INFRAMUNDO.Unha historia de fantasía a través dun álbum de música.
Autoría
C.V.C.G.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
C.V.C.G.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
06.02.2026 11:00
06.02.2026 11:00
Resumo
Inframundo e un proxecto que nace no marco do meu Traballo de Fin de Grao do Grao en Comunicacion Audiovisual. Consistiu na composicion e producion de cinco cancion que constitúen un album conceptual, asi como na elaboracion dunha trama que os une e un concepto narrativo e visual. Para contextualizar o traballo, realicei unha investigacion teorica na que entro en tematicas como a evolucion dos habitos de escoita na poboacion, a situacion do mercado de musica gravada a nivel mundial, nacional e rexional, a variedade de formatos de album musical en converxencia con outras artes, como o album conceptual, opera rock e album visual, explicando algúns termos e conceptos que apoian esta converxencia artistica e as influencias visuais e narrativas, incidindo especialmente no cinema de Tim Burton. As letras das cancion deste album contan a historia de Emma, unha rapaza que, tras un traumatico e inxusto asasinato, baixa ao averno. Ali coñecera a diversos seres fantasticos que a acompañaran na sua nova non vida.

Dirección
FERNANDEZ LOMBAO, TANIA (Titoría)
FERNANDEZ LOMBAO, TANIA (Titoría)
Tribunal
Lopez Gomez, Antia Maria (Presidente/a)
DOMINGUEZ SEREN, ELOY (Secretario/a)
Rodríguez Castro, Marta (Vogal)
Lopez Gomez, Antia Maria (Presidente/a)
DOMINGUEZ SEREN, ELOY (Secretario/a)
Rodríguez Castro, Marta (Vogal)
Pícaras: proxecto de libro-arte en formato físico
Autoría
C.F.L.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
C.F.L.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
09.02.2026 10:30
09.02.2026 10:30
Resumo
Pícaras é un proxecto de libro-arte en formato físico, artellado ao redor dos métodos de investigación propios das ciencias sociais e da recopilación do testemuño oral de dúas mulleres naciadas na década de 1940 na localidade mariñá de Foz (Lugo). A través da narración biográfica, a fotografía analóxica e o deseño editorial, o proxecto reconstrúe a memoria colectiva dunha xeración de mulleres que medraron marcadas por un contexto rural e marítimo que interveu a diferentes escalas nos seus itinerarios vitais. O traballo parte do entendemento da memoria como un proceso compartido, no que os corpos funcionan como arquivos do tempo. Deste xeito, o libro-arte non funciona só como soporte, tamén como ferramenta metodolóxica e expresiva, que permite experimentar con materiais, estruturas narrativas e ritmos de lectura, favorecendo unha aproximación contemplativa fronte a inmediatez dos formatos dixitais. Dende unha perspectiva poética e política, o proxecto pon en valor a tradición oral, a compañía feminina e os procesos de envellecemento como territorios da memoria, ao tempo que reivindica a produción artesanal e a autoedición como formas de resistencia cultural e de transmisión do coñecemento.

Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Tribunal
Neira Cruz, Xose Antonio (Titor do alumno)

rueiros: un ensaio documental sobre habitar os espazos
Autoría
C.G.M.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
C.G.M.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
06.02.2026 11:00
06.02.2026 11:00
Resumo
rueiros é unha mediametraxe documental de carácter autobiográfico que reflexiona sobre a relación entre o individuo e os espazos que habita. O proxecto sitúase no rural galego e toma como escenarios principais as vilas de Corme e Camariñas, lugares vencellados á historia familiar da autora. A necesidade de revisitar as casas matrices das dúas ramas familiares serve para abordar cuestións como o abandono do rural, a perda da memoria colectiva ou o (des)arraigo ás orixes a través de entrevistas e de fragmentos tirados do arquivo de vídeo familiar. Esta memoria contextualiza o proceso de creación do documental, desde a súa concepción inicial ata a montaxe final, analizando as distintas fases de traballo (preprodución, produción e posprodución), a metodoloxía empregada e as decisións creativas adoptadas ao longo do proceso.

CASTELLO MAYO, ENRIQUE (Titoría)
CASTELLO MAYO, ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
Lopez Gomez, Antia Maria (Presidente/a)
DOMINGUEZ SEREN, ELOY (Secretario/a)
Rodríguez Castro, Marta (Vogal)
Lopez Gomez, Antia Maria (Presidente/a)
DOMINGUEZ SEREN, ELOY (Secretario/a)
Rodríguez Castro, Marta (Vogal)
Golpe do 36 e caída da cidade de Ferrol
Autoría
L.D.L.I.V.
Grao en Xornalismo (3ªed)
L.D.L.I.V.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
02.02.2026 11:00
02.02.2026 11:00
Resumo
Este traballo analiza o golpe de Estado de xullo de 1936 en Ferrol dende unha perspectiva de divulgación histórica, dirixida a un público xeral cun ton xornalístico que combina rigor académico e accesibilidade. O obxectivo principal é reconstruír cronoloxicamente os eventos dos días 20, 21 e 22 de xullo, desmontando o mito local de que 'en Ferrol non houbo guerra', e evidenciar a resistencia republicana fronte á sublevación milital. Utilízanse fontes primarias (arquivos municipais e navais de Ferrol, hemerotecas dixitais como Galiciana) e secundarias (historiografía de autores como Viñas, Preston, Villares ou Suárez), con biografías de figuras clave como Quintanilla, Santamaría e Azarola como fíos. Os resultados destacan a rapidez da vitoria golpista pola coordinación militar, a represión inmediata e a reorganización do poder civil e militar, que consolidou o réxime franquista na cidade.

RICO BOQUETE, EDUARDO (Titoría)
RICO BOQUETE, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
RICO BOQUETE, EDUARDO (Titor do alumno)
RICO BOQUETE, EDUARDO (Titor do alumno)
Influnais
Autoría
F.M.G.
Grao en Xornalismo
F.M.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
16.02.2026 10:00
16.02.2026 10:00
Resumo
Este traballo analiza o fenómeno do sharenting, é dicir, a práctica de compartir imaxes e información sobre menores nas redes sociais, especialmente por parte de persoas influentes. A través dunha metodoloxía cuantitativa e cualitativa, estudouse como esta exposición afecta a interacción dos seguidores en Instagram. Para iso, recompilouse información sobre 136 publicacións de ocho influencers españolas durante catro semanas de 2024, comparando o engagement en publicacións con menores e sen eles. Ademais, incluíuse unha entrevista cunha psicóloga especializada para abordar os posibles efectos psicolóxicos e sociais desta práctica. Os resultados mostran que as publicacións que inclúen menores xeran, de media, un 23 % máis de interaccións. Porén, tamén se identifican riscos relacionados coa privacidade, o consentimento e o benestar emocional dos nenos e nenas. O estudo conclúe que, malia o beneficio en termos de visibilidade, é necesario reflexionar sobre os límites éticos desta exposición infantil en liña.

SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
Tribunal
SIXTO GARCIA, JOSE (Titor do alumno)
SIXTO GARCIA, JOSE (Titor do alumno)
Estudo e/ou creación dun filme documental ou de un traballo de fotografía documental
Autoría
M.R.V.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
M.R.V.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
06.02.2026 11:00
06.02.2026 11:00
Resumo
Esta memoria presenta o estudo do cinema documental ecolóxico-social contemporáneo con vistas a creación dun flme documental de forma autónoma e semiprofesional sobre o rexeitamento ao Proxecto Gama de Altri. A proposta do documental consiste no seguimento do percorrido do río Ulla a través das testemuñas de oito persoas que habitan algún dos pobos e aldeas lindeiras ao río, coa intención de mostrar as diversas perspectivas da vida social en Galicia en relación ao río e o futuro desfavorable dalgúns dos traballos que se verían afectados ante a posible implantación. No presente traballo abórdase o proceso de produción que se levou a cabo para a realización da peza, coa posterior análise dos resultados e unha reflexión crítica acerca do desenvolvemento do proceso tendo en conta as decisión tomadas e as carencias técnicas que se tiveron que afrontar, así como o seu resultado final.

BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
Tribunal
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titor do alumno)

Estudo e/ou creación dun filme documental ou dun traballo de fotografía documental
Autoría
N.R.R.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
N.R.R.
Grao en Comunicación Audiovisual (3ªed)
Data da defensa
06.02.2026 11:00
06.02.2026 11:00
Resumo
Esta memoria presenta o estudo do cinema documental ecolóxico- social contemporáneo con vistas a creación dun flme documental de forma autónoma e semiprofesional sobre o rexeitamento ao Proxecto Gama de Altri. A proposta do documental consiste no seguimento do percorrido do río Ulla a través das testemuñas de oito persoas que habitan algún dos pobos e aldeas lindeiras ao río, coa intención de mostrar as diversas perspectivas da vida social en Galicia en relación ao río e o futuro desfavorable dalgúns dos traballos que se verían afectados ante a posible implantación. No presente traballo abórdase o proceso de produción que se levou a cabo para a realización da peza, coa posterior análise dos resultados e unha reflexión crítica acerca do desenvolvemento do proceso tendo en conta as decisión tomadas e as carencias técnicas que se tiveron que afrontar, así como o seu resultado final.

Creación dun medio de comunicación sobre moda en Galiza, concretamente na área de Pontevedra: PonteConEstilo
Autoría
M.D.M.R.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
M.D.M.R.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
11.02.2026 12:00
11.02.2026 12:00
Resumo
Este medio dixital ten como propósito principal visibilizar a moda en Pontevedra, unha cidade que, a pesar da súa rica oferta cultural, carece dun espazo propio onde se fale de moda de maneira constante. A través da creación de contido visual e textual en Instagram, PonteConEstilo ten a intención de conectar cun público novo e dinámico, que busca información sobre moda de xeito accesible, actualizada e adaptada a súa realidade local. Búscase ademais contactar con deseñadores e deseñadoras locais, influencers, comercios e profesionais do sector que poidan achegar unha visión auténtica e diversa das tendencias que están a marcar a cidade, e ofrecer unha plataforma para que estes actores poidan compartir o seu traballo e promover a moda en Pontevedra. O proxecto tamén se enmarca dentro dunha reflexión máis ampla sobre os cibermedios e o xornalismo especializado en moda. Ao longo deste traballo, lévase a cabo unha revisión bibliográfica que aborda a evolución do xornalismo de moda, os seus retos e oportunidades no contexto dixital, e como os novos medios, como as redes sociais, están a cambiar a forma en que se consome a moda.

Silva Rodríguez, Alba (Titoría)
Silva Rodríguez, Alba (Titoría)
Tribunal
Silva Rodríguez, Alba (Titor do alumno)
Silva Rodríguez, Alba (Titor do alumno)
(Hu)mortis causa: análisis jurídico-mediático do humor respecto da libertade de expresión dende una perspectiva filosófica.
Autoría
J.S.G.
Grao en Xornalismo
J.S.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
04.02.2026 13:00
04.02.2026 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza o caso do “Tour de la Manada” de Homo Velamine en tanto que caso paradigmático dentro do debate contemporáneo sobre os límites da liberdade de expresión en España, especialmente en relación co humor, a sátira e a ironía. O obxectivo principal é examinar o tratamento mediático e xurídico do caso, atendendo aos fundamentos filosóficos e conceptuais que subxacen á dificultade de recoñecer a ironía como forma lexítima de discurso público. A investigación adopta unha metodoloxía cualitativa baseada na análise de textos normativos, resolucións xudiciais e unha mostra de pezas xornalísticas publicadas durante o desenvolvemento do caso (2018 - 2025). Os resultados permiten identificar unha cobertura mediática marcada por unha mala praxe deontolóxica especialmente en aspectos vinculados á veracidade, a presunción de inocencia, a relevancia informativa e a relación coas fontes. Así mesmo, obsérvase a consolidación dun precedente xurídico relevante na aplicación do artigo 173.1 do Código penal á liberdade de expresión. En conclusión, o traballo pon de relevo as dificultades existentes para o recoñecemento xurídico e mediático da ironía e o humor como formas de discurso amparadas no marco dun Estado de dereito.

AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titoría)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titoría)
Tribunal
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titor do alumno)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titor do alumno)
A influencia dos medios de comunicación no xurado popular: O caso Asunta (Operación Nenúfar)
Autoría
M.V.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
M.V.R.
Grao en Xornalismo (3ªed)
Data da defensa
02.02.2026 12:00
02.02.2026 12:00
Resumo
Esta investigación analiza a influencia que exercen os medios de comunicación nos procesos xudiciais con xurado popular en España, tomando como eixo o caso Asunta (Operación Nenúfar). A partir da exposición documental de teorías comunicativas, estúdase como os medios constrúen narrativas que poden condicionar a opinión pública e xerar xuízos paralelos antes do xuízo oficial. Así mesmo, examínase a cobertura mediática do caso para avaliar se esta exposición puido afectar á percepción de imparcialidade do xurado. Revísase tamén a normativa legal e deontolóxica que regula o labor xornalístico, xunto cos dereitos fundamentais implicados, como a presunción de inocencia, a honra e a propia imaxe. Os resultados evidencian que a espectacularización informativa e a interpretación emocional do caso contribuíron á construción dun relato mediático que puido influír na opinión social e tensionar as garantías procesuais do sistema xudicial.