento da viscosidade en función da concentración. Os resultados indican que o alxinato modifica o comportamento mecánico e reolóxico dos hidroxeles, variando segundo o tipo de alginato e o tratamento aplicado. Os resultados tamén mostraron que o comportamento reolóxico das dispersións de Saccharina latissima é semellante ao das dispersións vexetais. Estes resultados ofrecen unha comprensión máis profunda do papel do alxinato nas algas pardas e proporcionan información valiosa para optimizar o procesado de biomateriais e desenvolver ingredientes funcionais sostibles con propiedades reolóxicas melloradas.

CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Titoría)
LOPEZ SANCHEZ, PATRICIA Cotitoría
CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Titoría)
LOPEZ SANCHEZ, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
Captura de microplásticos na auga mediante substancias exopoliméricas microbianas
Autoría
O.F.B.P.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
O.F.B.P.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
Os microplásticos (MPs) constitúen unha preocupación global emerxente pola súa acumulación e dano persistente en ecosistemas acuáticos. Dos microorganismos que normalmente colonizan estos MPs en biopelículas, denominadas platiesfera, aisláronse bacterias e microalgas con potencial de biodegradación; non obstante, non existen métodos sostibles para capturar e eliminar estos MPs das augas. Neste traballo aisláronse e identificáronse cepas bacterianas coa capacidade de agregar MPs en suspensión a partir de mostras de plástico recollidas de auga de río, o que serve como precedente para o desenvolvemento de ferramentas biotecnolóxicas para a captura de MPs. Estas cepas probáronse en distintas condicións para observar cómo distintos parámetros coma o tempo de incubación, axitación, disponibilidade de nutrintes, concentración de células bacterianas ou a presenza doutras bacterias con capacidade de agregación afectan á captura dos MPs. Entre os aislados deste cribado, a Bacillus sp. K8 mostrou a mellor capacidade de agregación de MPs tras 48h de incubación en axitación, conseguindo ata un 98% de eliminación de microesferas de poliestireno, comparable á cepa representativa dun cribado anterior realizado polo equipo, a Pseudomonas parakoreensis A16. Por último, co obxectivo de estudar o efecto da agregación na biodegradación dos plásticos, realizouse unha proba de concepto transformando a cepa P.parakoreensis A16 co xen FAST-PETasa de degradación de PET.

ROMERO BERNARDEZ, MANUEL (Titoría)
OTERO CASAL, ANA MARIA Cotitoría
ROMERO BERNARDEZ, MANUEL (Titoría)
OTERO CASAL, ANA MARIA Cotitoría
Tribunal
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
Análise Molecular e Celular en Dermatite Atópica: Identificación de Biomarcadores e Dianas Terapéuticas con Enfoque en Inflamación e Fibrose
Autoría
E.C.G.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
E.C.G.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
A dermatite atopica e unha enfermidade inflamatoria cronica que afecta a pel con diferentes graos de intensidade Neste traballo trataranse os fenotipos de dermatite clasica e prurigo nodular en contexto atopico As persoas con dermatite atopica presentan alteracions inmunoloxicas e na barreira epidermica o que desemboca en inflamacion permanente e nun alto risco de entrada de patoxenos e alerxenos Ademais a fibrose e frecuente e dificulta a rexeneracion funcional do tecido A pesar destas caracteristicas desconhecense con exactitude as diferenzas entre dermatite atopica e prurigo nodular O obxectivo deste traballo e atopar biomarcadores potenciais especificos para a dermatite atopica clasica e o prurigo nodular mediante a caracterizacion das diferenzas moleculares e celulares na inflamacion cronica destes fenotipos A metodoloxia aplicada consistiu na analise por citometria de fluxo de mostras de sangue venosa de individuos sans e pacientes con dermatite atopica clasica ou prurigo nodular, asi como nunha analise proteomica preliminar de biopsias de tecido san e lesional en individuos con dermatite atopica Os datos de citometria de fluxo revelaron niveis mais altos de eosinofilos totales e unha maior proporcion de eosinofilos inflamatorios nos fenotipos atopicos en comparacion cos controis sans Ademais o perfil eosinofilico destes pacientes caracterizouse por unha activacion elevada do marcador IL3Ra e unha diminucion do marcador IL5Ra Na analise proteomica detectouse unha reducion significativa de proteinas asociadas a diferenciacion de queratinocitos KRT2 KRT10 e de caracter antiinflamatorio familia SLRP na pel lesionada en comparacion coa pel sa En base aos resultados obtidos neste estudo piloto evidenciase a necesidade de profundar nos mecanismos proinflamatorios mediante unha poboacion de estudo mais ampla que permita detectar diferenzas claras entre a dermatite atopica clasica e o prurigo nodular

NIETO FONTARIGO, JUAN JOSE (Titoría)
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER Cotitoría

LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
O éxito nas reintroduccións de aves no continente europeo: Unha análise sobre a súa definición, factores de relevancia e casos concretos
Autoría
Á.C.M.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Á.C.M.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
26.02.2026 16:30
26.02.2026 16:30
Resumo
Nas últimas décadas os proxectos de reintrodución convertéronse nunha ferramenta amplamente utilizada na bioloxía da conservación. Non obstante, non existe un consenso amplo sobre que define o éxito dunha reintrodución. O presente traballo tivo como obxectivo establecer unha definición de éxito e analizar factores cualitativos e cuantitativos que puideran ter unha importancia nel. Para isto, realizouse unha revisión bibliográfica de diferentes proxectos de reintrodución de aves no continente europeo, empregando como 4 marco de referencia as liñas mestras desenvolvidas pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) en 2013. Analizáronse pormenorizadamente un total de 12 proxectos de reintrodución. Para isto, recompiláronse todos os parámetros posibles relacionados con cada proxecto, tanto cualitativos como cuantitativos. Isto permitiunos clasificalos en catro categorías de éxito en función de dous parámetros claves: a superación da fase de establecemento e a presenza ou ausencia de xestión activa. O resultado mostrou que un 25% dos proxectos se encadraron na categoría de “éxito total”, un 33% dentro de “éxito dependente”, outro 33% dentro de “en camiño” e un 8% dentro de “fracaso total”. De entre os parámetros cuantitativos analizados, ningún presentaba unha relevancia estatisticamente significativa. Por outra banda, a análise cualitativa dilucidou diversas características que puxeron de manifesto a heteroxeneidade de cada proxecto e a súa influencia para acadar o éxito. Conclúese, coa definición establecida, que todo proxecto de reintrodución require dunha planificación e xestión altamente específica, así como unha gran capacidade de adaptabilidade na toma de decisións no seu desenvolvemento para acadar o éxito. Suxírese, para futuras investigacións, establecer puntos de inflexión cuantitativos en número de exemplares reprodutores e tempo transcorrido, o que permitiría unha clasificación máis simplificada e medible.

Cordero Rivera, Adolfo (Titoría)
Cordero Rivera, Adolfo (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARCOS ANDRES (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)

Avaliación da eficacia antiparasitaria do peroximonosulfato fronte ao ciliado Philasterides dicentrarchi
Autoría
M.D.D.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
M.D.D.
Máster Universitario en Acuicultura (3ª Ed)
Data da defensa
06.02.2026 09:00
06.02.2026 09:00
Resumo
A escuticociliatose, causada polo protozoo ciliado Philasterides dicentrarchi, representa un dos desafíos sanitarios máis críticos para a acuicultura industrial do rodaballo (Scophthalmus maximus), especialmente en Galicia, onde se producen arredor de 10.000 toneladas deste peixe plano ao ano. Este endoparasito oportunista provoca una invasión sistémica no hospedador que cursa con ascite, ulceracións e necrose muscular, xerando un impacto económico devastador no sector. Debido á limitada eficacia dos tratamentos convencionais para o seu control, o obxectivo deste Traballo de Fin de Máster foi avaliar o peroximonosulfato (PMS), un potente oxidante, como unha alternativa desinfectante eficaz e segura. Para iso, a metodoloxía incluíu a adaptación dun cultivo de P. dicentrarchi a auga de mar, matriz seleccionada por combinar estabilidade química do composto e supervivencia dos trofozoítos. A eficacia escuticocida do PMS determinouse mediante a observación microscópica e a técnica de inclusión/exclusión do colorante vital fluoroxénico ioduro de propidio. Os resultados demostraron unha potente acción biocida, cunha dose letal media (DL50) de 0,85 mM tras unha hora de exposición, acadando a eliminación total a partir de 1,25 mM. A pesar de que a materia orgánica pode reducir parcialmente a súa eficacia polo consumo das especies reactivas do osíxeno, o tratamento mantivo o seu potencial desinfectante en condicións de alta carga orgánica. En termos de seguridade, os ensaios na liña celular Epithelioma Papulosum Cyprini revelaron unha ventá terapéutica favorable, cunha CC50 de 3,16 mM para o PMS activado e incluso menor para o PMS en solitario, garantindo a protección dos tecidos do hospedador. Finalmente, cabe mencionar que este estudo representa a primeira aproximación do PMS aplicado fronte a P. dicentrarchi, abrindo unha nova perspectiva na prevención da escuticociliatose.

LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Titoría)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
Optimización dun constructo CAR e produción de lentivirus
Autoría
M.F.R.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
M.F.R.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
As terapias con células T portadoras de receptores de antíxeno quiméricos (CAR-T) consolidáronse como una das estratexias máis eficaces en oncoloxía, especialmente nas neoplasias hematolóxicas. Porén, a súa aplicación en tumores sólidos e o seu desenvolvemento en contornas académicas continúan presentando retos importantes, tanto biolóxicos como técnicos, entre os que destaca a complexidade do proceso de fabricación. Neste contexto, a optimización da produción lentiviral e a validación funcional das células CAR-T xeradas constitúen pasos clave para mellorar a reproducibilidade e a viabilidade destas terapias. Neste Traballo Fin de Máster abordouse a optimización da produción de vectores lentivirais que codifican un CAR anti-claudina 18.2 desenvolvido nun contexto académico, así como a avaliación in vitro da actividade citotóxica destas células CAR-T. Para a produción lentiviral comparáronse distintos deseños experimentais que variaban o reactivo de transfección (PEI e TransIT-LT1), as proporcións de DNA plasmídico e a cantidade de reactivo empregada. A eficiencia de cada condición avaliouse mediante a transdución de células JURKAT e a análise da expresión do CAR por citometría de fluxo. Os resultados permitiron identificar como condición óptima o uso de 7.5 microlitros do reactivo TransIT-LT1 xunto coas distribucións de DNA plasmídico correspondentes ao deseño experimental B. Finalmente, a funcionalidade das células CAR-T anti-claudina 18.2 avaliouse mediante o ensaio HiBiT Target Cell Killing Bioassay, confirmándose unha actividade citotóxica específica fronte a células diana claudina 18.2 positivas.

SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Boquete Vilariño, Lorena Cotitoría
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Boquete Vilariño, Lorena Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Estudo computacional da interacción e recoñecemento entre marcas epixenéticas das histonas e o dominio YEATS
Autoría
N.F.E.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
N.F.E.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
Os dominios YEATS participan no recoñecemento de modificacións postraduccionais das lisinas nas histonas e desempeñan un papel clave na regulación da expresión xénica. Neste traballo, empregáronse simulacións computacionais para estudar a interacción entre a lisina 9 da histona H3 (H3K9) modificada por acetilación, crotonilación, butirilación e benzoilación co dominio YEATS da proteína humana AF9, incluíndo unha análise comparativa co seu homólogo Taf14 de lévedos no caso da crotonilación. Realizáronse simulacións de dinámica molecular de 100 ns para avaliar a estabilidade estrutural, a dinámica conformacional e as interaccións non covalentes. Os complexos mostraron unha elevada estabilidade con flutuacións moderadas. A análise xeométrica confirmou o papel clave dos residuos aromáticos F28, F59 e Y78 no peto de unión, que permiten unha interacción pi esencial para o apilamento coa lisina modificada nunha conformación tipo sándwich. Ademais, o residuo Y78 establece un enlace de hidróxeno coa lisina modificada, contribuíndo de maneira decisiva á estabilización do complexo. As distintas acilacións xeran patróns de interacción específicos en función da hidrofobicidade, do volume e da carga da cadea lateral resultante. Observouse unha maior estabilización nos complexos crotonilados e benzoilados, asociada á maior rixidez e volume destas modificacións. No caso crotonilado de AF9, a mutación Y78W incrementa notablemente a atracción, reproducindo o comportamento do homólogo Taf14, cuxo peto máis aberto favorece interaccións máis intensas. En conxunto, este estudo fornece unha descrición detallada dos mecanismos estruturais e enerxéticos implicados no recoñecemento altamente selectivo de diversas marcas epixenéticas polo dominio YEATS.

Uso de algas diatomeas como bioindicadoras do estrés por metais pesados. Análise exploratoria das capacidades da espectroscopía Raman.
Autoría
A.G.O.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
A.G.O.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
26.02.2026 16:30
26.02.2026 16:30
Resumo
Este estudo avalía a espectrosopía Raman como ferramenta de diagnóstico ambiental fronte aso métodos taxonómicos tradicionais das diatomeas. Utilizouse o gradiente de contaminación por chumbo na fábrica de Pontesa (Pontevedra) como modelo. Empregouse un enfoque dual: análises ecolóxico-taxonómico e caracterización espectroscópica. Os resultados biolóxicos confirman que o índice de Simpson e mais sensible ao estres por chumbo que o de Shannon. O análise das teratoloxías suxire un efecto de exclusión por mortalidade aguda en zonas onde a contaminación é maior e máis accesible, impedindo a supervivencia dos individuos malformados. Metodolóxicamente, a fluorescencia orgánica e a interferencia do substrato do vidro supuxeron desafíos. O pretratamento químico permite obter espectros interpretables, aínda que eliminando a información metabólica (lípidos e pigmentos). A pesar do tamaño reducido da mostra (n = 37), o primeiro compoñente principal (PC1) explicou o 79.9 % da varianza, correlacionándose significativamente coa concentración de Pb e coa diversidade. O PC1 demostrou a integración dos sinais do contaminante e da resposta da comunidade. Conclúese que, ao optimizar os protocolos de preparación, a técnica Raman é unha ferramenta prometedora para a alerta temperá e o diagnóstico rápido do impacto ecolóxico, complementaria á monitorización tradicional.

LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Titoría)
LAZZARI , MASSIMO Cotitoría
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Titoría)
LAZZARI , MASSIMO Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARCOS ANDRES (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)
GONZALEZ GONZALEZ, MARCOS ANDRES (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)
Estudo do papel das mitofusinas na mielinización
Autoría
M.L.G.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
M.L.G.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
20.02.2026 12:00
20.02.2026 12:00
Resumo
A mielinización é un proceso indispensable para a correcta transmisión do impulso nervioso e o funcionamento do organismo dos vertebrados. Defectos nas vaíñas de mielina poden producir transtornos neurolóxicos moi debilitantes como a enfermidade de Charcot Marie Tooth. Estas vaíñas de mielina son elaboradas polas células de Schwann no sistema nervioso periférico, nun proceso altamente demandante a nivel metabólico. Noutros tipos celulares observouse unha remodelación mitocondrial durante a diferenciación, para cumprir coas necesidades metabólicas requeridas. A remodelación está mediada, entre outras, polas MFN1/MFN2, as cales se encargan de controlar o proceso de fusión da membrana externa das mitocondrias. En estudos previos, observouse que o proceso de mielinización colapsa en ratos que non presentan copias dos xenes de Mfn1 e Mfn2 nas células de Schwann. Porén, ratos que conservan ambas copias de Mfn1 ou ambas copias de Mfn2 únicamente, son viables e non presentan transtornos neurolóxicos. Na actualidade, non existen estudos en ratos que presentan únicamente un alelo de Mfn1 ou de Mfn2. Neste estudo encontramos que estes mutantes son capaces de iniciar o proceso de mielinización e son indistinguibles aos WT ata idades tardías onde comezan un proceso de desmielinización, ampliando así o noso coñecemento da importancia das MFN1/MFN2 no funcionamento das células de Schwann.

Woodhoo , Ashwin (Titoría)
VARELA REY, MARTA MARIA Cotitoría
Woodhoo , Ashwin (Titoría)
VARELA REY, MARTA MARIA Cotitoría
Tribunal
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
TDAH e Xénero: Unha exploración da camuflaxe social na idade adulta.
Autoría
A.S.L.P.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
A.S.L.P.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
20.02.2026 12:00
20.02.2026 12:00
Resumo
O Trastorno por déficit de atención/hiperactividade (TDAH) é un trastorno do neurodesenvolvemento caracterizado pola presenza dun patrón persistente de inatención e/ou hiperactividade/impulsividade. Estes trazos adoitan ter un comezo na infancia e perdurar ao longo da idade adulta, afectando ao funcionamento persoal, social, académico e/ou laboral (Asociación de Psiquiatría Americana, 2022). A súa prevalencia actual estímase arredor do 7,2% da poboación, nunha proporción de 2:1 de homes respecto das mulleres (APA, 2013). Con todo, actualmente considérase que existe un infradiagnóstico nas mulleres respecto dos homes, o que se fundamenta en: 1) As diferenzas de xénero na presentación da sintomatoloxía; 2) Sesgos de xénero por parte dos/as profesionais clínicos á hora de asignar un diagnóstico; e 3) por sesgos socioculturais que moldean as expectativas sobre a conduta. Ademais das dificultades para acceder a un diagnóstico certeiro e temperán no xénero feminino, o diagnóstico na idade adulta tamén resulta complexo. Isto débese, por unha banda, a que a hiperactividade tipicamente asociada ao trastorno de TDAH resulta menos frecuente na idade adulta que na infancia. Por outra banda, o camuflaxe, un fenómeno moi estudado no Trastorno do Espectro Autista (TEA), que consiste nun conxunto de comportamentos e estratexias que utilizan as persoas con diagnóstico para ocultar, enmascarar ou compensar os seus síntomas en situacións sociais (Hull et al., 2017) considérase relevante para analizar a experiencia das persoas adultas con TDAH. O camuflaxe provocaría diagnósticos máis tardíos e pode causar esgotamento cognitivo e emocional, ademais de dificultades na autoimaxe. O presente traballo pretende explorar o camuflaxe social nas persoas con diagnóstico de TDAH en comparación coa poboación xeral, así como tamén a súa comparación entre xénero feminino e masculino. Tamén se explorará a súa relación con distintos aspectos, como as estratexias de compensación, os trazos de TDAH, a idade do diagnóstico e o impacto na ansiedade social. Para iso recolleranse e analizaranse os datos de cuestionarios semiestruturados e/ou estruturados semicuantitativos, sendo tales: Entrevista semiestruturada que explora os mecanismos compensadores, elaborado por Julia de Castro Couce (2023); Adaptación Española da Escala de Camuflaxe social de Síntomas TDAH (E-CaSTDAH), elaborado por Wicherkiewicz e Gambin (2024); Attention Deficit/Hyperactivity Disorder Rating Scale (ADHD-RS), versión en español. (Richarte et al., 2017); e Escala de Ansiedade Social de Liebowitz (Liebowitz Social Anxiety Scale, LSAS) (Bobes et al., 1999; Liebowitz, 1987).

ARROJO ROMERO, MANUEL (Titoría)
FERNANDEZ PRIETO, MONSERRAT Cotitoría
ARROJO ROMERO, MANUEL (Titoría)
FERNANDEZ PRIETO, MONSERRAT Cotitoría
Tribunal
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
Extracción e caracterización de laminarina de Saccharina latissima como biopolímero para aplicacións na industria alimentaria
Autoría
M.L.A.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
M.L.A.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
A gran cantidade de residuos non biodegradables xerados polos envases tradicionais impulsou a busca de alternativas de orixe renovable que permitan avanzar cara a sistemas máis sostibles. Entre as opcións emerxentes, os biopolímeros derivados de algas destacan pola súa dispoñibilidade, perfil de seguridade e diversidade de polisacáridos funcionais. Neste traballo formulouse a obtención dunha fracción rica en laminarín a partir da macroalga parda Saccharina latissima, co dobre obxectivo de (i) establecer un protocolo reproducible de extracción e purificación mediante membranas e (ii) avaliar o seu potencial funcional para aplicacións en materiais en contacto con alimentos. A estratexia combinou hidrólise ácida suave (HCl 0,075 M; 70 C) asistida por ultrasóns, clarificación e ultrafiltración secuencial (300 - 30 - 10 - 5 kDa), considerando o retentado final de 5 kDa (U5R) como concentrado de interese (5 - 10 kDa) e obtendo un liofilizado final. O protocolo avaliouse baixo dúas relacións sólido:líquido (1:14 e 1:12). A recuperación tras a clarificación situouse arredor do 83-86% e o rendemento global do liofilizado U5R entre 1,40 e 1,93% (m/m), en función da condición. A caracterización composicional do U5R indicou unha presenza relevante de beta glucanos entre 14,89 e 22,24% (p/p, base seca). A fracción presentou actividade antioxidante moderada-alta, con inhibicións en DPPH entre 62,08 e 80,67% e en ABTS entre 63,01 e 94,38%, segundo a condición. Os perfís UV-Vis (200-400 nm), a colorimetría CIELAB e o FTIR-ATR foron consistentes cunha matriz predominantemente polisacárida que conserva co-extractos con contribución óptica. Como proba de concepto, incorporouse U5R (condición 1:12) en películas de PVA, observándose unha redución da transmitancia UV do material e cambios nas propiedades do film (humidade e resistencia á punción).

CAZON DIAZ, PATRICIA (Titoría)
LOPEZ SANCHEZ, PATRICIA Cotitoría
CAZON DIAZ, PATRICIA (Titoría)
LOPEZ SANCHEZ, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
Desenvolvemento, caracterización e evaluación preclínica de nanopartículas para terapias avanzadas.
Autoría
S.L.R.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
S.L.R.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
As terapias de células adoptivas e os sistemas de edición xenética como CRISPR/Cas9 son unha ferramenta innovadora para a creación de tratamentos máis eficaces contra o cancro e as enfermidades raras. Sen embargo, presentan unha serie de limitacións das cales destacaremos o uso de vectores virais que poden causar mutaxénesis insercional, efectos “off-target”, risco de inmunoxenicidade e procesos complexos de fabricación. Por isto, a nanotecnoloxía representa una solución poderosa a todas estas limitacións, permitindo xerar nanosistemas que se dirixan específicamente a un tipo celular, disminuíndo os efectos secundarios. Neste estudio propuxemos como obxectivo o desenvolvemento de nanopartículas lipídicas (LNPs) para o seu uso en edición xenética de linfocitos T e macrófagos. Comezouse encapsulando ARNm FLuc, ARNm eGFP, ARNm sgPLK1 con ARNm de Cas9 e ADNp CAR-GFP, e continuouse coa caracterización físico-química das LNPs resultantes. Lévaronse a cabo optimizacións do método de eficacia de encapsulación (EE%) directo, experimentos de transfección en liñas celulares inmortalizadas, Jurkat e THP-1, e en linfocitos T CD4+/CD8+ humanos primarios. Os resultados obtidos amosan que é posible obter LNPs DIVTECH con propiedades adecuadas para a asociación de diferentes tipos de ácidos nucleicos. Os ensaios para a cuantificación da EE% de forma directa, indican que é necesario continuar optimizando a metodoloxia, polo que, empregouse a cuantificación de forma indirecta. Ademais, confirmouse que as LNPs DIVTECH permiten transfectar exitosamente células Jurkat e linfocitos T CD4+/CD8+ primarios, mentres que presenta valores menores en células THP-1 diferenciadas a macrófagos M2. Estos resultados indicanos, que a nosa formulación DIVTECH, presenta un gran potencial para a liberación de diferentes moléculas a células do sistema inmunitario, sendo necesario facer axutes na composición para mellorar a eficiencia de transfección para cada tipo celular. Esto permitirá avanzar no deseño dunha terapia avanzada novedosa.

LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Titoría)
De la Fuente Freire, María Cotitoría
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Titoría)
De la Fuente Freire, María Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Xestionando a invasión de Tradescantia fluminensis: efectos sobre a diversidade e estrutura das comunidades de artrópodos na ribeira do río Tins
Autoría
A.L.G.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
A.L.G.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
26.02.2026 16:30
26.02.2026 16:30
Resumo
Tradescantia fluminensis tende a medrar formando tapizados densos que reducen a diversidade vexetal e modifican o microhábitat, súa composición difire claramente entre zonas invadidas e non invadidas. Este traballo ten como propósito estudar o impacto da xestión de T. fluminensis sobre as comunidades de artrópodos nun ecosistema de ribeira na Serra de Outes (Outes, A Coruña). Para iso, comparouse o efecto a curto prazo de métodos de control mecánico (corte da vexetación e retirada manual da invasora) mediante dous sistemas de mostraxe (trampas de caída e aspirador entomolóxico), que permiten avaliar grupos funcionais distintos. As trampas de caída mostraron que a retirada manual da invasora xera cambios na comunidade de artrópodos epixeos, mellorando temporalmente as súas condicións. Pola contra, o aspirador revelou que esa mesma intervención afecta de forma negativa aos artrópodos debido á redución da estrutura da vexetación, da cal dependen. O corte da vexetación actúa como unha perturbación máis suave. Ao comparar zonas invadidas e non invadidas sen ningún tipo de actuación, os resultados indican que T. fluminensis supón unha ameaza para a diversidade de artrópodos. En xeral, as técnicas de control poden ter efectos contrapostos e afectar a certos grupos de artrópodos fronte a outros. Recoméndase un control gradual para minimizar as perturbacións sobre a vexetación e a fauna asociada. Este control debería complementarse con medidas concretas de restauración ecolóxica, como a reintrodución de especies vexetais nativas, co fin de recuperar o microhábitat perdido. Ademais, a combinación de métodos de mostraxe (trampas de caída e aspirador entomolóxico) resulta necesaria para detectar con precisión respostas diferenciadas dos distintos gremios de artrópodos e avaliar con maior fiabilidade os efectos da xestión da planta invasora.

RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Titoría)
RODRIGUEZ PARRA, JONATAN Cotitoría
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Titoría)
RODRIGUEZ PARRA, JONATAN Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARCOS ANDRES (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)
GONZALEZ GONZALEZ, MARCOS ANDRES (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)
Análise dos patróns de actividade e riqueza observada de mesocarnívoros en dous hábitats forestis do ZEC Xubia-Castro (A Coruña).
Autoría
S.L.S.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
S.L.S.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
26.02.2026 16:30
26.02.2026 16:30
Resumo
Os mesocarnívoros constitúen un compoñente clave en moitos ecosistemas, especialmente en contextos onde as poboacións de grandes depredadores diminuíron, xa que xogan un papel importante na regulación das poboacións de presas, na dinámica das redes tróficas e no control de pragas. Ademais, os seus patróns de actividade e uso do espazo responden a factores ambientais e antrópicos, o que os convirte en bos indicadores do estado dos ecosistemas. Co fin de avaliar como as características do hábitat inflúen nestes patróns, o presente traballo analizou os patróns de actividade e a riqueza observada de mesocarnívoros en dúas parcelas con caracterísicas ecolóxicas diferentes (carballeira galaico-portuguesa e piñeiral con turbeiras altas) situadas no ZEC Xubia-Castro (A Coruña), mediante fototrampeo durante 87 días (2349 noites-trampa). O obxectivo do estudo foi analizar se a riqueza observada de mesocarnívoros era maior na carballeira e se o patrón de actividade diaria de Vulpes vulpes mudaba entre hábitats. Obtivéronse 34.124 imaxes, das cales 548 corresponderon a mesocarnívoros, rexistrándose unha diferenza significativa entre a riqueza observada por cámara na carballeira e no piñeiral. Paralelamente, o raposo mostrou un patrón de actividade maioritariamente nocturno en ambas parcelas, cun elevado solapamento temporal e sen diferenzas significativas entre hábitats. Estes resultados suxiren que a estrutura e o grao de perturbación do hábitat poden influír na riqueza observada de mesocarnívoros, mentres que a actividade temporal dunha especie xeneralista como Vulpes vulpes se mantén relativamente estable en ambientes ecoloxicamente distintos. Nembargantes, o reducido tamaño mostral no resto das especies detectadas (Martes martes, Genetta genetta, Meles meles e Mustela putorius) impediu analizar comparativamente os seus patróns de actividade entre hábitats, restrinxindo así a xeneralización dos resultados ao conxunto da comunidade. Ademais, a elevada presenza de gando no piñeiral, cuxo efecto non foi avaliado explicitamente, limita a capacidade de xeneralización destes resultados e pon de manifesto a necesidade de considerar este factor en futuras investigacións.

Disección dos circuitos subxacentes a estrés crónico de distintas orixes
Autoría
T.M.C.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
T.M.C.
Máster Universitario en Neurociencia (2ª ed)
Data da defensa
20.02.2026 12:00
20.02.2026 12:00
Resumo
O estrés, pode volverse crónico e patolóxico e contribuír ao desenvolvemento de trastornos crónicos da ansiedade e do estado de ánimo, o que pode xerar efectos negativos no cerebro. Aínda que as vías de resposta ao estrés, na que participan o eixe hipotalámico-hipofisario-adrenal e diferentes rexións do cerebro, como a amígdala ou a cortiza prefrontal, están ben caracterizadas, aquelas distincións entre estrés cando este se xera por estresores diferentes non están claras. Así mesmo, os trastornos do estado do ánimo asociados ao estrés diagnostícanse de maneira diferente en homes e mulleres, aumentando o diagnóstico en fases de transición hormonal e suxerindo a potencial interacción entre as hormonas sexuais e os circuítos de resposta ao estrés. Por iso, neste traballo téntanse dilucidar os circuítos subxacentes a estrés crónico de diferentes naturezas, así como os posibles dimorfismos sexuais presentes neles. Para iso, estudáronse 35 ratos sometidos a tres paradigmas de estrés crónico diferentes (natación forzada, restrición do movemento e derrota social) ou mantidos en condicións de repouso. A súa actividade cerebral foi analizada mediante inmunomarcaxe, clarificación e microscopía light-sheet, xunto co software ClearMap, obténdose táboas de datos estatísticos que foron substrato para a análise deste traballo. Os resultados amosan que existen áreas de activación diferentes nos distintos paradigmas de estrés, e que existe unha maior activación xeral do cerebro en condicións de estrés, comparado coa situación de repouso. Así mesmo, obsérvase que existe un patrón de activación cerebral diferente en machos e femias, coincidindo en gran medida con áreas susceptibles á modulación por hormonas sexuais.

Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Titoría)
VIEITES PRADO, ALBA Cotitoría
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Titoría)
VIEITES PRADO, ALBA Cotitoría
Tribunal
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
Deseño da validación da simulación do proceso aséptico para a fabricación dunha terapia celular baseada en linfocitos T específicos fronte CMV
Autoría
E.M.C.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
E.M.C.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
A terapia con células T virus-específicas podería ser a solución en pacientes inmunodeprimidos fronte ó desenvolvemento de infeccións virais comúns, como o citomegalovirus, en lugar de recorrer ao uso de fármacos antivirais, causantes de multitude de efectos adversos. Este tipo de terapias celulares está sendo probada en numerosos ensaios clínicos, como o Inmunocell-CTMV-2019 do Sistema de Terapias Avanzadas de Cantabria, que desenvolveu unha terapia con células CMV-específicas destinada a pacientes sometidos a transplante de proxenitores hematopoiéticos. De cara á produción real do fármaco, é preciso levar a cabo un proceso coñecido como Media Fill, no que se reproducen con fidelidade as etapas que require a fabricación, mais substitúense os materiais e reactivos por outros dun formato e presentación semellante, pero que permiten o crecemento de microorganismos. O Media Fill permite avaliar se os procedementos empregados producirían ou non un produto final aséptico, acaído para o seu subministro terapéutico a un paciente. O presente traballo propón un modelo de deseño de Media Fill para o Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia, así como amosa os resultados obtidos nunha simulación real nas súas instalacións, co obxectivo de que no futuro e tras a realización das tres simulacións asépticas consecutivas validadas necesarias, poida converterse nun centro produtor da terapia.

López Lorenzo, Nuria Cotitoría
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
López Lorenzo, Nuria Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Papel do splicing alternativo de Myo6 nas funcións das células de Schwann
Autoría
P.O.F.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
P.O.F.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
A miosina VI (MYO6) é unha miosina non convencional cun papel esencial no tráfico vesicular e a dinámica do citoesqueleto de actina. A diferenza doutras miosinas, MYO6 desprázase cara ao extremo negativo do filamento de actina, o que lle confire funcións específicas en procesos como a endocitosis e a secreción. Diversos estudos demostraron que o splicing alternativo en Myo6 xera isoformas con localización e funcións diferenciadas; con todo, o papel destes eventos nas células de Schwann durante a mielinización permanece sen caracterizar. Mediante unha análise in silico previo identificouse un evento específico de splicing alternativo en Myo6 como candidato de interese en células de Schwann. Devandito evento foi validado experimentalmente en cultivos in vitro destas células e en nervio periférico lesionado, así como en condicións promielinizantes in vitro inducidas pola activación da vía do AMPc. Mediante técnicas de RT-PCR e RT-qPCR analizouse a regulación do splicing alternativo e a expresión génica total de Myo6, xunto cun conxunto de xenes candidatos funcionalmente relacionados seleccionados neste estudo. Os resultados mostraron que Myo6 presenta un splicing alternativo detectable e que a activación da vía do AMPc regula de forma reproducible o evento analizado. Á súa vez, o tratamento con AMPc afecta significativamente os niveis de expresión de Myo6 e os seus xenes relacionados Uspl1, Vldlr e Sun1, mentres que Ptpdc1 non mostrou cambios relevantes. Ademais, os cambios observados a nivel transcriptómico en Myo6 acompañáronse dun aumento significativo da proteína MYO6, así como da detección de múltiples formas proteicas. En conxunto, estes resultados apoian que o splicing alternativo de Myo6 constitúe un mecanismo de regulación postranscripcional potencialmente relevante na plasticidade funcional das células de Schwann, especialmente en contextos asociados a mielinización.

Woodhoo , Ashwin Cotitoría
RIOBELLO SUAREZ, CRISTINA Cotitoría
ROMERO BERNARDEZ, MANUEL (Titoría)
Woodhoo , Ashwin Cotitoría
RIOBELLO SUAREZ, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
Senescencia inducida en hepatocitos humanos e a súa influencia sobre p107.
Autoría
L.O.V.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
L.O.V.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
A enfermidade de fígado graxo asociada a disfunción metabólica (MASLD) é unha patoloxía en continuo aumento, cuxa prevalencia se incrementa coa idade. Recentes estudos relacionan senescencia con progresión da enfermidade hepática ao asociarse a acumulación de células senescentes con maior depósito lipídico e disfunción metabólica. Sen embargo, os modelos de senescencia en hepatocitos humanos seguen sendo pouco explorados. Por outra parte, a asociación de reguladores do ciclo celular e a súa relación co metabolismo lipídico e senescencia comezou a xurdir. Dentro deles, p107 proteína da familia RB e do que se demostrou ter un papel relevante no metabolismo lipídico suscitou o noso interese. O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Máster será desenvolver e optimizar un modelo de senescencia inducida polo quimioterápico doxorrubicina en hepatocitos humanos (HepG2 e THLE-2) e estudar a posible influenza de p107 durante este proceso. Para iso, avaliaranse diferentes condicións de tratamento e maduración, coa caracterización do seu fenotipo senescente e estudar a influenza de p107 durante este proceso. O establecemento dun modelo celular fiable permitirá estudar en futuras fases, como a senescencia hepática e p107 poden influír na aparición e desenvolvemento de MASLD.

TOVAR CARRO, SULAY AMPARO Cotitoría
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
TOVAR CARRO, SULAY AMPARO Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Caracterización dunha poboación de arcea (Scolopax rusticola) no seu límite suroccidental de distribución mediante seguimento acústico pasivo e modelización do nicho ecolóxico.
Autoría
I.O.L.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
I.O.L.
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Data da defensa
26.02.2026 16:30
26.02.2026 16:30
Resumo
A arcea (Scolopax rusticola) é unha especie de difícil detección e censo, distribuída na Península Ibérica principalmente nas áreas montañosas da súa metade norte. En Galicia, a especie é moi escasa e as súas poboacións reprodutoras están protexidas baixo a categoría de vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Recentemente, detectouse unha poboación illada na Terra Chá. Para estudala, elaborouse un protocolo de mostraxe mediante seguimento acústico pasivo, que permitiu identificar 20 puntos con presenza da especie, ampliando a súa distribución galega en 11 cuadrículas de 10x10 km, supoñendo un incremento do 157 por cento na área coñecida. As novas técnicas de procesamento de audio mediante BirdNET permitiron extraer o patrón de actividade reprodutora da arcea e estimar entre 30 e 67 machos activos. A partir dos puntos de presenza obtidos, modelizouse a súa distribución na Terra Chá, resultando nun modelo con elevada capacidade predictiva, que identificou aproximadamente 6000 hectáreas de hábitat adecuado, constituído principalmente por bosques aluviais. As variables máis explicativas foron a rugosidade, o NDWI medio e a cobertura de frondosas. Ademais, avaliouse o grao de protección legal do hábitat da arcea mediante análise GAP, comparando as áreas actualmente protexidas coa ampliación proposta da Rede Natura 2000 pola Xunta de Galicia. As zonas actualmente protexidas inclúen só o 17,9 por cen do hábitat potencial identificado, porcentaxe que ascendería ao 31,6 coa ampliación proposta, indicando que as áreas protexidas actuais non constitúen unha ferramenta eficaz para a conservación deste núcleo poboacional. A comparación da poboación chairega de Scolopax rusticola co resto de núcleos ibéricos, mediante unha modelización ensamblada da distribución a escala peninsular e análise dos rangos altitudinais ocupados, permitiu confirmar o interese bioxeográfico desta poboación de baixa altitude. Esta singularidade explicase pola particular hidroloxía e xeomorfoloxía da Terra Chá, que favorecen o desenvolvemento de condicións edáficas e de hábitat normalmente asociadas a altitudes moito máis elevadas, permitindo a existencia deste núcleo poboacional no límite da distribución da especie.

SERRANO PEREZ, LUIS MIGUEL (Titoría)
Cabana Otero, Martiño Cotitoría
HERMIDA LORENZO, ROBERTO JESUS Cotitoría
SERRANO PEREZ, LUIS MIGUEL (Titoría)
Cabana Otero, Martiño Cotitoría
HERMIDA LORENZO, ROBERTO JESUS Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARCOS ANDRES (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)
GONZALEZ GONZALEZ, MARCOS ANDRES (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)
Diverxencia radical impulsada polo metal: Cu e Co como directores de rutas redox en modelos bioinorgánicos
Autoría
M.R.P.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
M.R.P.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Máster preséntase un estudo comparativo sobre a influencia da identidade metálica na activación redox dun ligando fenólico potencialmente non inocente. Para iso, empregouse un ligando amina bis(fenolato), que foi sintetizado e caracterizado, e desenvolveuse unha metodoloxía de síntese electroquímica baseada no uso de ánodos metálicos consumibles para a obtención de complexos neutros de cobalto e cobre. O ligando compórtase como un sistema electrónicamente inocente en estado libre, actuando como un marco estrutural latente cuxa reactividade redox só se activa tras a coordinación metálica. A caracterización estrutural e espectroscópica dos complexos obtidos revela un comportamento redox claramente dependente do metal. No sistema de cobalto, a electrólise conduce inicialmente a un complexo de CoII que evoluciona espontaneamente en aire cara a unha especie CoIII semiquinona, na que se estabiliza un estado radicalario centrado no ligando. Pola contra, o sistema de cobre non permite a estabilización de especies radicalarias persistentes, promovendo procesos de activación oxidativa transitoria que conducen á transformación irreversible do ligando e á formación dun complexo cun fragmento aldehido. A comparación directa de ambos sistemas demostra que a identidade metálica dirixe de forma decisiva as rutas redox accesibles. Desde unha perspectiva bioinorgánica, estes resultados constitúen modelos sintéticos simples pero informativos para racionalizar estratexias oxidativas diverxentes en sistemas con ligandos fenólicos, en analoxía conceptual con metaloencimas dependentes de cobalto e cobre.

RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Titoría)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA Cotitoría
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Titoría)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Estudo de compostos de orixe natural en canles TRPV1
Autoría
U.R.R.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
U.R.R.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
A intoxicación por ciguatera (CFP) é unha enfermidade transmitida por alimentos causada polo consumo de produtos mariños contaminados con ciguatoxinas (CTXs). A incidencia da CFP aumentou nos últimos anos como consecuencia do cambio climático e da expansión xeográfica de microalgas produtoras de toxinas. A CFP caracterízase por unha ampla variedade de síntomas gastrointestinais, cardiovasculares e neurosensoriais, moitos dos cales aínda non teñen unha explicación fisiopatolóxica. De xeito semellante, a intoxicación neurotóxica por mariscos (NSP), causada polas brevetoxinas (BTXs), presenta unha sintomatoloxía neurolóxica comparable. Aínda que o principal mecanismo de acción descrito para as CTXs e as BTXs é a activación dos canais de sodio dependentes de voltaxe, este mecanismo non explica por completo a diversidade e a persistencia dalgúns síntomas sensoriais asociados a ambas intoxicacións. No presente traballo investigouse o efecto de P-CTX-3C e de BTX-3 sobre os canais humanos do receptor de potencial transitorio vaniloide tipo 1 (TRPV1), un canal iónico implicado na percepción da dor, da temperatura e en procesos inflamatorios. Para iso, realizáronse estudos electrofisiolóxicos en células HEK293 que expresan o receptor TRPV1 humano, avaliando a modulación do canal baixo distintas condicións fisiolóxicas. Os resultados obtidos mostraron que P-CTX-3C potencia significativamente a actividade do receptor TRPV1, efecto que se ve amplificado en condicións de pH ácido, estrés oxidativo, aumento do ATP intracelular e en presenza do ligando endóxeno anandamida. Estas condicións incrementaron a amplitude das correntes do canal e desprazaron a súa activación cara a potenciais máis hiperpolarizados. Pola contra, a BTX-3 non mostrou efectos directos sobre o receptor TRPV1. Non obstante, a combinación de BTX-3 con P CTX-3C mostrou un efecto alostérico, activando de maneira significativa os canais TRPV1.

VALE GONZALEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
VALE GONZALEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Resposta do dinoflaxelado tóxico Alexandrium minutum ao quecemento do océano: variacións no crecemento, fisioloxía e produción de toxinas
Autoría
E.S.C.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
E.S.C.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
Data da defensa
27.02.2026 10:00
27.02.2026 10:00
Resumo
O quecemento oceánico é un dos principais factores asociados a cambios na proliferación e fisioloxía de dinoflaxelados tóxicos como Alexandrium minutum, especie responsable de floracións nocivas recorrentes nas Rías Baixas. Neste traballo avaliouse a resposta dunha cepa local illada na ría de Pontevedra fronte a diferentes escenarios de incremento da temperatura, analizando o crecemento, o estado fisiolóxico e a produción de toxinas. Os resultados amosaron que a resposta ao quecemento dependeu da intensidade e da duración da exposición. Un incremento moderado da temperatura non produciu efectos significativos, mentres que unha exposición prolongada a unha temperatura máis elevada reduciu a capacidade de crecemento e afectou diversos parámetros fisiolóxicos, especialmente tras un evento de dilución. Así mesmo, observáronse variacións na composición pigmentaria compatibles con procesos de fotoprotección fronte ao estrés. A produción de toxinas non aumentou coa temperatura e, en xeral, mantívose en niveis moi baixos durante o experimento. En conxunto, estes resultados indican que, aínda que esta cepa amosa tolerancia a incrementos moderados de temperatura, unha exposición prolongada a condicións térmicas elevadas pode comprometer o seu rendemento fisiolóxico. Non obstante, a resposta desta especie depende da interacción entre múltiples factores ambientais, polo que o efecto do quecemento non pode interpretarse de forma illada. Estes resultados contribúen a mellorar a comprensión da resposta de A. minutum nun contexto de cambio climático

DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Titoría)
Garrido Valencia, José Luis Cotitoría
GOMES TEIXEIRA, ISABEL CRISTINA Cotitoría

BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)

Estudo da ecoloxía trófica do mesozooplancton no noroeste da Península Ibérica mediante a utilización de distintos biomarcadores
Autoría
P.S.S.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
P.S.S.
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
Data da defensa
27.02.2026 10:00
27.02.2026 10:00
Resumo
Este traballo estuda a ecoloxía trófica do mesozooplancton no noroeste da Península Ibérica, en dúas rexións con réximes oceanográficos contrastados: Galicia, caracterizada por un afloramento costeiro máis intenso e recorrente, fronte ao mar Cantábrico, cunha dinámica máis estratificada. A hipótese de traballo é que zonas con maior influencia do afloramento costeiro mostrarán diferenzas nas fontes de nutrientes e materia orgánica, así como na estrutura trófica das comunidades de mesozooplancton. Con este propósito, analizáronse mostras de biomasa de mesozooplancton e empregáronse distintos biomarcadores: isótopos estables, en tecido completo (bulk) e compostos específicos, e ácidos graxos, co fin de avaliar as fontes de nutrientes e materia orgánica, a estrutura trófica e a dieta das comunidades de mesozooplancton en ambas as rexións. En conxunto, os resultados indican que as comunidades de mesozooplancton de Galicia e o mar Cantábrico presentaron fontes comparables de carbono e nitróxeno; con todo, en Galicia a influencia do afloramento asociouse con valores máis elevados da liña base isotópica (Baseline) e unha maior homoxeneidade das fontes basales. A pesar de que as posicións tróficas medias non diferiron significativamente entre rexións, as análises isotópicas multivariantes e de nicho trófico suxiren un uso diferencial dos recursos e unha tendencia a posicións tróficas lixeiramente máis altas no Cantábrico. A análise de ácidos graxos confirmou esta diferenciación dietaria, con valores máis altos de biomarcadores derivados de ácidos graxos de diatomeas en Galicia, probablemente asociados ao afloramento, e valores máis altos de biomarcadores derivados de ácidos graxos de flaxelados no Cantábrico. Estes resultados destacan a importancia de combinar análise isotópicas e biomarcadores de ácidos graxos para comprender mellor a complexidade funcional dos ecosistemas mariños e a influencia das condicións oceanográficas na dinámica trófica do plancto.

GONZALEZ VIANA, INES Cotitoría
Rodríguez Ramos, Tamara Cotitoría